Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 04 de outubro de 2002 Páx. 14.407

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2002, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental para unha planta móbil de tratamento de residuos oleosos, promovida por Tradebe, S.A.

En cumprimento do disposto no artigo 5, punto 2º, do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188, do 25 de setembro), e durante o prazo de trinta hábiles días o órgano ambiental someterá o estudio de impacto ambiental ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro.-Someter a información pública, o estudio de impacto ambiental para unha planta móbil de tratamento de residuos oleosos.

Segundo.-Para os devanditos efectos informativos, poranse á disposición dos administrados, exemplares nas seguintes dependencias:

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

* Delegacións provinciais da Consellería de Medio Ambiente das provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

Terceiro.-As alegacións formularanse durante o prazo de trinta (30) días, contados a partir do seguinte día á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2002.

José Luis Díez Yáñez

Director xerente de Calidade e Avaliación

Ambiental