Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 15 de outubro de 2002 Páx. 14.741

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 9 de setembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 36/23/02 VI, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a proposta de resolución do expediente sancionador nº 36/23/02 VI por infracción en materia de defensa do consumidor, xa que, intentada a notificación polos medios habituais, non puido practicarse.

O que se lle notifica de conformidade co disposto no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, facéndolle saber que dispón dun prazo de quince días para examina-lo expediente na Oficina de Consumo de Vigo, sito na Praza da Estrela nº 9-7º andar, e formula-las alegacións e presenta-los documentos e informacións que considere convenientes.

Expediente: 36/23/02 VI.

Inculpado: Ángel Comesaña Nande.

Enderezo: Praza de Abastos de Baiona.

Motivo: incumprimento da normativa de etiquetaxe de carne de vacún e a normativa que regula as follas de reclamacións.

Data do acordo de incoación: 18 de abril de 2002.

Alegacións o acordo de incoación: non presenta escrito no seu descargo.

Data da proposta de resolución: 14 de agosto de 2002.

Preceptos infrinxidos: artigo 13 do Regulamento nº 1760/2000, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de xullo de 2000, que establece un sistema de identificación e rexistro dos animais da especie bovina e relativo a etiquetaxe da carne de vacún e dos productos a base de carne de vacún; e artigo 3 do Decreto 375/1998, do 23 de decembro, polo que se regulan as follas de reclamacións dos consumidores e usuarios.

Precepto sancionador: artigos 34.6º da Lei 26/1984, do 19 de xullo, xeral para a defensa dos consumidores e usuarios e artigo 3.3º.6 do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria.

Sanción: 675 euros.

Pontevedra, 9 de setembro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra