Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 10 de outubro de 2002 Páx. 14.568

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación (371/2002).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 371/2002, por instancia de Carmen Velo Velo contra Establecimientos ECSA, S.L. e outras, sobre resolución de contrato, nos que recaeu sentencia, con data do 10-9-2002, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Que estimando a demanda formulada por Carmen Velo Velo, declaro extinguida a relación laboral que a unía coa empresa Establecimientos ECSA, S.L. na data da presente resolución, condenando a empresa citada a que a indemnice coa cantidade de 3.846,32 euros.

Condeno a intervención xudicial da empresa e o Fondo de Garantía Salarial a estar e pasar pola presente declaración.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anun

cialo previamente ante este xulgado, no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ó da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, do que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Establecimientos ECSA, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 11 de setembro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado