Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 15 de outubro de 2002 Páx. 14.742

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2002 pola que se corrixe erro material nos pregos de prescricións técnicas que rexen a contratación da subministración e instalación de equipamento informatico para o Instituto Galego de Promoción Económica, anunciada mediante Resolución do 19 de setembro de 2002.

I. No DOG nº 189, do 1 de outubro de 2002 anunciouse concurso público para a contratación da subministración e instalación de equipamento informático para o Igape, aprobado por Resolución do 19 de setembro de 2002 da Dirección Xeral do Igape (C.P. 13/2002).

II. Detectado erro material no epígrafe 5.4 dos pregos de prescricións técnicas aprobados, no relativo ó obxecto da contratación, debe corrixirse e onde di: «4 procesadores Intel MP Xeon 1,6 Ghz ou equivalente, con 2 Mb de cache por procesador», debe dicir: «4 procesadores Intel MP Xeon 1,6 Ghz ou equivalente, con 1 Mb de cache por procesador».

Polo exposto, en aplicación do artigo 105.2º da Lei 30/1992, de procedemento administrativo e en virtude das facultades ó meu favor conferidas por acordo de delegación de facultades do Consello de Dirección do Igape do 30 de marzo de 2000 (DOG nº 81, do 27 de abril),

RESOLVO:

Primeiro.-A corrección do erro material contida no epígrafe 5.4 dos pregos de prescricións técnicas que rexen a contratación de referencia no sentido de que onde di: «4 procesadores Intel MP Xeon 1,6 Ghz ou equivalente, con 2 Mb de cache por procesador», debe dicir: «4 procesadores Intel MP Xeon 1,6 Ghz ou equivalente, con 1 Mb de cache por procesador».

Segundo.-Facer pública esta corrección, e reabri-lo prazo para presentación de ofertas, que será de 8 días naturais a partir da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de outubre de 2002.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica