Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 10 de outubro de 2002 Páx. 14.567

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (10/2001).

María Socorro de Álvaro Prieto, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, certifico que nos autos seguidos neste xulgado por instancia de Eva María Jiménez Borja, contra José Antonio Muñoz Jiménez, sobre demanda de divorcio número 10/2001, se dictou sentencia do 2 de xaneiro de 2002, e para a súa notificación ó demandado rebelde, acordouse expedi-lo seguinte edicto:

Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña.

Procedemento de divorcio non consensuado número 10/2001

Sentencia. Na Coruña, 2 de xaneiro de 2002. Vistos por Ángel Barrallo Sánchez, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez dos da Coruña e o seu partido, estes autos de divorcio, seguidos neste xulgado co número 10/2001, por instancia de Eva María Jiménez Borja, representada polo procurador sr. Iglesias Ferreiro e defendida pola letrada sra. Rúa Souto, sendo parte demandada José Antonio Muñoz Jiménez, declarada en situación legal de rebeldía, e sendo parte o Ministerio Fiscal.

Decido que estimando a demanda interposta polo procurador Fernando Iglesias Ferreiro, debo declarar e declaro a disolución por divorcio do matrimonio constituído por José Antonio Muñoz Jiménez e Eva María Jiménez Borja, celebrado na Coruña o 3 de maio de 1986, cos efectos legais que isto implica.

E debo acordar e acordo:

1. Atribuírlle á nai a garda e custodia dos fillos Yolanda e Andrea.

2. Exercer ámbolos proxenitores, conxuntamente, a patria potestade.

3. Deixar para execución de sentencia o establecemento dun réxime de visitas a favor do interpelado, no caso de que o solicite.

4. Fixar en 30.000 pesetas mensuais, mailo incremento do índice de prezos ó consumo correspondente ó período de xullo 1999-decembro 2000, o que se concretará en execución de sentencia, a cantidade que o demandado lle aboará á demandante, en concepto de alimentos para as fillas; cantidade que lle aboará por mensualidades anticipadas e dentro dos cinco primeiros días de cada mes, na conta que a demandante designe e que será actualizada anualmente, con efectos do 1 de xaneiro a partir do ano 2003, de acordo coas variacións que experimente o IPC.

Sen imposición de custas.

Notifíqueselle ó demandado rebelde, José Antonio Muñoz Jiménez, na forma legalmente prevista.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de apelación que se interporá por escrito perante este mesmo xulgado no prazo de cinco (5) días desde a súa notificación.

Unha vez firme esta resolución, comuníqueselle ó Rexistro Civil correspondente, para os efectos de practica-las anotacións pertinentes.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e sirva de notificación ó demandado rebelde José Antonio Muñoz Jiménez, expido este edicto na Coruña o 17 de setembro de 2002.

A secretaria xudicial

Rubricado