Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 14 de outubro de 2002 Páx. 14.656

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS

ORDE do 2 de outubro de 2002 pola que se modifica o artigo 5 da Orde do 4 de abril de 2002 ampliando o importe existente para a concesión de subvencións para investimento, mantemento e promoción de actividades destinadas á prestación de servicios sociais polas asociacións e outras entidades de iniciativa social.

A Orde do 4 de abril de 2002, pola que se convocan subvencións para investimento, mantemento e promoción de actividades destinadas á prestación de servicios sociais polas asociacións e outras entidades de iniciativa social (Diario Oficial de Galicia nº 73, do 16 de abril), establece no seu artigo 5 o importe da contía máxima das axudas que ó abeiro dela poderán ser concedidas ós seus solicitantes.

Non obstante, e como existen outras dotacións que poden ser utilizadas para os mesmos fins, cómpre amplia-lo importe da contía máxima das axudas que poderán ser concedidas ó amparo da referida Orde do 4 de abril de 2002, coa finalidade de facer chegar estas ó maior número de beneficiarios posible.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único.

Primeiro.-Amplíase o importe da contía máxima da axudas que se van conceder ó abeiro da Orde do 4 de abril de 2002, pola que se convocan subvencións para investimento, mantemento e promoción de actividades destinadas á prestación de servicios sociais polas asociacións e outras entidades de iniciativa social, na cantidade de trinta mil cin

cuenta euros con sesenta e un céntimos (30.050,61 euros) con cargo á aplicación orzamentaria 16.02.212D.485.0 que figuran dotada nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002.

Segundo.-A presente modificación non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2002.

Corina Porro Martínez

Conselleira de Asuntos Sociais