Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 15 de outubro de 2002 Páx. 14.740

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 3 de setembro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de proposta de resolución do expediente sancionador 18/2002 a Herminia Losada Fernández.

A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo tramitou expediente sancionador 18/2002, seguido de oficio, contra Herminia Losada Fernández, finalizando este trámite con proposta de resolución do expediente sancionador por incumpri-la obriga de destina-la vivenda de promoción pública a domicilio habitual e permanente.

O citado acordo é do seguinte teor:

Proposta de resolución do expediente sancionador 18/2002.

Vistas as dilixencias seguidas de oficio pola Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo en relación coa vivenda de promoción pública construída baixo o expediente LU-85/110, conta 34, adxudicada a Herminia Losada Fernández, rúa San Eufrasio, 18-20 - 2º C de Sarria (Lugo) e unha vez terminadas estas

e logo das actuacións previas practicadas, de acordo cos seguintes feitos:

1. Con data do 15 de abril de 2002 realízase de oficio visita de inspección á vivenda de referencia, resultando imposible localizar a ninguén nela e constatando indicios de que a adxudicataria non reside de maneira habitual e permanente neste domicilio, segundo se reflicte na correspondente acta de inspección nº 460/02.

2. Con data do 25 de abril de 2002 solicitáronse os seguintes certificados:

-Certificado de empadroamento da adxudicataria solicitado ó Concello de Sarria.

-Certificado do consumo de enerxía eléctrica da vivenda solicitado á empresa Unión Eléctrica Fenosa.

-Certificado sobre o consumo real de auga da vivenda solicitado á empresa TEDESA.

3. En contestación ás anteriores peticións recíbese a seguinte documentación:

-Con data do 2 de maio de 2002 certificado do Concello de Sarria, segundo o cal resulta que no padrón de habitantes dese concello non figura inscrita a titular e na vivenda non figura inscrita ningunha unidade familiar.

-Con data 20 de maio de 2002 certificación de consumo de auga remitido pola empresa TEDESA, indicando as lecturas bimestrais do contador que o consumo durante os últimos meses é practicamente inexistente.

4. O artigo 5º, letra C, da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, dispón que «o non destino das vivendas de protección oficial ou daquelas para as que se recibiu unha axuda da Comunidade Autónoma a domicilio habitual e permanente ou mantelas deshabitadas sen causa xustificada durante un prazo superior a tres meses», constitúe unha infracción grave.

5. Con data do 13 de xuño de 2002, dictouse acordo de iniciación de procedemento sancionador baixo o número 18/2002, notificado á denunciada mediante publicación no Diario Oficial de Galicia nº 147 do 1 de agosto de 2002, polo que se lle imputaban a Herminia Losada Fernández a comisión dunha infracción administrativa do artigo 5 - letra C, da Lei 13/1996, do 30 de decembro. Concedido prazo de 15 días para presentar alegacións, a denunciada non fixo uso deste dereito.

Feito probado.

Determínase, así, como feito probado que Herminia Losada Fernández incumpriu a obriga de destina-la vivenda adxudicada a domicilio habitual e permanente.

Fundamentos de dereito.

1. É competente para dicta-la resolución do presente expediente o delegado provincial do IGVS de Lugo, en virtude do disposto no artigo 1 do Decreto 134/1997, do 22 de maio, sobre desconcentración de competencias sancionadoras en materia de vivenda establecidas no artigo 10 da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

2. Que a infracción imputada encóntrase tipificada no artigo 5 c) da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda que sinala que

«terán a cualificación de infraccións graves... c) o non destino das vivendas de protección ou daquelas para as que se recibiu unha axuda da Comunidade Autónoma a domicilio habitual e permanente ou mantelas deshabitadas sen causa xustificada durante o prazo superior a tres meses» e, en tal sentido o Real decreto 3148/1978, do 10 de novembro, polo que se desenvolve o Real decreto lei 31/1978, do 31 de outubro, sobre política de vivenda define no seu artigo 3 que se entende por domicilio habitual e permanente, e do mesmo despréndese que se entende por domicilio permanente o que constitúa a residencia do titular, ben sexa propietario ou arrendatario, e sen que perda tal carácter polo feito de que este, o seu cónxuxe ou parentes, dun e doutro, ata o terceiro grado que convivan co titular, exerzan na vivenda unha profesión ou pequena industria doméstica, anque sexa obxecto de tributación, e por domicilio habitual enténdese cando a vivenda non permaneza desocupada máis de tres meses, salvo

que medie xusta causa.

3. Considérase responsable de dita infracción a Herminia Losada Fernández, correspondéndolle unha sanción de 601,02 a 3.005,06 euros de multa conforme ó establecido no artigo 7 da Lei 13/1996, do 30 de decembro, sobre infraccións en materia de vivenda.

4. O amparo do disposto no artigo 3.2º do regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, os interesados teñen dereito a formular alegacións e achegar tódolos documentos que consideren convenientes en calquera momento do procedemento con anterioridade ó trámite de audiencia.

Poderán así mesmo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade conforme o establecido no artigo 8 do citado regulamento.

5. Segundo o artigo 16.1º do Regulamento do procedemento, os interesados dispoñen dun prazo de 15 días contados desde a notificación da presente proposta para achega-los documentos ou informacións que estimen convenientes e propoñer probas, concretando os medios dos que pretendan valerse.

Vistos os artigos citados, a Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, a Lei de réxime xurídico das administracións publicas e do procedemento administrativo común e o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora,

PROPÓN:

Impoñer a Herminia Losada Fernández unha sanción de 601,02 euros de multa.

Notifíquese a presente proposta de resolución á interesada coa indicación de que, de conformidade co establecido no artigo 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, poderá presentar alegacións, no prazo de quince días, ó termo dos cales a delegación do IGVS dictará a resolución que corresponda.

Lugo, 3 de setembro de 2002.

Francisco Centeno Márquez

Instructor