Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 04 de outubro de 2002 Páx. 14.394

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 13 de setembro de 2002, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relacionan aperturas de trámites de audiencia pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Gallardo Camacho, Mª Dolores e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse aperturas de trámites de audiencia pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado pola Oficina Liquidadora de Distrito Hipotecario de Redondela en aplicación do artigo 22 da Lei 1/1998, do 26 de febreiro, de dereitos e garantías dos contribuíntes.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres, ante a oficina sinalada no parágrafo ante

rior, con enderezo na rúa Casto San Pedro, 1-1º C, Redondela.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 13 de setembro de 2002.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

InteresadoProcedemento

Gallardo Camacho Mª Dolores

DNI: 31295210-F

Estrada Rocamar, nº 15-baixo, Baiona

Imposto de transmisións patrimoniais

e actos xurídicos documentados.

Expte.: 1418/2001

Liq.: 600000112291

Narváez Pérez de Guzmán, Rodrigo

DNI: 06966002-S

Avda. Bruselas, nº 61-3º C, Madrid

Imposto de transmisións patrimoniais

e actos xurídicos documentados.

Expte.: 2006/2001

Liq.: 600000082031