Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 10 de outubro de 2002 Páx. 14.567

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

CÉDULA de citación (61/2001-SU).

María del Socorro de Álvaro Prieto, secretaria substituta do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, dá fe de que nos autos de proposta de adopción que se seguen neste xulgado co número 61/2001, se acordou a citación de María Teresa

Iglesias Gómez, mediante a publicación da seguinte cédula de citación:

En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu partido, en resolución desta data, nos autos de proposta de adopción número 61/2001 que se seguen neste xulgado, acordouse citar a María Teresa Iglesias Gómez, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que o día oito de novembro ás 10 horas, compareza neste xulgado para a práctica de dilixencias, prevíndoa de que de non verificalo, recaerán sobre ela os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

Na Coruña o doce de setembro de dous mil dous.

E para que conste e sirva de cédula de citación, expido este edicto que asino na Coruña o doce de setembro de dous mil dous.

A secretaria

Rubricado