Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 04 de outubro de 2002 Páx. 14.394

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 13 de setembro de 2002, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relaciona liquidación complementaria pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Laredo Beloso, Carlos).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas

e da orde social, relaciónase liquidación complementaria pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e se empraza o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado pola Oficina Liquidadora de Distrito Hipotecario de Vilagarcía de Arousa, en aplicación do artigo 120 e seguintes e concordantes da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres, ante a oficina sinalada no parágrafo anterior, con enderezo na rúa Alcalde Rei Daviña, 3-1º B e C, Vilagarcía de Arousa.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 13 de setembro de 2002.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

InteresadoProcedemento

Laredo Beloso Carlos

DNI: 35313607-M

R/ Tiro Naval Janer, nº 1-2º C, Marín-Pontevedra

Imposto de transmisións patrimoniais

e actos xurídicos documentados.

Expte.: 2026/2002

Liq.: 600011109160