Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 14 de outubro de 2002 Páx. 14.650

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 17 de setembro de 2002 pola que se lle autoriza a transformación dunha unidade de educación infantil nunha unidade de educación primaria ó centro privado Los Sauces de Mos (Pontevedra).

Examinado o expediente presentado polo centro privado Los Sauces de Mos (Pontevedra) no que solicita a transformación dunha unidade de educación infantil nunha unidade de educación primaria.

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, que o envía cos correspondentes informes.

Vistos a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (BOE do 4 de outubro), o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26 de xuño), o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio) e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro), polo que se desenvolve o antedito decreto.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

RESOLVE:

Primeiro.-Autoriza-la transformación dunha unidade de educación infantil nunha unidade de educación primaria ó centro privado Los Sauces de Mos (Pontevedra), quedando a composición resultante do centro segundo se especifica no anexo desta orde.

Segundo.-Para a posta en funcionamento da nova unidade de educación primaria, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, despois do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación do persoal que imparta docencia na unidade que se amplía.

Terceiro.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potesta

tivo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Mos.

Localidade: Pereiras.

Enderezo: San Pedro de Cela.

Denominación: Centro privado Los Sauces.

Titular: PRADOC, S.A.

Composición resultante:

Centro de educación infantil: 3 unidades.

Centro de educación primaria: 13 unidades.

Centro de educación secundaria:-8 unidades de educación secundaria obrigatoria.-6 unidades de bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde, humanidades e ciencias sociais, e artes.