Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 04 de outubro de 2002 Páx. 14.406

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a iniciación do dereito de audiencia nos expedientes sancionadores na orde social 606, 607 e 637/2002.

Non sendo atopados no enderezo coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.5º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, durante o que poderán exerce-lo dereito de audiencia do expediente, previo á resolución nesta Delegación Provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Coruña, todo isto segundo o establecido no artigo 18.2º do R.D. 928/1998, do 14 de maio.

Expediente nº: 606/2002.

Acta inf. nº 680/2002.

Empresa: Grupo Goncasse, S.L.

NIF/DNI: B-15549322.

Enderezo: r/ Asunción, nº 2 baixo-Meicende (Arteixo).

Materia: seguridade e hixiene.

Proposta de sanción: 3.005,08 A.

Resumo da acta de infracción:

En visita do 13-12-2001 a empresa de referencia non dispoñía no centro de traballo da preceptiva organización dos recursos necesarios para o desenvolvemento da actividade preventiva; e tampouco estaba elaborada a preceptiva avaliación de riscos.

Vulnéranse os artigos 14, 16, 30 e 31 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, e os artigos 3, 4, 5, 10 e 16 do R.D. 39/1997.

Aprécianse dúas faltas graves en grao mínimo, tipificadas e sancionables de conformidade cos artigos 12.15º, 12.16º e 39, respectivamente, do R.D.L. 5/2000, do 4 de agosto.

Expediente nº: 607/2002.

Acta inf. nº 681/2002.

Empresa: Grupo Goncasse, S.L.

NIF/DNI: B-15549322.

Enderezo: r/ Asunción, nº 2 baixo-Meicende (Arteixo).

Materia: obstrucción.

Proposta de sanción: 3.005,08 A.

Resumo da acta de infracción:

En visita do 13-12-2001 ó centro de traballo de referencia deixouse citación para que a empresa achegase documentación con data do 17-12-2001. Na data sinalada non se presentou a documentación nin ningunha comunicación da empresa xustificando a causa da incomparecencia. Remitiuse nova citación á empresa, sendo esta devolta polo servicio de correos. Con data do 21-2-2002 realizouse nova visita ó centro de traballo e solicítase de novo a documentación. Con data do 26-2-2002 comparece na Inspección de Traballo un representante da empresa achegando unicamente o libro de visitas, no que aparece o centro de traballo cun enderezo diferente ó visitado pola inspección, e manifesta que o que se menciona no libro está pechado. Requírese para que presente o resto da documentación con data do 5-3-2002, non presentándose o empresario nin o representante, sen xustifica-la incomparecencia nin achega-la documentación solicitada.

Corrección de erros:

En aplicación do artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, que permite emendar en calquera momento os erros materiais ou de feito da Administración, corríxese a norma que regula a sanción proposta, que é o R.D.L. 5/2000, do 4 de agosto, recompilatorio da normativa anterior (e da Lei 8/1988, do 7 de abril, citada na acta).

Vulnéranse os artigos 11 da Lei 42/1997, do 14 de novembro; artigo 50 do R.D.L. 5/2000, do 4 de agosto.

Falta grave en grao máximo (atendendo á persistencia continuada da conducta obstructora e á manifesta neglixencia ou intencionalidade da empresa), tipificada e sancionable de acordo cos artigos 50 e 39, respectivamente, do R.D.L. 5/2000, do 4 de agosto.

Expediente nº: 637/2002.

Acta inf. nº 588/2002 .

Empresa: Herculsegur, S.A.L.

NIF/DNI: A-15513658.

Enderezo: avda. dos Caídos, 44-46 entreplanta (A Coruña).

Materia: obstrucción.

Proposta de sanción: 1.200 A.

Resumo da acta de infracción:

En visita do 23-1-2002 á empresa de referencia, comprobouse que non efectuara o pagamento dos salarios correspondentes ós meses de outubro, novembro e decembro a varios traballadores. Requírese para que efectúe os ditos pagamentos e que presente xustificante na Inspección de Traballo. Así mesmo, requírese para que elabore a preceptiva avaliación de riscos, presentando tamén o xustificante.

Por correo certificado con xustificante de recepción remítese citación á empresa para que o 3-4-2002 achegue a documentación requirida, a citación foi devolta e na data sinalada non se achegou ningún xustificante.

Vulnéranse os artigos 50 do R.D.L. 5/2000, do 4 de agosto; artigos 5 e 7 da Lei 42/1997, do 14 de novembro.

Falta grave en grao medio, tipificada e sancionable de acordo cos artigos 50, 39 e 40, respectivamente, do R.D.L. 5/2000, do 4 de agosto.

Documentos que figuran nos expedientes:

-Acta de infracción.

-Xustificantes das notificacións.

A Coruña, 23 de setembro de 2002.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provicial da Coruña