A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.
Para cumprir este mandato e despois de emitido informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería
DISPÓN:
Artigo único.
1. Queda aprobado o prezo de venda ó público da publicación editada polo Sergas e que se relaciona no anexo.
2. Este prezo entenderase con IVE incluído.
Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2002.
José María Hernández Cochón
Conselleiro de Sanidade
ANEXO
* Memoria 2001. Servicio Galego de Saúde: 13 euros.