Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 11 de outubro de 2002 Páx. 14.622

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2002 pola que se aproba a lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para a provisión dunha praza de secretario técnico para o Campus de Ferrol, convocada por Resolución do 1 de abril de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 3 de maio).

Rematado o prazo de reclamacións contra a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para a provisión dunha praza de secretario técnico para o Campus de Ferrol, convocado por Resolución do 1 de abril de 2002 (Diario

Oficial de Galicia do 3 de maio), este rectorado, en cumprimento do previsto na base 4.1. da convocatoria, resolve aproba-la lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos que figura exposta no taboleiro de anuncios do rectorado (rúa Maestranza, s/n) e no Vicerrectorado do Campus de Ferrol (dr. Vázquez Cabrera, s/n).

De acordo co previsto na base 7.1. convócanse os aspirantes para a realización do primeiro exercicio da oposición que dará comezo ás 17 horas do día 30 de outubro de 2002 no Rectorado da Universidade da Coruña (rúa Maestranza, s/n), sala de reunións da xunta de Goberno. Os aspirantes deberán acudir provistos do documento nacional de identidade ou documento legal que acredite a súa identidade.

Relación de admitidos:

DNI: 32818173.

Apelidos e nome: Ballón Lage, Alberto.

DNI: 33283976.

Apelidos e nome: Noguerol Gómez, Ramón José.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 17 de setembro de 2002.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña