Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 04 de outubro de 2002 Páx. 14.393

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PONTEAREAS

CÉDULA de notificación (175/2002).

Eu, Henrique Perianes Estévez, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Ponteareas e o seu partido, fago saber que nos autos de xuízo verbal de desafiuzamento número 175/2002 deste xulgado, se dictou sentencia que no seu encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentencia.

Xuíza que a dicta: María Eugenia Manzanares Saavedra.

Lugar: Ponteareas.

Data: vintedous de xullo de dous mil dous.

Parte demandante: Manuel Rodríguez Sobral.

Avogado: Alfredo Rodríguez Varela.

Procurador: José Marcos Benito Varela y García Ramos.

Parte demandada: Sonia Alexandra Pires Faustino, declarada en rebeldía.

Obxecto do xuízo: verbal arrendaticio.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Decido, que estimando integramente a demanda interposta polo procurador Varela y García Ramos, en nome e representación de Manuel Rodríguez Sobral, contra Sonia Alexandra Pires Faustino, rebelde neste procedemento, debo declarar e declaro disolto o contrato de arrendamento celebrado entre os litigantes con data do 16 de maio de 2001, sobre o inmoble sito na rúa Gabino Bugallal, edificio San Benito, piso 3º, de Ponteareas, decreto o desafiuzamento do dito inmoble da demanda e condeno a esta a aboarlle ó demandante a cantidade de mil cincocentos trinta e oito con cincuenta e seis euros (1.538,56 euros), e mailos xuros legais, con expresa condena en custas á demandada.

Modo de impugnación: mediante recurso de apelación perante a Audiencia Provincial de Pontevedra (artigo 455 LAC).

O recurso prepararase por medio de escrito presentado neste xulgado no prazo de cinco días hábiles contados desde o día seguinte da notificación, limitado a cita-la resolución apelada, manifestando a vontade de recorrer, con expresión dos pronunciamentos que impugna (artigo 457.2º LAC).

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de cédula de notificación da sentencia, en legal forma, á demandada Sonia Alexandra Pires Faustino, declarada en rebeldía e en ignorado paradoiro, expídese esta cédula en Ponteareas o trinta e un de xullo de dous mil dous.

O secretario

Rubricado