Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 11 de outubro de 2002 Páx. 14.603

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Autoridade Portuaria de Vilagarcía.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Autoridade Portuaria de Vilagarcía, con nº de código 3603662, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 6-8-2002, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 15-11-2001. De conformidade co disposto no arti-

go 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 26 de agosto de 2002.

P.A.

Luis Boullosa Nores

Secretario provincial de Pontevedra

I Convenio colectivo da Autoridade Portuaria

de Vilagarcía 1999-2003

Preámbulo.

En cumprimento do artigo 4 do I Convenio Marco de Relacións Laborais de Portos do Estado e Autoridades Portuarias, aprobado por resolución da Dirección Xeral de Traballo, con data do 22 de decembro de 1999 (BOE nº 15, do 18 de xaneiro de 2000), a Autoridade Portuaria de Vilagarcía e os repesentantes dos traballadores asumen o cumprimento de cada unha das cláusulas do I convenio marco con vinculación á súa totalidade, e concertan este convenio colectivo para a dita Autoridade Portuaria.

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito persoal, funcional e territorial.

Este convenio colectivo regula as relacións laborais do persoal que presta servicios na Autoridade Portuaria de Vilagarcía, excepto os postos de traballo de niveis de xefe de unidade e superiores (niveis 1 ó 12, ambos inclusive).

Será de aplicación en todos aqueles lugares e centros de traballo da Autoridade Portuaria de Vilagarcía onde o seu persoal desenvolva o seu cometido.

Artigo 2º.-Ámbito temporal e denuncia do convenio.

Este convenio será de aplicación desde o 1 de xaneiro de 1999 ata o 31 de decembro de 2003, excepto para aqueles conceptos en que o I convenio marco ou o presente convenio estableza unha duración diferente.

O convenio poderá ser denunciado por calquera das partes, de forma expresa cun prazo de aviso superior a un mes respecto á data da súa finalización. Esgotada a súa vixencia sen se producir denuncia expresa, considerarase tacitamente prorrogado en períodos anuais sucesivos respecto da data en que finalizaba a súa vixencia, e calquera das partes poderá proceder á súa denuncia durante este período.

Unha vez denunciado, permanecerá vixente o seu contido normativo mentres non sexa substituído por un novo convenio.

Artigo 3º.-As partes.

Entenderase como parte empresarial a Autoridade Portuaria de Vilagarcía e como parte social a repre

sentación dos traballadores, asumida polo comité de empresa en proporción á representatividade que desempeñe de acordo co resultado das últimas eleccións sindicais.

Artigo 4º.-Absorción e compensación.

As condicións económicas de toda índole pactadas no I Convenio Marco de Relacións Laborais de Portos do Estado e Autoridades Portuarias e neste convenio colectivo forman un todo e substituirán, compensarán e absorberán en cómputo anual e global as que anteriormente viñesen rexendo, calquera que sexa a súa natureza, orixe ou denominación.

As disposicións legais futuras, incluídas as relativas a salarios, que impliquen variacións económicas, en todos ou algúns dos conceptos retributivos pactados neste convenio, só terán eficacia se, globalmente consideradas en cómputo anual, superan o nivel total deste. En caso contrario, consideraranse absorbidas.

As partes asumen o cumprimento de cada unha das cláusulas deste convenio con vinculación á súa totalidade, non podendo ningunha das partes vincularse por separado a elementos fraccionados deste sen considera-las condicións globais e totais do conxunto.

Artigo 5º.-Garantía ad personam.

As remuneracións económicas persoais dos traballadores que por productividade viñeran percibíndose o 31 de decembro de 1994 e sempre que excedan do pactado no convenio marco e neste convenio de ámbito inferior por igual concepto, en condicións homoxéneas de traballo, serán respectadas con carácter excepcional e a título persoal como condicións máis beneficiosas, e quedarán consolidadas a título persoal como complemento conxelado e non absorbible por futuros incrementos retributivos.

Artigo 6º.-Comisión de interpretación, vixilancia e aplicación do convenio.

Durante a vixencia deste convenio constituirase unha comisión de interpretación, vixilancia e aplicación, que deberá formalizarse no prazo dos trinta días seguintes á súa sinatura.

Esta comisión, que será paritaria, estará formada por seis membros e un secretario designado pola Autoridade Portuaria de Vilagarcía, que non terá voz nin voto. Deles, tres representarán a Autoridade Portuaria e tres os traballadores.

Os membros da parte social e os seus substitutos serán designados por cada unha das organizacións sindicais, de entre os membros do comité de empresa e con base na representación que teñan de acordo cos resultados das últimas eleccións sindicais.

Poderán asistir ás sesións da comisión, con voz pero sen voto, os asesores que as partes estimen convenientes, cun máximo de dous por cada parte. En caso de seren traballadores da Autoridade Por

tuaria, deberán pertencer ó comité de empresa ou seren delegados sindicais.

A condición de membro da comisión é persoal e intransferible. As variacións dos membros da comisión que poidan producirse comunicaranse, obrigada e simultaneamente ó efectuarse o relevo, á secretaría da comisión para os efectos que procedan.

Domicilio.

A sede administrativa da comisión, para efectos de notificacións e comunicacións, estará na Autoridade Portuaria de Vilagarcía, rúa Peirao Pasaxeiros, nº 5, 36600 Vilagarcía de Arousa.

A secretaría da comisión estará obrigada a transmitir a cada un dos membros da comisión, dentro do prazo de corenta e oito horas desde a súa recepción, cantas notificacións, documentos, etc., sexan remitidos á sede da comisión polo conducto máis rápido posible do cal quede constancia.

Carácter das reunións e convocatorias.

A comisión deberá reunirse para tratar dos asuntos que se lle sometan, tantas veces como sexa necesario cando existan causas xustificadas para iso, ou o solicite a representación da Autoridade Portuaria ou a maioría da representación sindical.

As reunións da comisión, segundo os asuntos que lle sexan sometidos, terán o carácter de ordinarias ou extraordinarias. A parte convocante poderá outorgar fundadamente tal cualificación.

As convocatorias da comisión nas que se inclúan puntos da orde do día relativos a conflictos colectivos ou folgas, terán o carácter de extraordinarias, salvo que expresamente a parte convocante lle atribúa carácter ordinario.

Nas convocatorias ordinarias, a comisión deberá resolve-los asuntos que se lle formulen no prazo de quince días naturais e, nas extraordinarias, no termo de tres días hábiles desde a recepción da convocatoria.

Ámbalas partes están lexitimadas para proceder á convocatoria da comisión, de maneira indistinta, sen máis requisito que a comunicación á secretaría por calquera medio fidedigno cunha antelación mínima de tres días hábiles á data da reunión, facendo consta-la orde do día, e o carácter da reunión, e remitindo, á vez, polo conducto máis rápido posible, os antecedentes do tema obxecto de debate. A secretaría comunicarao acto seguido.

A comisión, por maioría de votos, poderá decidir aprazar ou non tratar un determinado tema, motivando a súa decisión.

Das actas das reunións.

Das reunións da comisión levantarase acta sucinta na que se reflectirán puntualmente os acordos que se alcancen.

Para a súa validez, as actas deberán ser aprobadas pola comisión. Esta aprobación efectuarase con

carácter ordinario na mesma sesión, e con carácter extraordinario na reunión seguinte que realice a comisión.

Unha vez aprobadas as actas, estas terán carácter vinculante.

Competencias da comisión.

* Interpreta-la totalidade do articulado do presente convenio e vixia-lo cumprimento do pactado.

* Entender en materia de conflicto colectivo, de acordo co procedemento que se establece no I convenio marco, e servir de canle negociadora en tempo de aviso previo de folga.

* Elevar, se así se acorda, os conflictos de interpretación ou aplicación deste convenio á comisión paritaria do convenio marco.

* Calquera outra competencia que expresamente lle veña atribuída no presente convenio.

Do quórum e réxime de adopción de acordos.

Para a válida constitución da comisión e adopción de acordos, con carácter vinculante, esixirase o réxime de maiorías establecido no artigo 89.3º do Estatuto dos traballadores.

Solución voluntaria de conflictos.

A comisión de vixilancia e interpretación actuará como órgano de conciliación, mediación e arbitraxe en tódolos conflictos colectivos, así como durante o período de aviso previo de folga, sen prexuízo das actuacións administrativas ou xudiciais, ou de aplicación do previsto no ASEC.

O presente convenio vincúlase voluntaria e expresamente ó sistema de resolución de conflictos do órgano de resolución extraxudicial de conflictos colectivos laborais de Galicia, excepto naquelas cuestións que afecten a normativa orzamentaria.

Serán susceptibles de someterse a este sistema aquelas controversias ou diferencias laborais que correspondan a unha pluralidade de persoas, ou nas que a interpretación, obxecto de diverxencia afecte a intereses colectivos ou suprapersoais.

Para os efectos deste punto, terán tamén o carácter de conflictos colectivos aqueles que, sendo promovidos por un traballador a título individual, teñan solución extensible ou xeneralizable a un colectivo de traballadores.

Capítulo II

Organización e dirección do traballo

Artigo 7º.-Organización.

De acordo coas disposicións vixentes, a facultade e responsabilidade da organización do traballo corresponderalles ós órganos de goberno e xestión da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, exercida por si mesmos ou a través das delegacións oportunas. Todo isto sen prexuízo dos dereitos e facultades de audiencia, información e participación recoñecidos ós traballadores e ós seus representantes de acordo coa normativa vixente.

A Autoridade Portuaria de Vilagarcía poderá solicitar asesoramento dos representantes dos traballadores en todo aquilo que estime oportuno.

Artigo 8º.-Dirección e control do traballo.

O traballador estará obrigado a realiza-la prestación laboral baixo a dirección das persoas organicamente responsables da Autoridade Portuaria de Vilagarcía. Estas poderán adopta-las medidas que estimen máis oportunas gardando, na súa adopción e aplicación, a consideración debida á dignidade e tendo en conta a capacidade real dos traballadores diminuídos, se é o caso.

Os responsables da Autoridade Portuaria de Vilagarcía poderán reunirse, por petición de calquera das partes, cunha periodicidade bimensual cos representantes dos traballadores, para efectos de informar do desenvolvemento do traballo e recibi-las suxestións sobre este.

Artigo 9º.-Certificacións.

A Autoridade Portuaria de Vilagarcía, dentro das súas respectivas competencias, estará obrigada a lle entregar ó traballador, pola súa instancia, certificado acreditativo do tempo de servicios prestados, clase de traballo realizado, emolumentos percibidos, así como de calquera outra circunstancia relativa á súa situación laboral.

En tódolos supostos, as anteriores certificacións deberán ser visadas polo presidente correspondente ou persoa en quen delegue.

Capítulo III

Selección e contratación

Artigo 10º.-Dotacións de persoal.

As modificacións das dotacións de persoal fixo serán aprobadas polo Consello de Administración, de acordo coas normas legais sobre emprego e orzamentarias vixentes en cada momento, e sobre a base das necesidades de persoal da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, co preceptivo informe dos representantes legais dos traballadores, que deberán emitilo no prazo máximo de 15 días naturais.

Artigo 11º.-Ingresos e período de proba.

O sistema de selección e contratación do persoal fixo, debe observa-los seguintes criterios:

1. Debe basearse nos principios de igualdade, mérito e capacidade e facerse mediante convocatoria pública.

2. Debe axustarse á normativa xeral orzamentaria e sobre emprego vixente en cada momento e realizarse de acordo coas necesidades de persoal definidas pola Autoridade Portuaria de Vilagarcía.

3. Esixirá, en todo caso, os seguintes requisitos de ingreso:

a) Titulación e aptitude suficiente para o posto de traballo, de acordo coa regulación establecida nos niveis e postos de traballo (art. 10 do I convenio

marco) e as titulacións mínimas esixibles segundo anexo 1 (Ingreso).

b) Ter cumprida a idade que fixen as leis.

c) Acredita-las condicións e preparación suficientes que se esixen para o desempeño do posto de que se trate, superando para o efecto as correspondentes probas establecidas de acordo cos criterios recollidos no anexo II.

4. Con carácter xeral a selección efectuarase por concurso-oposición. A selección para a contratación de postos de niveis 11 e 12 poderá efectuarse por concurso de méritos.

5. Na elaboración das bases e na valoración, realización e cualificación dos méritos e probas, participarán dous representantes do persoal que serán designados polo comité de empresa e, se é posible, serán de igual ou superior categoría á da praza que se vaia cubrir, respectándose en todo caso a autonomía da representación dos traballadores para a designación dos representantes, debendo garda-lo sixilo profesional ó que fai referencia ó artigo 65 do Estatuto dos traballadores. A representación da Autoridade Portuaria estará composta por un presidente, un secretario e un vocal, todos eles designados polo presidente da Autoridade Portuaria e contarán con voz e voto.

6. As probas de selección poderán realizarse co auxilio de organismos competentes ou empresas especializadas, incorporando os resultados ó expediente que debe xulga-lo tribunal.

7. Rexerá o principio de agrupación de prazas, para a economía de procedemento e orzamentaria.

8. Debe establecerse nas convocatorias unha reserva de prazas para persoal con minusvalidez, que permita alcanza-lo 2% do cadro de persoal naqueles postos de traballo que sexan compatibles coa súa minusvalidez.

9. O aboamento de indemnizacións ou compensacións por asistencia a tribunais de oposicións e concursos, debe efectuarse segundo o regulado no Real decreto 236/1988, do 4 de marzo, e disposicións complementarias sobre indemnizacións por razón de servicio no sector público.

10. O período de proba regularase de acordo co establecido no artigo 14 do Estatuto dos traballadores, excepto na súa duración, que se fixa en quince días para os traballadores sen cualificación profesional, en trinta días para os traballadores con cualificación, incluído persoal administrativo, e en tres meses para o persoal titulado.

A situación de incapacidade temporal que afecte ó traballador en período de proba, interromperá o seu cómputo.

11. En caso de que se seleccione un traballador que proveña doutro ente público portuario, recoñeceráselle a antigüidade que tivese acreditada no sistema portuario sempre que non exista indemnización por cesamento no ente de procedencia, respectán

dose en todo caso o establecido nesta materia pola Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, na súa disposición adicional sexta, modificada pola Lei 62/1997, do 26 de decembro.

12. O prazo de presentación de instancias será como mínimo de dez días hábiles.

13. A valoración final obtida por cada aspirante farase pública ó finaliza-las probas, así como as valoracións parciais de cada unha das probas.

Artigo 12º.-Contratación eventual.

A contratación eventual de persoal rexerase polas normas xerais que regulan cada modalidade de contratación, e polo regulado no presente convenio na medida que legalmente corresponda.

As partes lexitimadas acordan que os órganos de goberno da Autoridade Portuaria de Vilagarcía elixirán a duración que en cada momento máis se axuste ás súas necesidades, de entre as seguintes:

1. Contratos eventuais de ata seis meses, nun período de referencia de doce.

2. Contratos eventuais de ata doce meses nun período de referencia de dezaoito meses.

3. Contratos eventuais de ata catro meses de duración para a substitución de persoal en período vacacional.

Se se acorda unha duración inferior ás citadas, poderá alcanzarse o máximo cunha soa prórroga.

Nun prazo de 3 meses desde a sinatura deste convenio, unha comisión paritaria formada para o efecto, e composta de tres membros por cada parte, determinará as actividades que serán obxecto de contratación de traballadores eventuais, así como as actividades que poidan cubrirse con contratos de obra ou servicio determinado, salvo casos de urxencia e necesidade non programados, que serán comunicados e motivados ó comité de empresa.

Artigo 13º.-Promoción interna.

O sistema de promoción interna do persoal da Autoridade Portuaria de Vilagarcía debe observa-los seguintes criterios:

1. Debe basearse nos principios de igualdade, mérito e capacidade e facerse mediante convocatoria pública, realizándose como mínimo mediante a súa publicación no taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria.

2. Rexerá o principio de agrupación de prazas, para a economía de procedemento e orzamentaria.

3. Só cando non existise na Autoridade Portuaria de Vilagarcía persoal apto para cubrir un posto por promoción interna se procederá á convocatoria externa, co compromiso de informa-lo sistema portuario a través do ente público Puertos del Estado.

4. Na elaboración das bases e na valoración, realización e cualificación dos méritos e probas, participarán dous representantes do persoal que serán

designados polo comité de empresa e, se é posible, serán de igual ou superior categoría á da praza que se vaia cubrir, respectándose en todo caso a autonomía da representación dos traballadores para a designación dos representantes, debendo garda-lo sixilo profesional ó que fai referencia o artigo 65 do Estatuto dos traballadores. A representación da Autoridade Portuaria estará composta por un presidente, un secretario e un vocal, todos eles designados polo presidente da Autoridade Portuaria e contarán con voz e voto.

5. O prazo de presentación de instancias será como mínimo de dez días hábiles.

6. A valoración final obtida por cada aspirante farase pública ó finaliza-las probas.

7. Esixiranse en todo caso os seguintes requisitos:

a) Poderán presentarse á convocatoria de prazas os traballadores que pertenzan a unha categoría igual ou inferior ó nivel do posto que se pretenda ocupar (art. 10 do I convenio marco) e que conten coa titulación mínima establecida no anexo 1 (Promoción profesional).

b) Acredita-las condicións e preparación suficientes que se esixen para o desempeño do posto de que se trate, superando para o efecto as correspondentes probas establecidas de acordo cos criterios recollidos no anexo II.

8. O aboamento de indemnizacións ou compensacións por asistencia a tribunais de oposicións e concursos debe efectuarse segundo o regulado no Real decreto 236/1988, do 4 de marzo, e disposicións complementarias sobre indemnizacións por razón de servicio no sector público.

Artigo 14º.-Clasificación segundo a súa permanencia.

O persoal da Autoridade Portuaria de Vilagarcía clasificarase en fixo e temporal. Enténdese por persoal fixo o que se contrata por tempo indefinido para que a súa prestación se prolongue no tempo sen límite na súa duración, e por persoal temporal, o que se contrata por un tempo determinado, improrrogable na temporalidade de acordo coas normas que, en cada caso, regulen a dita contratación.

Sobre o dereito de información dos representantes dos traballadores en materia de contratación aplicarase o disposto na normativa vixente.

Sen prexuízo de respecta-lo establecido na normativa laboral vixente, a Autoridade Portuaria deberá manter unha estructura de persoal laboral fixo axustada ás súas necesidades laborais permanentes.

Artigo 15º.-Clasificación segundo a función.

Os grupos e categorías profesionais son os definidos no artigo 10º do I convenio marco de relacións laborais.

As categorías profesionais recollidas no convenio marco non supón a obriga de telas cubertas pola Autoridade Portuaria de Vilagarcía, se as necesi

dades do servicio e volume do tráfico non o requiren. Se xurdise algunha nova tarefa ou función non recollida no convenio marco, será obxecto de asimilación por esta Autoridade Portuaria, ata que a comisión paritaria do convenio marco aprobe a súa definición específica.

Tódolos traballadores serán cualificados individualmente de acordo coas funcións e tarefas do posto de traballo que desempeñan e para as que foron contratados, co informe preceptivo dos representantes dos traballadores, que deberá emitirse no prazo preceptivo de tres días naturais.

As categorías asignadas ó persoal non poderán sufrir ningunha modificación fóra dos supostos recollidos neste convenio. En ningún caso poderá producirse promoción profesional polo feito da antigüidade.

A Autoridade Portuaria de Vilagarcía daralles a coñecer ós traballadores o seu organigrama funcional unha vez aprobado polo órgano competente.

Capítulo IV

Xornada e horario de traballo

Artigo 16º.-Xornada e horario de traballo.

Este artigo complementa o disposto no convenio marco, en concreto:

A xornada anual máxima para o persoal afectado polo presente convenio fíxase en 1.687 horas de traballo efectivo.

A xornada semanal será de 37,5 horas de traballo efectivo de media en cómputo cuadrimestral, podendo establecerse unha distribución desigual da xornada semanal.

Entenderase como horario específico o dos traballadores nos que a natureza ou circunstancias especiais de traballo así o esixan, en todo caso deberán salvagardarse os descansos legais entre xornadas e semanais.

No que se refire ó traballo nocturno aplicarase o disposto no artigo 18º deste convenio.

A Autoridade Portuaria de Vilagarcía elaborará no mes de xaneiro de cada ano o calendario laboral anual, logo de negociación cos representantes dos traballadores. Unha vez aprobado, publicarase nos taboleiros de anuncios.

Artigo 17º.-Descanso dominical e en días festivos.

Cando por razóns técnicas e/ou organizativas se traballe en domingos ou días festivos, percibirase con cargo ó complemento de flexibilidade horaria unha contía igual para tódalas categorías profesionais de 5.500 pesetas día para o ano 2000 (33,06 A).

Así mesmo, cando a xornada dominical ou festiva sexa inferior a catro horas terase dereito a media xornada de descanso. Se se superasen as catro horas ata un máximo de oito horas, o tempo de descanso será dunha xornada, preferentemente dentro da semana seguinte, e en día laborable. A Autoridade Portuaria de Vilagarcía procurará, como norma xeral, que este sexa o seguinte ó festivo.

O anteriormente establecido non será de aplicación ó persoal suxeito a quendas adscrito ás modalidades A e B, segundo o regulado no artigo 29º.

Artigo 18º.-Traballo a quendas, traballo nocturno.

Nos traballos que requiran necesariamente a prestación continuada de servicios, tales como os de vixilancia, servicio de guindastres, mantemento e outros, mesmo sen chegar ás 24 horas e sempre que razóns organizativas o esixan, poderán establecerse quendas, rotativas, entre os traballadores encargados das correspondentes tarefas, incluídos sábados, domingos, festivos e de descanso se for preciso.

Considérase traballo a quendas toda forma de organización en equipo segundo a cal os traballadores ocupan sucesivamente os mesmos postos de traballo, segundo un certo ritmo, continuo ou descontinuo, implicando para o traballador a necesidade de presta-los seus servicios en horas diferentes nun período determinado de semanas ou meses.

No caso excepcional de que un traballador sometido a quendas tivese que prolonga-la súa xornada, sen que poida supera-las dúas horas, por ausencia imprevista do traballador que debía continua-la quenda, percibirá o complemento de flexibilidade horaria na modalidade B, na contía que proceda.

Ningún traballador estará na quenda de noite máis de 15 días naturais seguidos, excepto adscrición voluntaria a esa quenda ou que fose contratado para traballar en período nocturno.

Considérase traballo nocturno o efectuado entre as 22 e as 6 horas, incrementándose a retribución nun 30% do seu salario base diario, excepto que o salario se establecese atendendo a que o traballo sexa nocturno pola súa propia natureza.

Os traballadores nocturnos ós que se lles recoñezan problemas de saúde ligados ó feito do seu traballo nocturno, terán o dereito a seren destinados a un posto de traballo diurno que exista na Autoridade Portuaria de Vilagarcía e para o que sexan profesionalmente aptos.

As mulleres grávidas ou en período de lactación non traballarán entre as 22 e as 6 horas.

Artigo 19º.-Horas extraordinarias.

Este artigo complementa o disposto no convenio marco, en concreto:

As horas extraordinarias que non teñan a consideración de forza maior compensaranse por tempo de descanso, en proporción de 1,75 horas de descanso por hora traballada. Este descanso realizarase de acordo coas necesidades do servicio, logo de petición do interesado.

Capítulo V

Vacacións, permisos e licencias

Artigo 20º.-Vacacións.

De mutuo acordo poderanse fracciona-las vacacións en dous períodos de 15 días naturais, que

deberán comeza-los días 1 ou 16 do mes de que se trate. En tal caso, a suma total dos períodos de vacacións será de 30 días naturais. Excepcionalmente, a Autoridade Portuaria de Vilagarcía poderá estudiar outros períodos solicitados.

Considérase período normal de vacacións os meses de xuño, xullo, agosto e setembro.

Cando excepcionalmente e se por necesidades do servicio se tivesen que desfruta-las vacacións fóra do período vacacional antes sinalado, terase dereito a desfrutar dun período de descanso adicional dunha semana natural. En todo caso antes de proceder á determinación dos traballadores afectados por esta circunstancia solicitaranse voluntarios e só no caso de non se cubrir se acudirá á obrigatoriedade, aplicando criterios de rotación.

No suposto de ter que recorrer á obrigatoriedade, o traballador poderá optar entre o período de descanso adicional ou a súa compensación económica equivalente, quedando, en todo caso, a opción do descanso supeditada ás necesidades do servicio. A retribución do período de vacacións estará integrada polos seguintes conceptos: salario base mensual, antigüidade, complemento de mobilidade funcional, complemento de calidade e, se é o caso, complemento de quendas, complemento de xornada partida, complemento de irregularidade e complemento de especial responsabilidade e dedicación.

En caso de discrepancia entre os traballadores para a asignación de quendas vacacionais, procederase a establecer quendas rotativas.

Artigo 21º.-Permisos retribuídos.

Este artigo desenvolve e complementa o artigo 13 do I Convenio Marco de Portos do Estado e Autoridades Portuarias, ó que se lle engade o punto seguinte:

Amplíase este dereito a licencias para retribuír por tempos e causas, ás parellas de feito, sempre que resulte debidamente acreditada a súa constitución.

Artigo 22º.-Licencias sen retribución.

O persoal que cumprise polo menos un ano de servicio efectivo poderá solicitar licencia sen soldo por prazo non inferior a quince días nin superior a seis meses. Estas licencias seranlles concedidas dentro dos trinta días seguintes ó da solicitude, sempre que o permitan as necesidades do servicio. A duración acumulada destas licencias non poderá exceder de seis meses cada dous anos.

Capítulo VI

Xubilacións

Artigo 23º.-Premio á xubilación voluntaria.

Os traballadores que se xubilen voluntariamente ós 64 anos, conforme o establecido no artigo 15º do I convenio marco, percibirán un premio de 500.000 pesetas (3.005,060 A) a partir da sinatura deste convenio.

Capítulo VII

Seguridade e saúde laboral

Artigo 24º.-Vestiario e medidas de protección individual.

A Autoridade Portuaria de Vilagarcía facilitaralles, nos prazos que determine o comité de seguridade e saúde laboral, a tódolos traballadores que o necesiten o vestiario e os medios e equipos de protección individual adecuados ós traballos que realicen. En todo caso facilitaranse, cando o tipo de traballo o requira, dous equipos de pezas de roupa de traballo ó ano, e un anorak e dúas toallas cada dous anos.

Os traballadores deberán utilizar obrigatoriamente durante a xornada laboral a roupa de traballo e en especial os medios de protección que se lles faciliten, conforme os acordos do comité de seguridade e saúde laboral que será competente para establece-las características, calidade e cadencia da roupa.

Artigo 25º.-Recoñecemento médico, caixas de primeiros auxilios.

Con carácter anual, a Autoridade Portuaria de Vilagarcía porá á disposición do seu persoal un recoñecemento médico nun centro especializado, durante o primeiro trimestre de cada ano.

Independentemente da exploración completa que se realice, o facultativo médico poderá realizar calquera outra que considere necesaria ou sexa conveniente, e de acordo co traballador. Por petición da muller traballadora, practicaráselle unha exploración xinecolóxica completa. Facilitaráselles ós interesados o correspondente informe, que será confidencial.

Para o seu ingreso ó traballo, os candidatos seleccionados deberán someterse e supera-las probas médicas correspondentes en cada caso.

En tódalas instalacións fixas da Autoridade Portuaria de Vilagarcía onde preste servicios o persoal suxeito a este convenio, existirán caixas de urxencias completas para primeiros auxilios.

De conformidade coa Lei de prevención de riscos laborais, a Autoridade Portuaria de Vilagarcía realizará as revisións médicas especializadas e específicas ó posto de traballo de conformidade coa avaliación de riscos laborais.

Capítulo VIII

Acción social

Artigo 26º.-Incapacidade temporal.

O traballador que estea en situación de incapacidade temporal percibirá desde o primeiro día desta un complemento con cargo á Autoridade Portuaria, sobre a prestación de Seguridade Social correspondente, ata completa-lo 100 por 100 das súas percepcións, entendéndose por tales o salario base mensual, a antigüidade, o complemento de mobilidade funcional e, se é o caso, o complemento de quendas, o complemento de irregularidade horaria, o com

plemento de xornada partida, o complemento de especial responsabilidade e dedicación e o complemento de calidade, seguridade e prevención de riscos laborais (non se incluirán os incrementos dos complementos a percepción dos cales estea prevista exclusivamente para os supostos de realización efectiva do traballo), ata un máximo de doce meses salvo que, con anterioridade ó transcurso do dito prazo, se produza resolución expresa do INSS, na que se declare prorrogada a situación de incapacidade temporal. Neste caso, o prazo máximo de duración será de dezaoito meses.

Co fin de reduci-lo posible absentismo, se na Autoridade Portuaria o índice de absentismo no ano anterior foi do 5 por 100 ou máis, na segunda incapacidade temporal e sucesivas derivadas de enfermidade común ou accidente non laboral, que se puidesen producir durante o ano, salvo que medie hospitalización, o traballador percibirá este complemento a partir do sexto día. Para os efectos de establece-lo absentismo global aplicarase o disposto no artigo 52 d) do Estatuto dos traballadores.

O traballador será privado deste complemento, sen prexuízo doutras sancións que procedan, se se comprobase que a incapacidade temporal é finxida ou maliciosamente provocada.

No control do absentismo colaborarán os representantes dos traballadores.

Artigo 27º.-Préstamos reintegrables.

Para atender necesidades urxentes de índole persoal ou familiar, que non admitan demora, que estean debidamente xustificadas, e sempre que se dispuxese para ese fin orzamento no plan de empresa da Autoridade Portuaria, respectándose en todo caso a orde de petición, establécese a concesión a favor dos traballadores rexidos polo presente convenio, a posibilidade de obter préstamos en contía de ata 1.000.000 de pesetas (6.010,12 A), reintegrables nun prazo máximo de 36 meses que se descontarán, na proporción que resulte, da súa nómina de haberes mensuais.

Estes préstamos, que non devengarán ningún xuro, deberán solicitarse xuntándolle á petición a documentación acreditativa e demais medios de proba necesarios para a súa concesión. En ningún caso se concederá ningún préstamo sen a previa amortización do anterior.

En caso de extinción, por calquera motivo, da relación laboral do traballador coa Autoridade Portuaria, deberá liquidar totalmente o saldo pendente de amortización do préstamo, ou no seu defecto, negociar coa Autoridade Portuaria un novo período de amortización devengando xuros de mercado.

Artigo 28º.-Fondos de pensións.

As partes comprométense, a partir da sinatura deste convenio, a estudia-la viabilidade de establecer un plan de pensións que, de se-lo caso, se constituirá con contribucións da Autoridade Portuaria de Vila

garcía e dos traballadores, dentro dos límites salariais aprobados pola CECIR.

Capítulo IX

Estructura salarial

Artigo 29º.-Complementos salariais.

A) Complementos de posto de traballo:

Enténdese por complementos de posto de traballo aqueles que percibe o traballador por razón das características do posto de traballo ou da forma de realiza-la súa actividade profesional, que comporte conceptuación distinta do traballo corrente.

Estes complementos son de índole funcional e a súa percepción depende exclusivamente do exercicio da actividade profesional no posto asignado, polo que non terá carácter consolidable.

1. Complemento de embarque ou axuda de comida.

Os traballadores que por necesidades do servicio e orde dos seus superiores teñan que realiza-lo seu traballo a bordo de embarcacións ou noutras instalacións do servicio asimilables a aquelas, en circunstancias que lles impidan pasa-la noite na súa residencia ou realiza-las súas comidas principais no sitio en que normalmente as efectúa, sexa este a súa casa ou lugar habitual de traballo, percibirán unha axuda de comida para persoal embarcado (complemento de embarque) nas seguintes condicións:

a) Se pernoitan e realizan as dúas comidas principais nas condicións sinaladas no parágrafo anterior, o importe do complemento será o que se fixa no anexo III.

b) Se realizan as dúas comidas principais, percibirán o 80 por 100 dese complemento.

c) Se realizan unha soa comida principal, percibirán o 50 por 100 dese complemento.

Para estes efectos, non corresponderá ningunha indemnización cando as comidas as facilite gratuitamente a Autoridade Portuaria de Vilagarcía, salvo que pernoiten, caso no que percibirán o 20 por 100 do complemento de embarque.

2. Complemento de inmersión.

Todo o persoal que, coa titulación adecuada para os traballos que deba realizar, os efectúe en inmersión, recibirá un complemento coa contía que se fixa no anexo III, e compensará o tempo realmente traballado co 25 por 100 en tempo de descanso.

3. Complemento de quendas.

A) Complemento de tres quendas:

Cando os traballadores, pola natureza da actividade que desenvolven, teñan que traballar en quendas rotatorias de mañá-tarde-noite, durante as vintecatro horas do día, incluídos domingos e festivos, percibirán un complemento na contía establecida no anexo III, modalidade A, incrementada en 4.555 pesetas (27,38 A) por cada domingo ou festivo efectivamente traballado.

Para poder percibir esta modalidade deberán traballarse máis de 8 festivos e 11 nocturnos en cómputo cuadrimestral ou 33 festivos e 43 nocturnos en cómputo anual.

B) Complemento de dúas quendas:

Cando os traballadores estean incluídos no sistema de quendas rotatorias de mañá e tarde tódolos días laborables percibirán un complemento na contía establecida no anexo III, modalidade B.

A percepción do complemento de quendas en calquera das súas modalidades será incompatible con:

-Complemento de xornada partida.

-Complemento de irregularidade horaria.

-Complemento de especial responsabilidade e dedicación.

-O complemento de quendas na modalidade A) é incompatible coa nocturnidade.

4. Complemento de xornada partida.

Percibirán o complemento de xornada partida aqueles traballadores que habitual e efectivamente realicen tal horario, na contía que aparece no anexo III.

A percepción do complemento de xornada partida absorberá toda axuda de comida que ata a data se viñese percibindo.

O complemento de xornada partida é incompatible con:

-Complemento de especial responsabilidade e dedicación.

-Complemento de irregularidade horaria.

-Complemento de quendas.

5. Complemento de irregularidade horaria.

Terán dereito á percepción deste complemento todos aqueles traballadores adscritos ós seguintes postos:

-Técnicos mecánicos de sinais marítimos.

-Conserxes.

-Conductores (de presidencia e dirección).

-Persoal de talleres (xefes de equipo, oficiais e axudantes);

Que, por circunstancias inherentes ós seus respectivos postos de traballo requiran, a xuízo da presidencia, someterse a total dispoñibilidade sen suxeición ó horario regular, na contía que aparece no anexo III.

Este complemento será incompatible cos seguintes complementos:

-Complemento de especial responsabilidade e dedicación.

-Complemento de flexibilidade horaria.

-Complemento de xornada partida.

-Complemento de quendas.

B) Complementos por calidade ou cantidade de traballo, productividade:

O complemento de productividade retribuirá o especial rendemento, a actividade e a dedicación extraordinaria, o interese ou iniciativa con que se desempeñen os postos de traballo, sempre que redunden en mellora-lo seu resultado.

A valoración da productividade realizarase en función de circunstancias relacionadas directamente co desempeño do posto de traballo e a consecución dos resultados ou obxectivos a el asignados.

O dereito ó devengo desta modalidade de complementos lígase á permanencia das circunstancias que determinasen o seu recoñecemento inicial, decaendo en tal dereito o perceptor no momento en que se constate a desaparición de tales circunstancias, excepto o complemento de mobilidade funcional regulado no I convenio marco que, por ter carácter estructural, é de asunción obrigatoria. En ningún caso, por tanto, as contías asignadas por complemento de productividade durante un período de tempo, a excepción do mencionado complemento, orixinarán ningún dereito individual respecto das valoracións ou apreciacións correspondentes a períodos sucesivos.

1. Complemento de flexibilidade horaria.

O obxectivo deste complemento é compensar a aquel persoal que realice efectivamente traballos fóra do seu horario habitual. A flexibilidade horaria enténdese como a asistencia ó posto de traballo fóra do horario establecido por circunstancias diversas (remate de buque, avaría, traballos urxentes, etc.). En ningún caso poderá realizar máis de dúas horas diarias o mesmo traballador.

Cando a flexibilidade leve consigo modificacións no horario regular sen supera-las trinta e sete horas e media, en cómputo cuadrimestral, percibirase o complemento na súa modalidade A, e se superase as trinta e sete horas e media, en cómputo cuadrimestral, percibirase o mencionado complemento de flexibilidade na súa modalidade B, segundo consta no anexo 3.

Este complemento é incompatible con:

-Nocturnidade.

-Festivos.

-Complemento de especial responsabilidade e dedicación.

-Complemento de irregularidade horaria.

-Horas extraordinarias.

2. Complemento por cambio que quenda.

A compensación por cambio de quenda está dirixida a todo aquel persoal que desenvolva o seu traballo en réxime de quendas, co obxecto de compensar

economicamente o efectivo cambio de quenda por necesidades do servicio.

A permanencia na quenda a que se cambie non xerará dereito ó devengo deste complemento. Será de pagamento único cada vez que se cambie de quenda habitual, non considerándose cambio a volta ó seu cuadrante. Os cambios de quenda non superarán os 12 ó ano por traballador nin os sete días consecutivos en cada cambio. En ningún caso os cambios de quenda suporán traballar máis de corenta e catro festivos nin sesenta e seis nocturnos en cómputo anual.

A contía económica será de dúas veces o valor unitario correspondente a unha hora da modalidade B do complemento de flexibilidade horaria para cada nivel.

3. Complemento de especial responsabilidade e dedicación.

O obxectivo deste complemento será compensar a aqueles traballadores cuns postos de traballo que, tendo o carácter de xestión, mando, confianza e/ou xefatura e sempre que non deban realizarse en réxime de quendas, leven implícito nas súas funcións un elevado grao de responsabilidade e de toma de decisión, así como unha dispoñibilidade absoluta ás necesidades do servicio, sendo fixadas estas circunstancias pola presidencia do ente público. A súa contía queda fixada no anexo III deste convenio.

Este complemento asignarase a:

-Os postos de niveis 11 e 12.

-As/os secretarias/os de presidentes.

Así mesmo, o presidente da Autoridade Portuaria poderá asignar este complemento, sempre que concorran as circunstancias esixidas para o seu recoñecemento, ós postos que se detallan a continuación:

-Os postos de niveis 9 e 10.

Este complemento será incompatible cos seguintes:

-Complemento de flexibilidade horaria.

-Complemento de xornada partida.

-Complemento de quendas.

-Complemento de irregularidade.

4. Complemento de calidade, seguridade e prevención de riscos laborais.

Este complemento retribúe o compromiso de tódolos traballadores de participaren activamente nos procesos de mellora derivados do desenvolvemento e implantación do plan de calidade e consecución de obxectivos fixados no plan de empresa, así como a modificación nos sistemas de organización do traballo derivada da implantación de novas tecnoloxías e do desenvolvemento do plan de formación, plan de calidade, seguridade e prevención de riscos laborais, cos conseguintes incrementos da productividade que isto implica.

Por outra parte, o persoal afecto a este convenio comprométese a asistir obrigatoriamente ós cursos de formación dentro do horario de traballo e fóra deste, se se considera por parte da comisión de formación a súa obrigatoriedade, computándose como horario efectivo de traballo.

Este complemento comezará a devengarse desde xaneiro de 2001 e unha vez sexa autorizado pola CECIR, na contía establecida no anexo III.

Disposición adicional

Polo carácter público desta Autoridade Portuaria, este convenio colectivo está sometido ó establecido na normativa laboral e orzamentaria, requiríndose para a súa validez a previa autorización da CECIR (Lei xeral orzamentaria).

Disposición transitoria

A mesa negociadora do presente convenio colectivo encoméndalle á súa comisión de vixilancia e interpretación, as revisións salariais anuais durante a vixencia deste. Para o ano 1999 considérase pechada a revisión salarial efectuada no seu día, e que corresponde ás táboas salariais de complementos de postos de traballo que figuran publicadas no I Convenio Marco de Relacións Laborais de Portos do Estado e Autoridades Portuarias.

Os trámites desta revisión iniciaranse por instancia de calquera das partes, e quedarán supeditados á finalización das negociacións establecidas na disposición transitoria primeira do I Convenio Marco de Relacións Laborais de Portos do Estado e Autoridades Portuarias.

Disposición derradeira

Única-Normativa aplicable.-Para todo o non previsto no I Convenio Marco de Relacións Laborais de Portos do Estado e Autoridades Portuarias e neste convenio colectivo, será de aplicación o Estatuto dos traballadores e demais leis e disposicións regulamentarias en vigor.

Disposición derrogatoria

A partir da entrada en vigor do presente convenio colectivo, queda derrogado e substituído o I Convenio Colectivo de Portos do Estado e Autoridades Portuarias.

ANEXO I

Titulacións mínimas para ingresos

e promoción profesional

1. Ingresos.

Niveis 1 e 2: esíxese como requisito acredita-la posesión do título de graduado escolar ou equivalente.

Niveis 3 ó 6: esíxese como requisito acredita-la posesión do título de FP1 ou equivalente.

Niveis 7 ó 10: esíxese como requisito acredita-la posesión do título de FP2, BUP, COU ou equivalente.

Niveis 11/12: esíxese como requisito acredita-la posesión de titulación de grao superior (licenciaturas, diplomaturas, enxeñerías técnicas ou equivalente).

2. Promoción profesional.

Niveis 1 ó 4: a posesión do título de graduado escolar ou equivalente garante poder optar a postos ata nivel 4 do convenio.

Niveis 5 ó 8: a posesión do título de FP1 ou equivalente garante poder optar a postos ata o nivel 8 do convenio.

Niveis 9 ó 10: a posesión do título de FP2, BUP, COU ou equivalente garante poder optar a postos ata o nivel 10 do convenio.

Niveis 11/12: a posesión dun título de grao superior (licenciaturas, diplomaturas, enxeñerías técnicas ou equivalente), garante poder optar a postos ata o nivel 12 do convenio.

Enténdese por equivalente calquera titulación que veña substituí-las anteriormente mencionadas, segundo a nova ordenación académica establecida pola Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (LOXSE).

Transitoriamente, e durante a vixencia deste convenio, entenderase así mesmo por equivalente, nos supostos de FP1 e FP2, a superación daqueles exames e méritos teóricos prácticos que se determinen. Este suposto só afectará nos casos de promoción profesional e para aqueles traballadores fixos con anterioridade ó 1 de xaneiro de 1993.

ANEXO II

Sistema de provisión de postos de traballo

Considérase requisito indispensable para participar nunha convocatoria pública de provisión de postos, acredita-la posesión da titulación mínima que se describe no anexo I para o posto convocado.

Establécese como regra xeral o seguinte baremo:

-70% de aptitude profesional como mínimo.

-20% de méritos profesionais como máximo, relativos ó posto que se opta.

-10% de circunstancias persoais como máximo.

1. Aptitude profesional:

Estableceranse en xeral como probas de aptitude as seguintes:

-Proba teórica.

-Proba práctica.

-Proba física.

-Test psicotécnico.

-Entrevista co tribunal cualificador.

As probas teóricas e prácticas puntúanse nunha escala de 1 a 10 puntos, debéndose superar cada

unha delas cun mínimo de 5. Así mesmo, as puntuacións obtidas no resto das probas e entrevistas deberán ser normalizadas a unha escala de 10, sendo imprescindible superalas cunha puntuación superior a 5.

2. Concurso de méritos:

Estableceranse en xeral como méritos os seguintes:

-Experiencia profesional.

-Méritos académicos adicionais.

-Idiomas.

-Galego.

3. Circunstancias persoais:

Entenderase por especiais características persoais do candidato aquelas relacionadas coa súa personalidade ou circunstancias que poidan afecta-lo desempeño laboral no posto de traballo ó que opte.

ANEXO III

Táboa salarial ano 2000

Complementos de posto de traballo.

1. Complemento de embarque: 3.250 ptas./día, 19,53 A/día.

2. Complemento de inmersión: 650 ptas./hora, 3,91 A/hora.

3. Complemento de quendas:

NivelModalidade

A (ptas./mes)B (ptas./mes)

1023.27010.620

923.27010.620

820.8309.545

719.4908.910

618.0458.275

517.4058.015

417.2507.870

316.9407.785

216.7507.695

116.4557.525

NivelModalidade

A (euros/mes)B (euros/mes)

10139,8663,83

9139,8663,83

8125,1957,37

7117,1453,55

6108,4549,73

5104,6148,17

4103,6847,30

3101,8146,79

2100,6746,25

198,9043,30

Na modalidade A as contías correspondentes incrementaranse en 4.555 pesetas (27,38 A) por cada domingo ou festivo efectivamente traballado.

4. Complemento de xornada partida:

NivelPesetas/mes

1023.850

922.150

820.440

718.745

617.425

516.580

416.045

315.730

215.560

115.385

NivelEuros/mes

10143,34

9133,12

8122,85

7112,66

6104,73

599,65

496,43

394,54

293,52

192,47

5. Complemento de irregularidade horaria:

NivelPesetas/mes

1033.465

933.465

833.465

730.730

629.330

529.330

421.945

321.945

221.945

121.945

NivelEuros/mes

10201,13

9201,13

8201,13

7184,69

6176,28

5176,28

4131,89

3131,89

2131,89

1131,89

Complementos por calidade ou cantidade de traballo ano 2000.

1. Complemento de flexibilidade horaria:

NivelModalidade

A (ptas./hora)B (ptas./hora)

101.0752.535

91.0302.390

89152.125

78451.990

68101.900

57651.775

47601.760

37451.730

27401.715

17251.685

NivelModalidade

A (euros/hora)B (euros/hora)

106,4615,24

96,1914,36

85,5012,77

75,0811,96

64,8711,42

54,6010,67

44,5710,58

34,4810,40

24,4510,31

14,3610,13

Complemento festivo (art. 17): 5.500 ptas./día (33,06 A/día).

2. Complemento de especial responsabilidade e dedicación:

NivelPesetas/mes

1243.890

1141.700

1039.500

936.210

NivelEuros/mes

12263,78

11250,62

10237,40

9217,63

Táboa salarial ano 2001

Complementos de posto de traballo.

1. Complemento de embarque: 3.315 ptas./día, 19,92 A/día.

2. Complemento de inmersión: 665 ptas./hora, 4 A/hora.

3. Complemento de quendas:

NivelModalidade

A (ptas./mes)B (ptas./mes)

1023.73510.830

923.73510.830

821.2459.735

719.8809.090

618.4058.440

517.7558.175

417.5958.025

317.2807.940

217.0857.850

116.7857.675

NivelModalidade

A (euros/mes)B (euros/mes)

10142,6565,09

9142,6565,09

8127,6958,51

7119,4854,63

6110,6250,73

5106,7149,13

4105,7548,23

3103,8547,72

2102,6847,18

1100,8846,13

Na modalidade A as contías correspondentes incrementaranse en 4.645 pesetas (27,92 A) por cada domingo ou festivo efectivamente traballado.

4. Complemento de xornada partida:

NivelPesetas/mes

1024.325

922.595

820.850

719.120

617.775

516.910

416.365

316.045

215.870

115.695

NivelEuros/mes

10146,20

9135,80

8125,31

7114,91

6106,83

NivelEuros/mes

5101,63

498,36

396,43

295,38

194,33

5. Complemento de irregularidade horaria:

NivelPesetas/mes

1034.135

934.135

834.135

731.345

629.915

529.915

422.385

322.385

222.385

122.385

NivelEuros/mes

10205,16

9205,16

8205,16

7188,39

6179,79

5179,79

4134,54

3134,54

2134,54

1134,54

Complementos por calidade ou cantidade de traballo ano 2001.

1. Complemento de flexibilidade horaria:

NivelModalidade

A (ptas./hora)B (ptas./hora)

101.0952.585

91.0502.440

89352.170

78602.030

68251.940

57801.810

47751.795

37601.765

27551.750

17401.720

NivelModalidade

A (euros/hora)B (euros/hora)

106,5815,54

96,3114,66

85,6213,04

75,1712,20

64,9611,66

54,6910,88

44,6610,79

34,5710,61

24,5410,52

14,4510,34

Complemento festivo (art. 17): 5.610 ptas./día (33,72 A/día).

2. Complemento de especial responsabilidade e dedicación:

NivelPesetas/mes

1244.770

1142.535

1040.290

936.935

NivelEuros/mes

12269,07

11255,64

10242,15

9221,98

3. Complemento de calidade, seguridade e prevención de riscos laborais:

Este complemento comezará a devengarse desde xaneiro de 2001 e unha vez sexa autorizado pola CECIR.

NivelPesetas/mes

124.400

114.300

104.200

94.100

84.000

73.900

63.800

53.700

43.600

33.500

23.400

13.300

NivelEuros/mes

1226,44

1125,84

1025,24

924,64

824,04

723,44

622,84

522,24

421,64

321,04

220,43

119,83

Táboa salarial ano 2002

Complementos de posto de traballo.

1. Complemento de embarque: 3.380 ptas./día, 20,31 A/día.

2. Complemento de inmersión: 680 ptas./hora, 4,09 A/hora.

3. Complemento de quendas:

NivelModalidad

A (ptas./mes)B (ptas./mes)

1024.21011.045

924.21011.045

821.6709.930

720.2809.270

618.7758.610

518.1108.340

417.9458.185

317.6258.100

217.4258.005

117.1207.830

NivelModalidade

A (euros/mes)B (euros/mes)

10145,5166,38

9145,5166,38

8130,2459,68

7121,8955,71

6112,8451,75

5108,8450,12

4107,8549,19

3105,9348,68

2104,7348,11

1102,8947,06

Na modalidade A as contías correspondentes incrementaranse en 4.740 pesetas (28,49 A) por cada domingo ou festivo efectivamente traballado.

4. Complemento de xornada partida:

NivelPesetas/mes

1024.810

923.045

821.265

719.500

618.130

517.250

416.690

316.365

216.185

116.010

NivelEuros/mes

10149,11

9138,50

8127,81

7117,20

6108,96

5103,67

4100,31

398,36

297,27

196,22

5. Complemento de irregularidade horaria:

NivelPesetas/mes

1034.820

934.820

834.820

731.970

630.515

530.515

422.835

322.835

222.835

122.835

NivelEuros/mes

10209,27

9209,27

8209,27

7192,14

6183,40

5183,40

4137,24

3137,24

2137,24

1137,24

Complementos por calidade ou cantidade de traballo ano 2002.

1. Complemento de flexibilidade horaria:

NivelModalidade

A (ptas./hora)B (ptas./hora)

101.1152.635

91.0702.490

89552.215

78752.070

68401.980

57951.845

47901.830

37751.800

27701.785

17551.755

NivelModalidade

A (euros/hora)B (euros/hora)

106,7015,84

96,4314,97

85,7413,31

75,2612,44

65,0511,90

54,7811,09

44,7511,00

34,6610,82

24,6310,73

14,5410,55

Complemento festivo (art. 17): 5.720 ptas./día (34,38 A/día).

2. Complemento de especial responsabilidade e dedicación:

NivelPesetas/mes

1245.665

1143.385

1041.095

937.675

NivelEuros/mes

12274,45

11260,75

10246,99

9226,43

3. Complemento de calidade, seguridade e prevención de riscos laborais:

Este complemento comezará a devengarse desde xaneiro de 2001 e unha vez sexa autorizado pola CECIR.

NivelPesetas/mes

124.490

114.385

104.285

94.180

84.080

73.980

63.875

53.775

43.670

33.570

23.470

13.365

NivelEuros/mes

1226,99

1126,35

1025,75

925,12

824,52

723,92

623,29

522,69

422,06

321,46

220,86

120,22