Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 15 de outubro de 2002 Páx. 14.742

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2002, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para a contratación, polo Servicio Galego de Saúde, de subministración de enerxía eléctrica para os centros sanitarios dependentes do Servicio Galego de Saúde que teñen a condición de consumidores cualificados.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número dos expedientes: S/278-2002.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: subministración de enerxía eléctrica para os centros sanitarios dependentes do Servicio Galego de Saúde que teñen a condición de consumidores cualificados.

b) Número de unidades que hai que entregar: ver anexo centros de transformación e características da subministración eléctrica do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) División por lotes e número: non.

d) Lugar de entrega: ver anexo centros de transformación e características da subministración electrica do prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de entrega: ver anexo centros de transformación e características da subministración eléctrica do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: oito millóns seiscentos dezaseis mil oitocentas nove con vintesete euros (8.616.809,27 euros)

5. Garantía provisional: equivalente ó 2% do importe de licitación.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Servicio Galego de Saúde.

b) Domicilio: edf. adtvo. San Lázaro, s/n, 2ª plta.

c) Localidade e código postal: 15871 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 36 18.

e) Telefax: 981 54 27 62.

f) Data límite de obtención de documentos e información:

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 24 de outubro de 2002.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicio Galego de Saúde (ver punto 6).

d) Prazo no que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses contados desde a data da presentación de ofertas.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas: ás 9 horas a.m. na sala 2.1 do edificio administrativo de San Lázaro (ver punto 6), 29 de outubro de 2002.

10. Outras informacións:

11. Gastos de anuncios: por conta dos adxudicatarios. O importe estimado máximo destes gastos ascende a seis mil cen euros (6.100 euros).

12. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 25 de setembro de 2002.

13. Páxina web onde obter información relativa á convocatoria ou onde poden obterse os pregos: www.sergas.es.

Santiago de Compostela, 23 setembro de 2002.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos