Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 04 de outubro de 2002 Páx. 14.393

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (543/2002).

Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño, que en autos seguidos perante este Xulgado do Social número dous da Coruña, tramitados baixo o número 543/2002 a instancia de Mercedes Pailos Castro, intervindo o Fogasa contra a empresa Jorge Antonio Fernández Leiro, sobre despido, dictouse a seguinte sentencia:

«Na cidade da Coruña, 10 de setembro de 2002, Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 543/2002, seguidos por instancia de Mercedes Pailos Castro, maior de idade, asistida polo letrado Francisco Valiño Ferreiro, intervindo o Fondo de Garantía Salarial, representado e asistido pola letrada Enma Pérez Díez del

Corral, empresa Jorge Antonio Fernández Leiro, que non compareceu nos autos, sendo o obxecto da reclamación, despido.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por Mercedes Pailos Castro, intervindo o Fogasa, debo declarar e declaro, improcedente o despido efectuado pola empresa Jorge Antonio Fernández Leiro e extinguida a relación laboral, condenando a empresa ó aboamento de 3.755,81 euros en concepto de indemnización.

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta, deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no BBV desta cidade co número de conta 5.603, clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E así mesmo deberá no momento de interpo-lo recurso consignar a cantidade de 150,25 euros en concepto de depósito na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación á empresa Jorge Antonio Fernández Leiro, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, que ten o seu enderezo descoñecido, expido e asino a presente notificación na Coruña, 10 de setembro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado