Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 15 de outubro de 2002 Páx. 14.739

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de modificación e dos estatutos da Asociación Provincial de Mujeres Empresarias de Pontevedra.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta pola que se modifican os estatutos da Asociación Provincial de Mujeres Empresarias de Pontevedra, e mailos novos estatutos, consistindo esta modificación no cambio dos artigos 2, parágrafo primeiro e 5.1, destes.

Asinan a acta de modificación dos estatutos: María Teresa Vidal Gallego e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 12 de setembro de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra