Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 14 de outubro de 2002 Páx. 14.650

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Gráficas del Noroeste, S.A. (Grafinsa).

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Gráficas del Noroeste, S.A. (Grafinsa), con nº de códi

go 3600692, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 13 de agosto de 2002, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polos membros do comité de empresa, en data 5 de agosto de 2002. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 2 de setembro de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de traballo da empresa

Gráficas del Noroeste, S.A. (Grafinsa), Vigo

Vixencia: 1-4-2002 ó 31-3-2005

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O presente convenio regulará as relacións laborais e económicas na empresa Gráficas del Noroeste, S.A. (Grafinsa), no seu centro de traballo en Vigo, estrada de Madrid, s/n.

Artigo 2º.-Vixencia e duración.

A duración do presente convenio será de tres anos, desde o 1 de abril de 2002 ata o 31 de marzo de 2005.

O presente convenio entrará en vigor o día seguinte ó da súa sinatura polas partes negociadoras, e os seus efectos económicos serán retroactivos ó 1 de abril de 2002.

Artigo 3º.-Denuncia.

A denuncia do presente convenio será automática ó seu termo. Non obstante, permanecerán os seus preceptos ata a entrada en vigor do que o supla.

Artigo 4º.-Comisión mixta de interpretación e vixilancia.

No prazo dun mes, contado desde a sinatura do presente convenio, crearase unha comisión mixta paritaria, constituída polo comité de empresa e os

representantes da súa dirección, coa presidencia da persoa que teña na comisión deliberadora do convenio.

A comisión mixta reunirase cando así o decidan ámbalas partes ou por solicitude dunha delas, no termo de quince días, para resolver calquera problema de interpretación do convenio.

Artigo 5º.-Garantías persoais.

Respectaranse as situacións persoais que con carácter global excedan do presente convenio.

Artigo 6º.-Absorción e compensación.

As condicións que se establecen no presente convenio colectivo absorberán e compensarán en cómputo anual, calquera outras existentes no momento da súa entrada en vigor e as que no futuro puidesen establecerse ata onde alcancen.

Artigo 7º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo será de corenta horas semanais en xornada continuada, tendo quince (15) minutos de descanso diarios (dentro das mencionadas (40) semanais), que se considerarán como tempo efectivamente traballado, establecendo un máximo anual de 1.800 horas para o primeiro ano e de 1.792 para o segundo e terceiro ano.

Os traballadores fixos de empresa á vixencia deste convenio, en réxime de quendas, que realicen a súa xornada entre as 22 horas e as 6 da mañá, terán unha retribución incrementada nun 25% sobre o salario base máis antigüidade.

Aqueles traballadores que sexan contratados a partir da data de sinatura do convenio para realizar un traballo en horario nocturno, percibirán o salario que pola súa categoría lles corresponda na táboa salarial do convenio, sen teren dereito a complemento de nocturnidade por ser esta a súa xornada habitual.

Artigo 8º.-Vacacións.

As vacacións anuais retribuídas serán de trinta días naturais para tódalas categorías.

As vacacións concederanse preferentemente nos meses de xullo e agosto, ambos inclusive, unha quenda cada mes, alternativos anuais. O cadro de distribución de vacacións exporase cunha antelación dun mes nos taboleiros de anuncios para coñecemento do persoal.

Artigo 9º.-Excedencias.

A empresa concederalle ó persoal que alomenos conte cunha antigüidade de tres anos nela, o pase á situación de excedencia voluntaria, por un período de tempo non inferior a seis meses nin superior a dous anos, sempre que os excedentes non superen o 10 por cento do cadro de persoal. Transcorrido o prazo sen solicita-lo reingreso, perderá o excedente tódolos seus dereitos.

O paso á expresada situación poderá pedirse sen especificación de motivos polo solicitante, e será obrigatoria a súa concesión por parte da empresa, salvo que vaia utilizarse para traballar noutra actividade idéntica ou similar á da empresa de orixe. Será potestativa a súa concesión se non transcorresen tres anos alomenos desde o desfrute polo traballador de excedencia anterior.

Os traballadores terán dereito a un período de excedencia non superior a 3 anos, para atende-lo coidado do seu fillo/a, por natureza ou adopción, contados desde a data do seu nacemento ou adopción, segundo o caso. Os fillos sucesivos darán dereito a un novo período de excedencia, que, se é o caso, porá fin ó que se viñese desfrutando.

Durante o desfrute da excedencia, a pesar de que se solicitase e concedese por un prazo superior a tres meses, transcorridos estes, poderá o traballador renunciar ó resto da excedencia, coa obriga de avisar, cun mes de antelación, o seu desexo de reincorporarse ó traballo activo; cumpridos estes requisitos, a empresa reincorporarao ó posto de traballo que desempeñaba ó solicita-la excedencia.

O tempo de excedencia voluntaria non será computado para ningún efecto.

A petición de excedencia voluntaria terá que formularse cun mes de antelación, e a de reingreso deberá facerse dentro do período de excedencia, e cunha antelación mínima dun mes á súa terminación.

Terminado o período de excedencia, o traballador reincorporarase ó seu posto de traballo, tendo a mesma categoría e nas mesmas condicións que desfrutaba antes da excedencia.

Igualmente, transcorrido o tempo de excedencia, será potestativo da empresa ampliala por igual período se mediara petición do traballador.

Artigo 10º.-Salario.

O salario será especificado para cada categoría na táboa de salarios anexa, que se incorpora a este convenio, formando parte del, sendo o aumento obtido ó convenio do pasado ano, de:

-35 A (trinta e cinco euros) lineais para o período do 1 de abril de 2002 ó 31 de marzo de 2003.

-IPC anual previsto polo Goberno+1 punto para o período do 1 de abril de 2003 ó 31 de marzo de 2004. A marzo de 2004, se o IPC real anual, de xaneiro de 2003 a decembro de 2003, é superior ó da previsión do Goberno+1 punto para o mesmo período, incrementarase a diferencia nas táboas de salarios (anexo I) con aplicación salarial en abril de 2004.

-IPC anual previsto polo Goberno+1 punto para o período do 1 de abril de 2004 ó 31 de marzo de 2005. A marzo de 2005, se o IPC real anual, de xaneiro de 2004 a decembro de 2004, é superior ó da previsión do Goberno+1 punto para o mesmo período, incrementarase a diferencia nas táboas de

salarios (anexo I) con aplicación salarial en abril de 2005.

A táboa de salarios (anexo I) e a táboa valor de horas extraordinarias (anexo II) para o período de 1 de abril de 2003 ó 31 de marzo de 2004 e para o período do 1 de abril de 2004 ó 31 de marzo de 2005 estableceranse no mes de abril de cada ano.

Artigo 11º.-Antigüidade.

Todo o persoal afectado por este convenio terá dereito, ademais de ó salario establecido, ós aumentos periódicos por anos de servicio, consistentes en dous trienios do 4% e quinquenios do 4%, calculados sobre os soldos que figuran no anexo I do presente convenio.

Os aumentos periódicos por antigüidade, comezarán a devengarse a partir do día 1º do mes en que se cumpran.

Artigo 12º.-Pagas extraordinarias.

Todo o persoal afectado polo presente convenio percibirá dúas gratificacións de trinta días naturais, os importes das cales se calcularán de acordo cos salarios establecidos nas táboas do anexo I máis antigüidade.

Faranse efectivas na primera quincena de xullo e antes do 21 de decembro.

Artigo 13º.-Beneficios.

En concepto de participación de beneficios, a cada traballador de cadro de persoal aboaráselle o 8% do salario devengado e correspondente ás doce mensualidades do ano anterior, máis as dúas gratificacións extraordinarias, máis a antigüidade.

Farase efectiva na segunda quincena do mes de marzo.

Artigo 14º.-Horas extraordinarias.

A partir da data de vixencia do presente convenio, o traballo en horas extraordinarias será retribuído coas cantidades que se sinalan no cadro anexo II, elaborado de común acordo por ámbalas partes e no que se consideraron os diferentes conceptos salariais correspondentes ás distintas cualificacións dos postos de traballo e ás recargas legais que corresponden ás horas extraordinarias.

En canto á cantidade de horas extraordinarias que hai que realizar, haberase que ater ó establecido pola normativa laboral vixente sobre o tema.

Artigo 15º.-Seguridade e saúde laboral.

Consideraranse como niveis máximos admisibles de substancias químicas e axentes físicos no ambiente laboral, os valores límites limiares (Threshold limit values) publicados pola ACGIH (American Conference of Governmental Industry).

Elixiranse tres delegados de prevención. Dous serán necesariamente membros do comité de empresa e o terceiro pode ser elixido entre o resto dos traballadores.

Cada delegado de prevención disporá de catro horas por mes para o exercicio das súas funcións.

Constituirase un comité de saúde laboral paritario entre a empresa e os representantes dos traballadores.

O comité de saúde laboral terá dereito a dispor de toda a información que precisa na materia, entregada por escrito, resultante de inspeccións, estudios, etc.

O comité de saúde laboral poderá esixir para aqueles postos de traballo onde houbese riscos para a saúde, que se adopten medidas especiais de vixilancia.

A todo traballador que reciba un dano para a súa saúde a causa do posto de traballo, a empresa está obrigada a trasladalo a outro que non lle sexa nocivo, sen perda económica, categoría profesional, nin ningún tipo de prexuízo por esta circunstancia.

O comité de saúde laboral controlará a actividade dos servicios de medicina, hixiene e seguridade no traballo da empresa, para os fins de total cumprimento dos puntos antes mencionados e todos aqueles aspectos relacionados con protección da saúde do traballador.

O comité de saúde laboral poderá dispor dos seus propios asesores en medicina e hixiene e seguridade no traballo. Estes poderán ter acceso a toda a información precisa ó respecto.

Tamén participará na discusión e control de aplicación dos programas anuais de seguridade e saúde laboral no centro de traballo, así como na elaboración do orzamento de financiamento.

Deberá ser consultado en todas aquelas decisións relativas á tecnoloxía e organización do traballo que teñan repercusións sobre a saúde física ou mental do traballador.

A empresa establecerá revisións médicas periódicas para os traballadores que o desexen. No caso específico das traballadoras, incluirase o recoñecemento xinecológico.

Establécese así, se na empresa existisen síntomas de perigosidade, insalubridade ou toxicidade, reducirase a xornada laboral nunha hora diaria. En ningún caso se concederá complemento económico. Cesará a reducción de xornada no momento en que se acredite ante a delegación de traballo, por parte da empresa e o comité dela, que se adoptaron medidas necesarias para que o traballo se realice en condicións normais de salubridade e hixiene, e así o fai consta-lo comité de saúde laboral logo de informe das seccións sindicais da empresa.

Artigo 16º.-Salario en caso e incapacidad temporal.

Tódolos traballadores da empresa en situación de incapacidade temporal por enfermidade común, accidente non laboral, enfermidade profesional ou accidente de traballo, percibirán o 100% do salario.

Os contratados eventuais percibirán, durante o primeiro ano, o que estableza a lexislación vixente en materia de percepción de incapacidade temporal. Teranse en conta para o cómputo dos 12 meses de contratación, os contratos realizados sucesivamente, cando non medien entre eles máis de 15 días. Pasarán a cobra-lo 100% do seu salario, cumprido o primeiro ano de servicio.

Artigo 17º.-Cualificación de postos de traballo.

Queda establecido que se durante a vixencia do presente convenio se producisen modificacións nas cualificacións dos postos de traballo de artes gráficas a nivel nacional, as ditas modificacións serían aplicadas e recollidas neste convenio.

Ademais, queda establecido que a partir do 1 de abril de 2003, a cualificación mínima será de 1.28.

Artigo 18º.-Ausencias xustificadas.

* Ausencias con dereito a retribución. Prazos e motivos.

1. Todo o persoal suxeito a este convenio, con aviso previo e xustificación, poderá ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) Quince días naturais en caso de matrimonio.

b) Tres días polo nacemento de fillo ou por falecemento, enfermidade grave ou intervención cirúrxica que esixa dous días de hospitalización como mínimo, de pais, fillos, cónxuxes ou parellas de feito. Cando con tal motivo o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto, o prazo será de cinco días.

A enfermidade considerarase como grave só cando así sexa determinada por facultativo médico.

Excepcionalmente, no suposto de intervención cirúrxica de pais, fillos ou cónxuxe, sempre que convivan co traballador, ou de parellas de feito, e que non esixa dous días de hospitalización, concederase permiso por tempo retribuído unicamente polo tempo indispensable, cun máximo dunha xornada habitual de traballo para atende-la dita necesidade, debendo xustifica-lo tempo empregado co correspondente volante visado polo cirurxián.

Concederase ademais o tempo indispensable para os casos de inscrición no Rexistro Civil do nacemento dun fillo, así como para rexistra-lo seu óbito, do pai ou da nai, sempre que convivan co traballador e o devandito rexistro non puidese levarse a cabo porque a ausencia antedita de tres ou cinco días, segundo o caso, coincidise con días non hábiles para estes efectos, e iso unicamente no caso de que o cumprimento da obriga de inscrición no rexistro civil recaese no traballador e acreditase non ter sido legalmente posible facelo no prazo anteriormente previsto.

c) No suposto de nacemento de fillos ou intervención cirúrxica (que esixa hospitalización durante un período mínimo de dous días) de pais, fillos,

cónxuxes ou parellas de feito, o prazo xeral de dous días do punto anterior poderá estenderse ata tres días máis sempre que algún destes parentes, que convivan co traballador, precisase atención especial e non tivese outra persoa para coidalo. En ningún caso, a extensión deste prazo poderá acumularse ó de cinco días previsto para o suposto de desprazamento.

d) Dous días polo falecemento, enfermidade grave ou intervención cirúrxica que esixa dous días de hospitalización como mínimo, de parentes de segundo grao de consanguinidade ou afinidade, é dicir, irmáns, netos, avós, pais políticos ou irmáns políticos. Cando con tal motivo o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto, o prazo será de catro días.

A enfermidade considerarase grave só cando así sexa determinada por facultativo médico.

e) Un día por traslado do domicilio habitual.

f) Polo tempo indispensable, para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal, comprendido no exercicio do sufraxio activo. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, seguirase o que esta dispoña en canto á duración da ausencia e á súa compensación económica.

Cando o cumprimento do deber antes referido supoña a imposibilidade da prestación do traballo debido en máis do 20 por 100 das horas laborables nun período de tres meses, poderá a empresa pasa-lo traballador afectado á situación de excedencia regulada no artigo 46.1º do Estatuto dos traballadores. No suposto de que o traballador, por cumprimento do deber ou desempeño do cargo, perciba unha indemnización, descontarase o importe dela do salario a que tivese dereito na empresa.

g) Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

h) Polo tempo indispensable para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación ó parto que deban realizarse dentro da xornada de traballo.

i) Polo tempo indispensable para se matricular nun centro oficial ou recoñecido de ensino, sempre que a comparecencia do traballador sexa imprescindible para o efecto, así como para concorrer ás convocatorias de exames dos ditos centros.

j) Un día por voda de fillos ou irmáns.

k) As traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A muller, pola súa propia vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción da súa xornada en media hora coa mesma finalidade. Este permiso poderá ser desfrutado indistintamente pola nai ou polo pai en caso de ambos traballaren.

l) Nos casos de nacemento de fillos prematuros ou que, por calquera causa, deban permanecer hospitalizados a continuación do parto, a nai ou o pai terán dereito a ausentarse do traballo durante unha hora. Así mesmo, terán dereito a reduci-la súa xornada de traballo ata un máximo de dúas horas, coa diminución proporcional do salario. Para o desfrute deste permiso seguirase o previsto no punto 2 deste artigo.

m) Quen por razóns de garda legal teña ó seu coidado directo algún menor de seis anos ou un minusválido físico, psíquico ou sensorial, que non desempeñe unha actividade retribuída, terá dereito a unha reducción da xornada de traballo, coa diminución proporcional do salario entre, polo menos, un tercio e un máximo da metade da duración daquela.

Terá o mesmo dereito quen precise encargarse do coidado directo dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente ou enfermidade non poida valerse por si mesmo, e que non desempeñe actividade retribuída.

A reducción de xornada contemplada neste punto constitúe un dereito individual dos traballadores, homes ou mulleres. Non obstante, se dous ou máis traballadores da empresa xerasen este dereito polo mesmo suxeito causante, o empresario poderá limita-lo seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas de funcionamento da empresa.

n) Cando por razón de enfermidade, o traballador precise a asistencia a consultorio médico da Seguridade Social en horas coincidentes coas da súa xornada laboral, a empresa concederá, sen perda de retribución, o permiso necesario polo tempo preciso para o efecto, debendo xustificarse o tempo co correspondente volante visado polo facultativo.

2. A concesión horaria e a determinación do período de desfrute do permiso de lactación e da reducción de xornada, previstos nas letras k), l) e m) do punto 1 deste artigo, corresponderalle ó traballador, dentro da súa xornada ordinaria. O traballador deberá avisa-lo empresario con quince días de antelación da data en que se reincorporará á súa xornada ordinaria.

3. Para os efectos do previsto nas letras b) e c) do punto 1 deste artigo, considérase parella de feito a persoa coa que o traballador conviva en unión afectiva, estable e duradeira, entendéndose por convivencia efectiva no mesmo domicilio durante polo menos un ano. A acreditación deberase realizar con anterioridade ó desfrute mediante a presentación de:

a) Certificado de empadroamento común por un período continuado de, polo menos, un ano con anterioridade á data de solicitude ou calquera outro documento que, con carácter oficial, acredite a súa situación de convivencia de parella por un período de polo menos un ano e,

b) Presentación de certificado de inscrición nun rexistro de unións de feito ou, se este non existise, mediante achega dunha declaración xurada, asinada tamén pola parella, na que se faga consta-los datos persoais do traballador/a e os da súa parella, responsabilizándose ambos, en caso de falsidade, dos datos declarados.

O desfrute deste permisos será incompatible co que, se é o caso, podería derivarse como consecuencia de vínculos matrimoniais.

* Permisos non retribuídos.

En circunstancias extraordinarias debidamente acreditadas, as licencias por nacemento de fillo, enfermidade grave ou intervención cirúrxica previstas nas letras b), c) e d) do punto 1 deste artigo, outorgaranse polo tempo preciso, convíndose as condicións da súa concesión, podendo acordarse a non percepción de haberes e mesmo o desconto de tempo extraordinario de licencia, para efectos de antigüidade, cando aquelas excedan na súa totalidade dun mes dentro do ano natural.

* Data de desfrute.

As licencias reguladas neste artigo desfrutaranse na data en que se produza a situación que as orixine, con independencia da súa coincidencia ou non con día festivo ou período non laboral.

Artigo 19º.-Atrasos.

O aboamento dos atrasos farase efectivo en outubro de 2002.

Artigo 20º.-Acoso sexual.

Considéranse constitutivas de acoso sexual laboral calquera conducta, proposición ou requirimento de natureza sexual que teña lugar na empresa, as cales resulten indesexables, irrazoables e ofensivas para quen as padeza, cando a resposta ante elas poida determinar unha decisión que afecte o seu emprego ou as súas condicións de traballo. En consecuencia, o acoso sexual será considerado sempre como falta moi grave.

Artigo 21º.-Contratación.

Durante a vixencia deste convenio, reemprazaranse as baixas na empresa do persoal que cese no servicio dela, sempre que as circunstancias do mercado o permitan. A situación deberá quedar regularizada o 1 de xaneiro de cada ano.

A incorporación farase seguindo criterios de antigüidade segundo o número de xornadas traballadas. O cadro de persoal mínimo da empresa será de 65 traballadores+3 a partir do 1 de xaneiro de 1999 e procurarase que unha porcentaxe de contratacións sexan mulleres.

Disposición adicional: a comisión negociadora que deliberou, aprobou e subscribiu este convenio, está composta polas seguintes persoas:

En representación da empresa: José Carlos Iglesias García, como director dela.

En representación dos traballadores: Luisa Freire Fernández, Rosa Mª González Rivas, Domingo Muíños Martínez, e José Antonio Rivas González, como membros do comité de empresa.

ANEXO I

Táboa de salarios

Vixencia: 1-4-2002 ó 31-3-2003

CategoríaCoeficienteSalario mensual (A)

* Subalternos
Limpador 1.16638,98
Sereno 2.22733,48
Conserxe 1.28741,25
Conductor mecánico 1.70878,2
Almaceneiro de 1ª 1.70878,42
Axudante de almacén 1.47800,01
Telefonista 1.34761,98

* Persoal de taller
Peón 1.22733,48
Auxiliar de taller 1.28741,25
Oficial 1ª troquelador 1.90955,72
Oficial 2ª troquelador 1.55821,66
Oficial 3ª troquelador 1.34761,98
Oficial 1ª pregador 1.90955,72
Oficial 2ª pregador 1.63862,26
Oficial 3ª pregador 1.40782,74
Oficial 1ª offset 2/c 2.201.059,38
Oficial 2ª offset 2/c 1.90955,72
Oficial 3ª offset 2/c 1.63862,26
Pasador 1ª offset 1.80921,07
Pasador 2ª offset 1.63862,26
Pasador 3ª offset 1.40782,74
Oficial 1ª guillotina 1.80921,07
Oficial 2ª guillotina 1.55821,66
Oficial 3ª guillotina 1.34761,98
Fotógrafo 1ª 2.101.024,84
Fotógrafo 2ª 1.80921,07
Debuxante 1ª 1.80921,07
Debuxante 2ª 1.63862,26
Formación 1.22733,48

* Técnicos e administrativos
Electricista mecánico montador inst. 2.101.024,84
Xefe de sección 2.401.117,21
Xefe de taller 2.601.185,40
Debuxante reproductor 2.401.117,21
Debuxante proxectista 2.801.253,59
Xefe equipo técnico 3.001.321,85
Aspte. técnico non titulado 3ª 1.47800,01
Auxiliar administrativo 1.47800,01
Oficial 2ª administrativo 1.90955,72
Oficial 1ª administrativo 2.401.117,21
Xefe administrativo 2ª 2.601.185,40
Xefe administrativo 1ª 3.101.355,90
Viaxante 2.101.024,84
Técnico organización 2.101.024,84

* Executivos
Director xeral, técnico e comercial 3.901.939,88
Director administrativo 3.101.355,90

ANEXO II

Táboa valor de horas extraordinarias

Vixencia: 1-4-2002 ó 31-3-2003

CoeficienteValor hora (A)

1.165,37

1.226,16

1.286,23

1.346,40

1.406,58

1.476,72

1.556,90

1.637,24

CoeficienteValor hora (A)

1.707,38

1.807,74

1.908,03

2.108,61

2.208,90

2.409,38

2.609,96

2.8010,53

3.0011,10

3.1011,39

3.9016,29

Módulo valor hora extra:

(SBx14M+8%(SBx14M):1.800 horas traballo efectivo=VHE.

SB=salario base.

VHE=valor hora extra.