Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 10 de outubro de 2002 Páx. 14.568

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 13 de setembro de 2002, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relaciona resolución de solicitude de declaración de prescrición pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Construcciones Salnés, S.L.).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase resolución de solicitude de declaración de prescrición pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo servicio de recadación da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Pontevedra en aplicación da Lei xeral tributaria 230/1963, pola que se regulamenta a prescrición dos actos administrativos de natureza tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante da secretaría desta delegación, con enderezo na rúa Michelena 30 Pontevedra, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 13 de setembro de 2002.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

-Interesado:

Construcciones Salnés, S.L.

NIF: B-36032803.

R/ Campos, 32, O Grove.-Procedemento:

Solicitude de declaración de prescrición.

Expte.: 90/88- OO.LL. Cambados.

Liq.: 980013137.

Providencia: 98360260900.