Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 10 de outubro de 2002 Páx. 14.566

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DOUS DA CORUÑA

EDICTO (375/2001).

Domingo Villafáñez García, secretario do Xulgado de Primeira Instancia número dous da Coruña.

Fai saber: que neste xulgado e co número 375/2001-AL, se seguen autos de xuízo ordinario entre as partes que logo se dirán, nos que se dictou sentencia que ten como encabezamento e decisión o teor literal seguinte:

«Sentencia.

Na Coruña, vintesete de maio de dous mil dous. Vistos pola maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número dous da Coruña, María del Carmen Gámiz Valencia, os presentes autos de xuízo ordinario seguidos co número 375/2001, por instancia de Yolanda Quintela Candal, maior de idade, veciña da Coruña, con domicilio na rúa Comercial Hércules, número 7-1º dereita, representada polo procurador dos tribunais José Antonio Castro Bugallo, co enderezo do letrado Antonio Abuín Porto, contra José Luis García Domínguez, maior de idade, veciño de Santiago de Compostela, con domicilio na rúa Santiago de Chile, número 16, 3º A, en rebeldía; contra Génesis Seguros Generales, S.A., de seguros e reaseguros, con domicilio no Paseo das Doce Estrelas, 4-4ª planta, Campo das Nacións, Madrid, representada polo procurador dos tribunais José Manuel del

Río Sánchez, co enderezo do letrado José Carlos Muíño Míguez; contra Manuel Rodríguez Corral, en ignorado paradoiro e en rebeldía; e contra Agrupación Mutual Aseguradora; con domicilio en rúa Salvador de Madariaga, número 66, A Coruña, representada pola procuradora dos tribunais Paloma Rodríguez Puente, co enderezo da letrada María Dolores Vasallo Rapela; versando a litis sobre acción de responsabilidade extracontractual.

Decido: que estimando en parte a demanda interposta por Yolanda Quintela Candal, representada polo procurador dos tribunais José Antonio Castro Bugallo, contra José Luis García Domínguez, Génesis Seguros Generales, S.A., de seguros e reaseguros, Manuel Rodríguez Corral e Agrupación Mutual Aseguradora, debo condenar e condeno os referidos demandados a que conxunta e solidariamente aboen á demandada a cantidade de dous mil cento sete euros con noventa e oito céntimos (2.107,98 euros), a cal devengará con cargo exclusivamente ás entidades aseguradoras Génesis e A MA, o xuro previsto no artigo 20 da Lei de contrato de seguro desde a data do accidente o día 21 de agosto de 2000, debendo cada parte aboa-las custas causadas pola súa instancia e as comúns por metade.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, con indicación de que contra esta se pode interpor recurso de apelación para ante a audiencia provincial, no termo de cinco días hábiles contados desde o seguinte ó da súa notificación que deberá presentarse ante este xulgado por medio de escrito que se limitará a cita-la resolución apelada e a manifesta-la vontade de recorrer con expresión dos pronunciamentos que impugna, na forma prevista no artigo 457 da Lei de axuizamento civil. Así, por esta miña sentencia, que será arquivada no libro de sentencias deste xulgado, e da que se levará testemuño ós autos, definitivamente xulgando, nesta instancia, o pronuncio, o mando e o asino.

Asinado: María del Carmen Gámiz Valencia».

E para que conste e sirva de notificación da anterior sentencia ó demandado rebelde Manuel Rodríguez Corral, en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto na Coruña, vintesete de maio de dous mil dous.

O secretario

Rubricado