Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 11 de outubro de 2002 Páx. 14.618

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 2 de outubro de 2002 pola que se acorda a cesión da propiedade de determinados automóbiles a favor de varios concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.

A protección do ambiente e a mellora da calidade de vida dos cidadáns son dous obxectivos prioritarios da Xunta de Galicia.

Para o cumprimento destes fins é consciente das necesidades de medios materiais e técnicos e a falla

de medios económicos que teñen os concellos, na pasada década a Xunta de Galicia estableceu un programa de cooperación coas entidades locais para dotalas de recursos que lles permitisen realizar con éxito as tarefas de recolla e transporte de residuos sólidos urbanos ó vertedoiro ou ecoplanta.

O programa de cooperación coas entidades locais en materia de residuos sólidos urbanos regulouse ó abeiro das ordes do 26 de maio de 1989 (DOG nº 121, do 26 de xuño), 11 de maio de 1990 (DOG nº 97, do 21 de maio), 26 de marzo de 1991 (DOG nº 71, do 15 de abril), 12 de maio de 1992 (DOG nº 106, do 4 de xuño), 25 de maio de 1994 (DOG nº 113, do 14 de xuño) e 26 de setembro de 1996 (DOG nº 189, do 26 de setembro) e co desenvolvemento de convenios de colaboración específicos cos concellos e mancomunidades que así o solicitaron, para a cesión en uso de determinados vehículos recolectores-compactadores de residuos sólidos urbanos.

Os concellos de Fene, Ortigueira, Arzúa, Fisterra, Valdoviño, Ordes, Miño, Mañón, Coristanco e Vimianzo (A Coruña); Vilalba, Monterroso-Taboada (Monterroso), Riotorto-A Pontenova (Riotorto), Ourol-Xove-O Vicedo (Ourol), Paradela, Rábade-Outeiro de Rei, Friol, Cospeito, Castro de Rei, Begonte (Rábade), Chantada-Carballedo (Chantada), Pantón-Sober (Pantón), Pastoriza, Baleira (Lugo); A Rúa, San Cibrao das Viñas-Barbadás-Toén (San Cibrao das Viñas), Bande, Vilamartín-Rubiá-Carballeda (Vilamartín), Padrenda, (Ourense); Salceda de Caselas, Cangas, Ponteareas, O Porriño, Campo Lameiro, Mondariz Balneario, Vilaboa, Pazos de Borbén, Bueu, Dozón, As Neves, Tui, Valga, O Grove (Pontevedra) solicitan a cesión en propiedade dos vehículos recolectores-compactadores de residuos sólidos urbanos, cedidos en uso na actualidade.

Con este fin a Consellería de Medio Ambiente tramitou o expediente de cesión dos ditos vehículos, de conformidade co disposto no artigo 35 bis da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, engadido pola Lei 11/1996, do 30 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 1997, e no artigo 96 bis do seu regulamento, aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, engadido polo Decreto 238/1998, do 24 de xullo (DOG nº 156, do 13 de agosto).

Por todo o exposto e en uso das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acórdase a cesión en propiedade dos seguintes vehículos a favor dos concellos de Fene, Ortigueira, Arzúa, Fisterra, Valdoviño, Ordes, Miño, Mañón,

Coristanco e Vimianzo (A Coruña); Vilalba, Monterroso-Taboada (Monterroso), Riotorto-A Pontenova (Riotorto), Ourol-Xove-O Vicedo (Ourol), Paradela, Rábade-Outeiro de Rei, Friol, Cospeito, Castro de Rei, Begonte (Rábade), Chantada-Carballedo (Chantada), Pantón-Sober (Pantón), Pastoriza, Baleira (Lugo); A Rúa, San Cibrao das Viñas-Barbadás-Toén (San Cibrao das Viñas), Bande, Vilamartín-Rubiá-Carballeda (Vilamartín), Padrenda (Ourense); Salceda de Caselas, Cangas, Ponteareas, O Porriño, Campo Lameiro, Mondariz Balneario, Vilaboa, Pazos de Borbén, Bueu, Dozón, As Neves, Tui, Valga, O Grove (Pontevedra).

MatrículaConcelloMarcaNº bastidor

C 0487 AYFeneSEMATVS11217A7M6E60320

C 0488 AYVilalbaSEMATVS11217A7M6E60318

C 0489 AYOrtigueiraSEMATVS11217A7M6E60324

C 0518 AWMonterrosoRos-RocaVSKM116345981

C 0520 AWRiotortoRos-RocaVSKM1116346317

C 0523 AWOurolRos-RocaVSKM1116346218

C 1481 AVArzúaRos-RocaVSKM1116GLB342437

C 1482 AVSalceda de CaselasRos-RocaVSKM1116GLB342349

C 1489 AVCangasRos-RocaVSKM1116GLB344577

C 1493 AVPonteareasRos-RocaVSKM1116GLB343047

C 1513 AYO PorriñoSEMAT VS11217A7M6E60330

C 2222 AYA RúaRos-RocaVSKM1116GMB350004

C 2238 AYSan Cibrao das ViñasRos-RocaVSKM1116GMB350025

C 2245 AYPadrendaRos-RocaVSKM1116GMB348618

C 2365 AYParadelaRos-RocaVSKM1116GMB350327

C 3379 AVFisterraRos-RocaVSKM1116GLB345316

C 3380 AVBandeRos-RocaVSKM1116GLB345958

C 3381 AVValdoviñoRos-RocaVSKM1116GLB345932

C 3382 AVOrdesRos-RocaVSYA17VIGLM079704

C 3386 AVRábadeRos-RocaVSYA17V1GLM079654

C 3387 AVChantada Ros-RocaVSYA17VIGLMO79318

C 4074 AYMiñoRos-RocaVSKM1116GMB350405

C 4075 AYMañónRos-RocaVSKM1116GMB350381

C 4076 AYCoristancoRos-RocaVSKM1116GMB350468

C 5385 AVVilamartínRos-RocaVSKM1116GLB346155

C 5469 AYCampo LameiroRos-RocaVSKM1116GMB350911

C 5471 AYMondariz BalnearioRos-RocaVSKM1116GMB350884

C 5474 AYVilaboaRos-RocaVSKM1116GMB350857

C 5475 AYPazos de BorbénRos-RocaVSKM1116GMB350856

C 5477 AYBueuRos-RocaVSKM1116GMB350486

C 6445 AXPantónRos-RocaVSKM1116GMB348650

C 6446 AXDozónRos-RocaVSKM1116GMB348571

C 6447 AXAs NevesRos-RocaVSKM1116GMB348524

C 6448 AXTuiRos-RocaVSKM1116GMB348529

C 6450 AXValgaRos-RocaVSKM1116GMB347090

C 6451 AXO GroveRos-RocaVSKM1116GMB348500

C 6453 AXPastorizaRos-RocaVSKM1116GMB348526

C 6835 ATVimianzoRos-RocaVSKM1116GLB340205

C 8021 AYBaleiraRos-RocaVSKM1116GLB346139

Artigo 2º

A cesión queda sometida ás seguintes cláusulas:

a) Os bens cedidos destinaranse á recolla e transporte de residuos sólidos urbanos.

b) A cesión, en propiedade, outórgase con carácter definitivo, sen prexuízo do previsto nos parágrafos seguintes.

c) Coa cesión outorgaráselle ó concello a propiedade do vehículo, comprometéndose este a realizar

ante a Xefatura Provincial de Tráfico os trámites precisos para o cambio da titularidade do vehículo.

d) O concello comprométese a efectua-lo pagamento dos importes debidos en concepto de imposto de circulación.

e) Se os bens cedidos non se aplicasen ó fin sinalado, ou se no suposto de alleamento o seu importe non fose reinvestido na adquisición dun ben destinado á mesma finalidade, se se descoidasen ou utilizasen con grave quebrantamento, ou se incumprisen as condicións do acordo, considerarase resolta a cesión e os bens reverterán á Comunidade Autónoma, que terá dereito a percibir, logo de taxación pericial, o valor dos detrimentos ou deterioración que experimentasen.

f) A Consellería de Medio Ambiente poderá comproba-lo cumprimento das obrigas que leve implícitas a cesión, en virtude das facultades de control e vixilancia da cesión atribuídas no artigo 87 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 3/1985, do patrimonio da Comunidade Autónoma, e da obriga prevista na alínea c) deste artigo.

g) As entidades locais serán responsables fronte a terceiros de tódolos danos que puidesen derivar directa e indirectamente da utilización dos bens cedidos.

Artigo 3º

A cesión formalizarase mediante acta subscrita polo secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente e o órgano competente dos distintos concellos, debendo constar nela o acordo de cesión e a aceptación do cesionario.

Disposicións derradeiras

Primeira.-A Consellería de Medio Ambiente, a través das súas delegacións provinciais, realizará os trámites necesarios para a efectividade da presente orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2002.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente