Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 15 de outubro de 2002 Páx. 14.739

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2002 pola que se fai público o outorgamento de varias concesións administrativas en terreos de dominio público portuario dos portos que se citan.

Cumpridos os trámites previstos na Lei 62/1997, do 26 de decembro, de modificación da Lei 27/1992,

do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, na Lei 22/1998, de costas, no seu regulamento, aprobado polo Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, e nas demais normas de procedente aplicación; acordouse en virtude das atribucións delegadas por orde do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 29 de xaneiro de 1996, outorgar por resolucións que poñen fin á vía administrativa as seguintes concesións en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condicións correspondentes.

Resolución: 19-6-2002.

Obxecto: construcción de nave para taller electromecánico de mantemento naval.

Porto: Ribeira.

Adxudicatario: Talleres Baña, S.L. e Electro Naval Perfecto, S.L. (UTE).

Prazo: 15 anos.

Resolución: 20-6-2002.

Obxecto: instalación dunha rede subterránea de media tensión e un centro de transformación para subministración da lonxa.

Porto: Rianxo.

Adxudicatario: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Prazo: 5 anos.

Resolución: 20-6-2002.

Obxecto: instalación dunha liña eléctrica de baixa tensión para subministración á lonxa.

Porto: Porto do Son.

Adxudicatario: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Prazo: 5 anos.

Resolución: 27-6-2002.

Obxecto: cambio de titularidade da concesión administrativa outorgada por Resolución do 24-6-1987 con destino á construcción dunha nave para manipulación da pesca no porto de Ribeira.

Porto: Ribeira.

Adxudicatario: Pescados Hermanos Ramos, S.L.

Prazo: ata o 10 de xullo de 2017.

Resolución: 24-7-2002.

Obxecto: instalacións da nova lonxa para a prestación do servicio de lonxa.

Porto: Espasante.

Adxudicatario: Concello de Ortigueira.

Prazo: 5 anos.

Resolución: 24-7-2002.

Obxecto: cambio de titularidade da concesión administrativa outorgada pola Orde ministerial do 11-6-1968 con destino á construcción de edificio para taller mecánico no porto de Viveiro.

Porto: Viveiro.

Adxudicatario: Náutica Motomar, S.L.

Prazo: ata o 15 de decembro de 2022.

Resolución: 10-9-2002.

Obxecto: agrupación, modificación e cambio de titularidade das concesións administrativas outorgadas a Evaristo Daporta Leiro para pendello destinado a almacén de moluscos (Orde ministerial do 8-10-1958) e construcción de muro de delimitación

de zona de salvamento (Orde ministerial do 18-11-1969) con destino a estación depuradora de moluscos no porto de Tragove (Cambados).

Porto: Tragove.

Adxudicatario: Mariscos Daporta, S.L.

Prazo: ata o 15 de decembro de 2022.

Resolución: 24-9-2002.

Obxecto: instalacións da nova lonxa de Muxía para a prestación por xestión indirecta do servicio de lonxa.

Porto: Muxía.

Adxudicatario: Confraría de Pescadores de Muxía.

Prazo: 5 anos.

Contra os citados actos administrativos, que esgotan a vía administrativa, cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ó da publicación da resolución facendo público o outorgamento.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, perante o mesmo órgano que a dictou, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2002.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia