Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 11 de outubro de 2002 Páx. 14.619

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2002 pola que se convoca o I Congreso Nacional de Dereito Agrario Autonómico.

Dentro do Plan de Actividades da Escola Galega de Administración Pública para o 2002 e de acordo

coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócase, en colaboración co Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e coa Asociación Española de Derecho Agrario, o I Congreso Nacional de Dereito Agrario Autonómico, convocatoria que se desenvolverá conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos.

O MAPA ten como prioridade, na presente lexislatura, a elaboración do libro branco da agricultura e do desenvolvemento rural e quere facelo co máximo respecto e participación das comunidades autónomas.

O dereito agrario ten sido, e continúa sendo, o dereito da terra, polo cal os dereitos agrarios autonómicos elaborados na proximidade dos campos por homes que coñecen profundamente a problemática agraria, rural e ambiental de cada lugar, constitúe unha referencia obrigada e sumamente útil para ese libro branco.

O congreso convocado suporá, sen dúbida, unha achega sistemática de ideas e de normas, así como unha reflexión colectiva e plural de enorme valor para que as propostas do dito libro branco se axusten á moi variada realidade do agro español.

2. Contido.

Trataranse estes temas:

-O dereito agrario autonómico e o libro branco da agricultura e do desenvolvemento rural.

-O dereito agrario autonómico andaluz.

-O dereito agrario autonómico aragonés.

-O dereito agrario autonómico asturiano.

-O dereito agrario autonómico balear.

-O dereito agrario autonómico canario.

-O dereito agrario autonómico cántabro.

-O dereito agrario autonómico castelán-manchego.

-O dereito agrario autonómico castelán-leonés.

-O dereito agrario autonómico catalán.

-O dereito agrario autonómico estremeño.

-O dereito agrario autonómico galego.

-O dereito agrario autonómico rioxano.

-O dereito agrario autonómico murciano.

-O dereito agrario autonómico navarro.

-O dereito agrario autonómico vasco.

-O dereito agrario autonómico valenciano.

3. Destinatarios.

Persoal ó servicio da Xunta de Galicia e da Administración local galega e interesados en xeral.

4. Desenvolvemento.

-Horario: mañá e tarde.

-Lugar e datas: o congreso convocado desenvolverase no salón de actos da EGAP (polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, Santiago de Compostela) os días 13, 14 e 15 de novembro de 2002.

5. Inscrición.

-Prazo: remata o luns, día 11 de novembro de 2002.

-Tramitación de solicitudes: as solicitudes irán dirixidas ó director da Escola Galega de Administración Pública, polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4 - 15707, Santiago de Compostela, segundo o modelo que figura como anexo a esta convocatoria, e presentaranse no rexistro xeral da EGAP, ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Admitiranse tamén inscricións por fax: 981 54 63 30.

-Número de prazas: limitado á capacidade do local.

-Inscricións fóra de prazo: só se admitirán, de quedaren prazas baleiras, coa condición de que se cumpran os requisitos xerais antes indicados.

Os peticionarios poderán obte-la confirmación da súa posible admisión, chamando por teléfono, o día 12 de novembro, das 8.30 ás 14.30 horas, ós seguintes números: 981 54 62 39/44 ou 981 54 60 40.

6. Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento do congreso, así como o de cancelalo, se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

7. Certificación de asistencia.

Entregaráselles, ó remate deste congreso, a aquelas persoas inscritas que concorresen asiduamente a el, cando a súa asistencia sexa igual ou superior ó 85% das horas lectivas programadas, e expresarase, neste documento, a natureza da actividade e as datas da súa realización.

8. Retransmisión pola Internet.

As persoas interesadas en segui-lo desenvolvemento deste congreso pola Internet, poden facelo a través do seguinte enderezo: www.egap.xunta.es.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2002.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA