Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 04 de outubro de 2002 Páx. 14.403

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 5 de setembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 7/2002 MAN, por infraccións en materia sanitaria.

Cédula do 5 de setembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 7/2002 MAN, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 15 de xullo de 2002, a delegada provincial da Consellería de Sanidade en Pontevedra

dictou resolución do expediente sancionador 7/2002 MAN, incoado pola delegación provincial da Consellería de Sanidade de Pontevedra.

Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 4 do referido artigo, notifícase a María Mercedes de la Iglesia Vilán para que poida ter coñecemento do seu contido.

Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que a asiste para presentar recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o seguinte ó da publicación desta cédula.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Pontevedra, 5 de setembro de 2002.

Mª Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: nº 7/2002 MAN.

Denunciado: María Mercedes de la Iglesia Vilán.

Último enderezo coñecido: praza Mario Puentes, nº 6, Patos (Panxón), concello de Nigrán (Pontevedra).

Feito denunciado: infraccións en materia sanitaria.

Precepto infrinxido: artigo 2. 2º. 2. do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria.-Artigo 7 do Real decreto 202/2000, do 11 de febreiro, polo que se establecen as normas relativas ós manipuladores de alimentos.

Precepto sancionador: Artigo 35. A) 1ª, 2ª da Lei 14/1986, do 25 de abril, Lei xeral de sanidade.

Sanción imposta: 150 euros.