Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 11 de outubro de 2002 Páx. 14.622

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2002, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala enxeñeiros técnicos agrícolas, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar para a lectura do segundo exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 5 de outubro de 2002, o tribunal designado pola Orde do 25 de abril de 2002 para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, (grupo B), escala enxeñeiros técnicos agrícolas, convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001, acordou, de conformidade co disposto na base II.2.1.b) da convocatoria, que a lectura do segundo exercicio da fase de oposición comezará o día 18 de outubro de 2002 na aula nº 13, planta 2ª, da Escola Galega de Administración Pública; rúa Madrid, 2-4º, polígono das Fontiñas en Santiago de Compostela.

O citado día 18 de outubro, ás 16.30 horas procederán á lectura os opositores comprendidos entre Taboada Arias, Alfredo e Vázquez Vázquez, Ana Irene, ámbolos dous inclusive.

Tódolos días, ó remate da proba, a partir do día 18 de outubro, publicaranse na citada Escola Galega de Administración Pública os nomes dos aspirantes que deben presentarse na seguinte sesión, así como a hora do comezo.

Os aspirantes deberán ir provistos do seu DNI.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2002.

Jesús Collar Urquijo

Presidente do Tribunal