Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 04 de outubro de 2002 Páx. 14.404

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2002 pola que se autorizan modificacións nunha granxa mariña situada na Chapela, municipio de Redondela, titularidade de Insuiña, S.L. e se outorga permiso de actividade para a posta en funcionamento e explotación dunha unidade de criadoiro.

Examinado o expediente instruído para efectos de modificación dunha granxa mariña e de outorgamen

to de permiso de actividade para a posta en funcionamento dunha unidade de criadoiro, apreciáronse os seguintes:

A) Feitos.

Primeiro.-Por Orde do 12 de abril de 1999 (DOG do 23 de xuño) outórgaselle permiso de actividade para a posta en funcionamento e explotación dunha granxa mariña na Chapela, Redondela (Pontevedra).

Segundo.-Por Resolución do 6 de abril de 2000, da Dirección Xeral de Recursos Mariños, outórgaselle autorización para o preengorde e engorde de robaliza (Dicentrarchus labrax), así como para o engorde de rodaballo (Psetta maxima) e dourada (Sparus aurata) nesa granxa mariña.

Terceiro.-Por ordes desta consellería do 2 de decembro de 1999 (DOG do 17 de xaneiro de 2000) e do 27 de xullo de 2002 (DOG do 13 de setembro) outorgouse a Insuiña, S.L. autorización para realizar diversas modificacións nas instalacións da granxa mariña da Chapela.

Cuarto.-Mediante escritos de data 22-10-2001 e 22-5-2002 Enrique de Llano Monelos, DNI 32369857-W, no nome e en representación de Insuiña, S.L., CIF B-36021954, solicita autorización para a modificación da granxa mariña da súa titularidade situada na Chapela, municipio de Redondela, co fin de adaptar parte da granxa e dedicala a criadoiro de dourada e linguado.

Quinto.-O interesado achegou a documentación requirida para a tramitación deste tipo de expedientes.

Sexto.-No expediente consta a seguinte documentación:

-Informe do Concello de Redondela.

-Informe técnico biolóxico.

-Informe da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

-Informe xurídico emitido polo Servicio Técnico-Xurídico.

B) Fundamentos de dereito.

Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101), co Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre (DOG nº 142). Orde do 27 de marzo de 2000, pola que se regula o procedemento para o outorgamento do permiso de actividade a establecementos de cultivos mariños e auxiliares na zona terrestre (DOG nº 67).

Examinadas as disposicións citadas, por proposta de resolución da Delegación Territorial de Vigo, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do

procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Autorizar na granxa mariña outorgada por Orde do 12 de abril de 1999 (DOG nº 119, do 23 de xuño), situada na Chapela, municipio de Redondela (Pontevedra), titularidade de Insuiña, S.L. (CIF B-36021954), as seguintes modificacións:

A) Zona que se dedicará a dourada.

* Diminuír unha superficie de 325 m, no primeiro andar da parte oeste, que se dedicará a criadoiro.

* Esa dimininución leva consigo a diminución da superficie de cultivo en 300 m.

B) Zona que se dedicará a linguado.

* Diminuír unha superficie de 136 m que se dedicará a criadoiro.

* A diminución desa superficie non supón a diminución do volume de cultivo.

Segundo.-Outorgar a Insuiña, S.L. (CIF B-36021954) permiso de actividade para a posta en funcionamento e explotación dunha unidade de criadoiro, coas seguintes características:

* Localización: A Chapela, municipio de Redondela (Pontevedra).

* Vixencia: desde o día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 23 de xuño de 2009.

* Dominio público: non ocupa. Toma de auga de mar e desaugadoiros: empregaranse as mesmas que utiliza a granxa mariña.

* Distribución das superficies dedicadas a criadoiro.

A) Zona que se dedicará a dourada.

* Situación: primeiro andar da parte oeste.

* Superficie: 325 m que se corresponde coa superficie diminuída de granxa mariña.

* Distribución das superficies:

* Zona larvaria: 150 m.

* Zona artemia: 50 m.

* Zona rotífero: 75 m.

* Zona microalgas: 25 m.

* Especies: dourada (Sparus aurata).

* Capacidade: 3.000.000 de crías/ano.

B) Zona que se dedicará a linguado.

* Situación: planta baixa.

* Superficie: 136 m que se corresponden coa superficie diminuída.

* Distribución das superficies:

* Zona larvaria: 94,45 m.

* Zona de reproductores: 41,55 m.

* Especies: linguado (Solea solea e Solea senegalensis).

* Capacidade: 1.000.000 de crías/ano.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-A presente autorización non leva consigo ocupación do dominio público, incremento do volume edificable nin da capacidade de producción da granxa mariña, nin modificación da estructura externa da nave autorizada na orde inicial de outorgamento de permiso de actividade, modificada polas ordes do 2 de decembro de 1999 (DOG do 17 de xaneiro de 2000) e do 27 de xullo de 2002 (DOG do 13 de setembro).

Segunda.-As obras e instalacións, que poderán dar comezo no momento no que o titular dispoña das autorizacións preceptivas dos distintos organismos competentes na materia, levaranse a cabo conforme o proxecto presentado por Insuiña, S.L. na Delegación Territorial de Vigo o 22-2-2002 (número de rexistro 2401) elaborado por Jacobo Docal Cabrera, técnico de Insuiña, S.L. titulado Criadero de la granja marina de Chapela e co proxecto titulado Planta cultivo de lenguado, titular Insuiña, S.L., sita en Chapela-ayuntamiento de Redondela elaborado por Jose M. Fouces Díaz e visado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo con data do 13-5-2002. Así mesmo, as ditas obras deberán quedar totalmente finalizadas no prazo de dous anos, contados desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución.

Terceira.-A execución das obras e instalacións farase segundo o disposto no artigo 5 da Orde do 27 de marzo de 2000, pola que se regula o procedemento para o outorgamento do permiso de actividade a establecementos de cultivos mariños e auxiliares na zona terrestre.

Cuarta.-Unha vez finalizadas as obras, o titular deberá comunicar, mediante escrito dirixido á Dirección Xeral de Recursos Mariños, a data de posta en funcionamento, que terá lugar no prazo máximo de tres (3) meses contados desde o día seguinte ó da aprobación do recoñecemento final. O citado prazo poderá ser prorrogado, logo de petición do interesado, sempre que existan razóns que xustifiquen a demora no inicio da explotación.

Quinta.-Se transcorrido o prazo sinalado para a posta en funcionamento, esta non se realizara por causas non xustificadas, a consellería poderá inicia-los trámites para a declaración da caducidade do permiso de actividade.

Sexta.-O establecemento non poderá destinarse a usos distintos dos autorizados. Baixo ningún concepto se poderán modificar as instalacións sen permiso expreso desta consellería.

Sétima.-O permiso de actividade ó que se refire esta resolución extinguirase polo incumprimento dalgunha das condicións desta e nos casos previstos no artigo 72 da Lei 6/1993, de pesca de Galicia, e no Decreto 193/1997, do 5 de xuño.

Oitava.-O outorgamento desta autorización non exime o seu titular da obtención das licencias, permisos e autorizacións legalmente procedentes, esixibles por outros organismos en función das características do establecemento.

Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses, contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada por Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2002.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS