Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 04 de outubro de 2002 Páx. 14.392

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (321/2002).

Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 321/2002 se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«En Carballo, 4 de setembro de 2002.

María D. Rivas Navarro, titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos desta cidade e o seu partido xudicial, vista e oída en xuízo oral e público esta causa de xuízo de faltas por ameazas rexistrada baixo número 321/2002 e tramitada por instancia de José Osinde García en calidade de denunciante contra Marian Camara Yakite en calidade de denunciada, sendo parte o Ministerio Fiscal.

Decido, condeno a denunciada Marian Camara Yakite, autora dunha falta de ameazas á pena de dez día de multa, cunha cota diaria de seis euros, o que fai un total de sesenta euros (60 euros). Esta cantidade deberá ser aboada no prazo de dez días desde a firmeza da presente resolución, prevíndoa de que en caso de non a satisfacer e logo de exacción dos seus bens, quedará suxeita a unha responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade, por cada dúas cotas diarias non satisfeitas, que se poderá cumprir en réxime de arresto de fin de semana, todo iso con expresa condena en custas da denunciada.

Notifíquese esta resolución ás partes, prevíndoas de que non é firme e de que contra ela cabe interpor no prazo de cinco días, recurso de apelación perante este xulgado, que se resolverá pola Audiencia Provincial da Coruña.

Así por esta miña sentencia, da que se expedirá certificación ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación de sentencia a Marian Camara Yakite, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Carballo o nove de setembro de dous mil dous.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE PONTEAREAS