Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 04 de outubro de 2002 Páx. 14.391

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2002, da División de Recursos Humanos, pola que se aproba a relación de prazas que se ofrecen e se citan para o acto de elección de destino os aspirantes seleccionados no concurso-oposición para o ingreso na categoría de persoal de servicios xerais do Servicio Galego de Saúde.

A base oitava da resolución da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde do 20 de marzo de 2001 (DOG nº 63, do 29 de marzo) pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estaturario do Servicio Galego de Saúde, dispón que unha vez recibida pola autoridade convocante a proposta de aspirantes que superaron o concurso-oposición nas categorías correspondentes, procederase á publicación no Diario Oficial de Galicia dunha resolución pola que se aprobe a relación de prazas que se lles ofrecen ós aspirantes seleccionados e se citan estes para o acto de elección de destino.

Recibida neste centro directivo a proposta de aspirantes que superaron o concurso-oposición na categoría de persoal de servicios xerais, procede agora publicar no Diario Oficial de Galicia a oportuna resolución pola que se aproba a relación de prazas que se ofertan e se cita ós aspirantes seleccionados para a elección de destino.

Por todo isto, esta división

ACORDA:

Primeiro.-Aproba-la relación de prazas vacantes que se lles ofertarán ós aspirantes seleccionados no concurso-oposición de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde convocado por resolución da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde do 20 de marzo de 2001 (DOG nº 63, do 29 de marzo) na categoría de persoal de servicios xerais, indicándose as localidades onde se ubican as prazas ofertadas.

As prazas que se ofertan corresponden sempre a prazas básicas da correspondente categoría, co réxime xurídico propio do estatuto correspondente e coa estructura retributiva establecida no Real decreto lei 3/1987, do 11 de setembro, e nas contías vixentes no Servicio Galego de Saúde.

Segundo.-Convócanse tódolos aspirantes seleccionados para que nun único chamamento e acto elixan obrigatoriamente destino definitivo pola orde de puntuación final do respectivo concurso-oposición, con preferencia en favor dos aspirantes que, de se-lo caso, accederan polo sistema de promoción interna.

Só para os efectos de elección de destinos, os aspirantes que superaron o concurso-oposición pola quenda reservada a minusválidos intercalaranse en razón da puntuación total obtida no concurso-opo

sición entre os aspirantes que o superaron polo sistema de acceso libre.

Terceiro.-O acto de elección de destinos celebrarase o día 8 de outubro, ás 10 horas, na Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa Madrid, 2-4 de Santiago de Compostela.

Cuarto.-O dito acto de elección someterase ás seguintes regras:

a) A solicitude que formulen os aspirantes será vinculante e irrenunciable.

b) Deberán comparecer provistos do documento nacional de identidade ou outro documento que concrete de modo fidedigno a súa personalidade.

c) Os aspirantes que non comparezan persoalmente poderán ser representados por terceiras persoas provistas de poder suficiente.

Para este efecto terán a consideración de poder suficiente os poderes notariais ou os poderes outorgados con carácter previo ó acto de elección de destino definitivo ante a División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde ou as direccións de xestión dos seus centros de xestión primaria e especializada, mediante comparecencia expresa do poderante e do apoderado.

d) Os aspirantes seleccionados declararán expresamente que cumpren cos requisitos previstos na base segunda, 1. da convocatoria deste concurso-oposición.

e) Perderán os dereitos derivados da súa participación no concurso-oposición os aspirantes que non soliciten prazas na forma descrita nos puntos anteriores, agás no previsto no punto 5 da citada base oitava da convocatoria para causa de forza maior.

Quinto.-Esta resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos na base décima da convocatoria.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2002.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos

ANEXO

CentrosLocalidade

XAP A Coruña-Ferrol

(Área A Coruña)

A Coruña (10)AbegondoArteixoBergondo

Cabana

Bergantiños

CamariñasCambreCarballo

CeeCesurasCoristancoCulleredo (3)

DumbríaFisterraMalpica (2)Miño

MuxiaOleiros (5)SadaVilasantar

VimianzoZas (2)

FerrolA CapelaAres (2)As Pontes (2)

XAP A Coruña-FerrolFeneMugardosNarón (4)Neda

(Área Ferrol)OrtigueiraPontedeume (4)San SadurniñoCariño

CentrosLocalidade

A BañaAmes (2)Boiro (3)Boqueixón

MazaricosMelideMuros (2)Noia

XAP SantiagoOrdesOutesPadrónPorto do Son

(3)

A Pobra do

Caramiñal (2)

RianxoRibeira (2)Santa Comba

(2)

Santiago de Compostela (8)TeoTordoiaVal do Dubra

AlfozBarallaBóveda (2)Burela

Castro de ReiCervoO CorgoCospeito

FozLourenzáMonforte (2)Muras

XAP LugoOurolPalas de ReiPantónA Pobra de

Brollón

PolRibas de SilRibeira de

Piquín

Riotorto

O SaviñaoTrabadaO ValadouroO Vicedo

Vilalba (2)ViveiroXermade

Ourense (3)Verín (2)Xinzo (2)O Barco de

Valdeorras

Baños de

Molgas

LeiroRubiá de V.Celanova (2)

XAP OurenseA VeigaCarballeda de

Valdeorras

Xunqueira de

Ambía

Padrenda

VianaVilamartín de ValdeorrasA RúaVilamarín

PaderneSan Cristovo

de Cea

MuíñosLaza

AmoeiroTrasmiras

A Cañiza (2)A Guarda (2)ArboAs Neves

XAP Pontevedra-VigoBaiona (2)Gondomar (2)Moaña (2)Mos (2)

(Área Vigo)NigránPonteareasO PorriñoRedondela

SoutomaiorTomiñoTui (2)Vigo (15)

A Estrada (2)BarroBueuCaldas de

Reis (3)

CambadosCampolameiroCatoiraCerdedo

XAP Pontevedra-VigoForcarei (2)LalínMarín (2)Meaño

(Área Pontevedra)MeisPoioPontecaldelasPontevedra (7)

PortasSanxenxoSilledaVila de Cruces

Vilagarcía de

Arousa

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE CARBALLO