Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 04 de outubro de 2002 Páx. 14.406

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a resolución do expediente sancionador na orde social número 279/2002.

Non sendo atopados nos enderezos coñecidos por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.5º da Lei 30/1992, que foi dictada resolución en relación co seu expediente sancionador informándolle que no prazo dun (1) mes, contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia poden interpoñer recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, segundo o disposto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, de 26 de novembro), advertíndolle que de non ser interposto en tempo e forma, disporá dun mes de prazo para aboa-la multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderá solicitar na propia Delegación Provincial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos no artigo 3 da orde da Consellería de Economía e Facenda do 22-5-1987.

Exp. nº: 279/2002.

Acta nº: 1565/01 (I).

Titular: Urproman, S.L.

NIF/DNI: B-15483696.

Enderezo: Alcalde Pérez Ardá, 14-B-E, A Coruña.

Materia: seguridade e hixiene.

Data res.: 20-6-2002.

Resolución: anulada a proposta de sanción por caducidade do procedemento.

Feitos: con data 7-12-2001 a Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social emitiu acta de infracción contra a empresa da referencia, por vulneración dos arts. 187 da O.M. do 28-8-1970 e 1 e 11 e anexo IV parte C, art. 3 do R.D. 1627/1997, por falta de protección colectiva nunha obra de construcción en Santa Cruz (Oleiros).

Tipificación: falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de acordo cos arts. 12.16º, 39 e 40, respectivamente, do R.D.L. 5/2000, do 4 de agosto, valorando o número de traballadores afectados (4).

A Coruña, 29 de xullo de 2002.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña