Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 03 de outubro de 2002 Páx. 14.352

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2002 pola que se convocan probas selectivas para a provisión dunha praza de técnico superior de microscopía electrónica.

En cumprimento do disposto nos estatutos desta universidade, aprobados por Resolución do 16 de setembro de 1993 (DOG do 22 de outubro), e co obxecto de atende-las necesidades de persoal de Administración e servicios da Universidade de Vigo.

Este rectorado, en uso das competencias que lle están atribuídas no artigo 75 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, resolve convocar probas selectivas para cubrir unha praza de técnico superior de microscopía electrónica vacante no seu cadro de persoal consonte as seguintes

Bases da convocatoria

1. Normas xerais.

1.1. Convócanse probas selectivas para cubrir con persoal laboral fixo unha praza de técnico superior de microscopía electrónica, do grupo I. A praza ofertarase inicialmente polo sistema de promoción interna e, de non cubrirse, ofertarase polo sistema de acceso xeral libre.

1.2. Os aspirantes só poderán participar nun dos dous sistemas de provisión.

1.3. O procedemento de selección será o de concurso-oposición e constará das fases, probas e cualificacións que se especifican no anexo I.

1.4. O programa que rexerá as probas da fase de oposición é o que se relaciona no anexo II.

1.5. As presentes probas selectivas axustaránse ó disposto na Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, modificada pola Lei 23/1988, do 28 de xullo; á Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 4/1991 e pola Lei 3/1995; ó Real decreto 364/1995, do 10 de marzo; ó Decreto 95/1991, do 20 de marzo; ós estatutos da Universidade de Vigo e o disposto na presente convocatoria.

2. Requisitos dos aspirantes.

2.1. Para seren admitidos á realización das probas selectivas, os aspirantes, con independencia da quenda de acceso, deberán posuír tódolos requisitos esixidos nesta base na data de remate do prazo de presentación de solicitudes e mantelos ata a sinatura do correspondente contrato.

2.2. Requisitos comúns para tódalas quendas de acceso:

a) Ser español ou nacional dun Estado membro da Unión Europea, nacional do Reino de Noruega ou da República de Islandia.

Tamén poderán participar o cónxuxe, descendentes e descendentes do cónxuxe, dos españois e dos nacionais de países membros da Unión Europea, de Noruega ou de Islandia sempre que non estean separados de dereito, menores de 21 anos ou maiores desta idade que vivan ás súas expensas.

b) Ter cumpridos dezaoito anos de idade e non ter alcanzada a idade de xubilación.

c) Estar en posesión do título de licenciado, arquitecto superior, enxeñeiro superior ou titulación equivalente. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberase estar en posesión da credencial que acredite a súa homologación.

d) Ter aboadas as taxas por dereitos de exame.

e) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

f) Non ter sido separado ou estar suspendido do servicio de calquera Administración pública nin inhabilitado para o desempeño da función pública por sentencia firme. Os aspirantes que non teñan nacionalidade española deberán acreditar, igualmente, non estaren sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida no seu Estado o acceso á función pública.

2.3. Os aspirantes que concorran ás probas pola quenda de promoción interna deberán pertencer ó cadro de persoal laboral fixo da Universidade de Vigo e a unha categoría profesional distinta á das prazas obxecto da presente convocatoria.

3. Solicitudes.

3.1. As solicitudes para tomar parte nestas probas selectivas axustaranse ó modelo que figura como anexo IV desta convocatoria e deberán presentarse achegando fotocopia do DNI e, de se-lo caso, xustificación dos méritos alegados.

Os aspirantes que non posúan nacionalidade española e teñan dereito a participar deberán presentar fotocopia do documento que acredite a súa nacionalidade e, de se-lo caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo do nacional doutro Estado co que teñan o dito vínculo. Así mesmo, deberán presentar declaración xurada ou promesa de non estar separado de dereito do seu cónxuxe e, se é

o caso, do feito de que o aspirante vive ás súas expensas ou está ó seu cargo.

Os méritos alegados acreditaranse do seguinte xeito:

3.1.1. Os servicios prestados nas universidades públicas de Galicia acreditaranse mediante certificación da xerencia ou unidade de persoal correspondente, referidos á data de remate do prazo de presentación de solicitudes. Os servicios prestados na Universidade de Vigo certificaranse consonte o establecido na base 7.2

3.1.2. A formación acreditarase mediante a presentación dos títulos e diplomas correspondentes, ou certificación do órgano competente de estar en condicións de obtelos na data de remate do prazo de presentación de solicitudes.

3.1.3. De conformidade co establecido na base 6.5 da convocatoria, os aspirantes quedarán exentos da realización da proba previa de acreditación do coñecemento do castelán, se coa solicitude achegan copia compulsada dos diplomas básico ou superior de español como lingua estranxeira ou do certificado de aptitude de español para estranxeiros expedido polas escolas oficiais de idiomas. Noutro caso seralles de aplicación o previsto na devandita base.

3.2. As solicitudes dirixiranse ó rector da Universidade de Vigo no prazo de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria no BOE (para a súa divulgación remítese tamén ó Diario Oficial de Galicia).

3.3. A presentación de solicitudes farase no rexistro xeral da Universidade de Vigo (rúa Oporto, nº 1; 36201, Vigo) ou segundo as restantes formas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. As solicitudes subscritas no estranxeiro poderán cursarse a través das representacións diplomáticas e consulares españolas correspondentes.

Os aspirantes non poderán presentar máis dunha solicitude nin solicita-la súa participación nas probas selectivas, simultaneamente, en máis dun sistema de acceso. A contravención dalgunha desta normas determinará a exclusión dos aspirantes.

3.4. Os dereitos de exame serán de 45,23 euros e ingresaranse na conta corrente número 2091-0501-67-3110002558, Universidade de Vigo. Contas oposicións. (Caixa Galicia, O.P. de Vigo). Na solicitude deberá figura-lo selo da entidade bancaria acreditativo do pagamento dos dereitos de exame; a súa falta determinará a exclusión do aspirante.

En ningún caso a mera presentación da solicitude e o pagamento na entidade bancaria suporá a substitución do trámite de presentación en tempo e forma da solicitude perante o órgano expresado na base 3.2.

Os dereitos de exame serán reintegrados de oficio ós aspirantes que sexan excluídos definitivamente da realización das probas selectivas e cubrisen os datos bancarios necesarios para face-la devolución.

Estarán exentas do pagamento as persoas cunha discapacidade igual ou superior ó 33%, sempre que acompañando á súa solicitude presenten as certificacións que a acrediten.

3.5. Os aspirantes deberán observa-las seguintes instruccións para cubri-la súa solicitude:

a) No recadro nº 11 indicarase a quenda pola que se solicita acceder.

b) Os aspirantes con minusvalideces poderán solicitar no recadro nº 13 as adaptacións de tempos e medios que para a realización das probas consideren necesarias.

3.6. Os erros de feito que puidesen advertirse, poderán emendarse en calquera momento, de oficio ou por pedimento do interesado.

3.7. Os aspirantes quedan vinculados ós datos que fixesen constar nas súas solicitudes, podendo unicamente demanda-la súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido na base 3.2. para a presentación de solicitudes. Transcorrido este prazo non se admitirá ningún pedimento desta natureza, agás causa excepcional sobrevida, xustificada e discrecionalmente apreciada pola universidade.

4. Admisión de aspirantes.

4.1. Transcorrido o prazo de presentación de solicitudes o rector da Universidade de Vigo dictará resolución, no prazo máximo dun mes, que se publicará no Diario Oficial de Galicia, declarando aprobada a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos, con expresión das causas que motivaran a exclusión e o prazo de emenda dos posibles defectos, que será de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación da devandita resolución.

4.2. Os aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o seu dereito a seren incluídos na relación de admitidos, serán definitivamente excluídos da realización das probas.

Na resolución definitiva, que se publicará no Diario Oficial de Galicia, indicarase así mesmo o lugar, data e hora de celebración do primeiro exercicio e contra ela poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo de acordo co previsto na Lei 30/1992.

4.3. En todo caso, co obxecto de evitar erros e, no suposto de se produciren, para posibilita-la súa emenda en tempo e forma, os aspirantes comprobarán fidedignamente non só que non figuran na lista de excluídos, senón que os seus nomes constan correctamente na relación de admitidos.

5. Tribunal.

5.1. O tribunal cualificador destas probas é o que figura no anexo III desta convocatoria e terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño).

5.2. Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo ó rector da universidade, cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, ou se tivesen participado en tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas dentro dos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O presidente poderá solicitar dos membros do tribunal declaración expresa de non se encontrar incursos nas circunstancias previstas nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Así mesmo os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorran as circunstancias citadas.

5.3. Logo da convocatoria do presidente, constituirase o tribunal coa asistencia da maioría dos seus membros titulares ou suplentes. Nesta sesión, o tribunal acordará as decisións que lle correspondan para o correcto desenvolvemento das probas selectivas.

5.4. Para os efectos de realización de sesións, deliberacións e adopcións de acordos, requirirase a asistencia dos membros do tribunal especificada no número anterior.

5.5. O tribunal resolverá as dúbidas que puidesen xurdir na aplicación destas normas, así como o que se deba facer nos casos non previstos. O procedemento de actuación do tribunal axustarase ó disposto na Lei 30/1992.

5.6. O tribunal poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes ós exercicios que estime pertinentes, limitándose os ditos asesores a prestar colaboración nas súas especialidades técnicas. A designación de tales asesores elevarase ó rector da Universidade de Vigo e seralles de aplicación o previsto na base 5.2.

5.7. O tribunal cualificador adoptará as medidas precisas naqueles casos nos que resulte necesario, de forma que os aspirantes con minusvalías gocen de similares condicións para a realización dos exercicios ó resto dos aspirantes. Para as persoas con minusvalías que soliciten na forma prevista na base 3.5.b), estableceranse as adaptacións posibles en tempo e medios. Para tal efecto, o tribunal poderá recabar xustificación documental dos aspirantes e os informes sanitarios ou técnicos correspondentes.

5.8. O tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios escritos que non deban ser lidos sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade dos aspirantes e excluirá aqueles opositores que consignen nas follas de exame marcas ou signos que permitan coñece-la súa identidade.

5.9. Para efectos de comunicacións e demais incidencias, o tribunal terá a súa sede no Rectorado da Universidade de Vigo, rúa Oporto, nº 1, teléfono 986 81 20 00 (centraliña) e 986 81 37 62 (Negociado de Persoal de Administración e Servicios).

5.10. En ningún caso o tribunal poderá aprobar nin declarar que superaron as probas selectivas un número superior de aspirantes ó das prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

6. Desenvolvemento dos exercicios.

6.1. A orde de actuación dos aspirantes iniciarase alfabeticamente polo primeiro da letra S, de conformidade coa resolución da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 27 de febreiro de 2002 (DOG do 6 de marzo).

6.2. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio nun único chamamento quedando decaídos no seu dereito os que non comparezan, agás nos casos de forza maior, debidamente xustificados e libremente considerados polo tribunal. En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos polo tribunal coa finalidade de acredita-la súa identidade.

6.3. O primeiro exercicio da fase de oposición realizarase a partir do 1 de febreiro de 2003. A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos exercicios será efectuada polo tribunal nos lugares onde tivera lugar o anterior, así como na sede do tribunal e por calquera outro medio que se xulgue conveniente para facilita-la súa máxima divulgación, con 48 horas de antelación, polo menos, á data sinalada para a súa iniciación.

6.4. O tribunal poderá acorda-la inclusión de preguntas de reserva que necesariamente deberán ser contestadas polos aspirantes, así como a realización simultánea para as distintas quendas de algúns dos exercicios da fase de oposición.

6.5. Os aspirantes de nacionalidade estranxeira, previamente á realización dos exercicios da fase de oposición, deberán acredita-lo coñecemento do castelán, ben mediante a presentación dos diplomas e certificacións relacionadas na base 3.1.3, ben mediante a superación dunha proba que se axustará ós contidos establecidos no Real decreto 826/1988, do 20 de xullo, e na que se comprobará que posúen un nivel axeitado de comprensión e expresión oral e escrita. A non superación desta proba impedirá a realización dos exercicios da fase de oposición.

6.6. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivese coñecemento de que algún dos aspirantes carece dos requisitos esixidos pola presente convocatoria, logo da audiencia ó interesado, deberá propoñe-la súa exclusión ó rector da Universidade de Vigo, comunicándolle tamén as inexactitudes e falsidades formuladas polo aspirante na solicitude para os efectos procedentes.

7. Lista de aprobados.

7.1. Concluído cada un dos exercicios da fase de oposición, o tribunal fará pública a relación de aspirantes que os superasen, con indicación da puntuación obtida e do documento nacional de identidade, nos lugares de realización destes e no rectorado.

7.2. Rematada a fase de oposición, e para os aspirantes que a superen, o servicio de persoal expedirá de oficio certificacións acreditativas do tempo de servicios prestados na Universidade de Vigo e o tribunal fará públicos os puntos obtidos na fase de concurso, que en ningún caso poderán sumarse para efectos de supera-los exercicios da oposición.

A cualificación final do proceso selectivo virá dada pola suma das puntuacións obtidas na fase de oposición e, de se-lo caso, na fase de concurso. No caso de empate, terá preferencia o candidato con maior puntuación no conxunto da fase de oposición; de persistir, dirimirase a prol da maior puntuación nos exercicios da fase de oposición, atendendo á súa orde de realización.

O tribunal fará pública para cada sistema de acceso a lista de aspirantes que, segundo a orde de puntuación acadada por cada un deles, fosen seleccionados, que en ningún caso poderá conter un número de candidatos superior ó das prazas convocadas. Os opositores que non se atopen incluídos nas respectivas relacións terán a consideración de non apto para tódolos efectos, único extremo verbo do que o tribunal poderá certificar.

7.3. Rematado o proceso selectivo, o presidente do tribunal elevará ó rector a relación definitiva de aspirantes aprobados segundo o respectivo sistema de acceso e por orde de puntuación, na que constarán as cualificacións da fase de concurso, se é o caso, e de cada un dos exercicios da fase de oposición, e a suma total.

8. Presentación de documentos.

8.1. No prazo de 20 días naturais a partir do seguinte a aquel no que se fagan públicas as relacións definitivas de aprobados, estes deberán presentar no rexistro xeral da Universidade de Vigo os seguintes documentos:

a) Fotocopia do título académico; no caso de titulación estranxeira, presentarase credencial da súa homologación.

b) Declaración xurada ou promesa de non ter sido separado mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública, nin atoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española deberán presentar declaración xurada ou promesa de non estaren sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida no seu Estado o acceso á función pública.

c) Certificado médico oficial de non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que imposibilite o desempeño das correspondentes funcións.

d) Os aspirantes que fixeran vale-la súa condición de minusválidos deberán presentar certificación dos órganos competentes de Sanidade ou Servicios Sociais da Administración que corresponda, que acredite tal condición e igualmente a compatibili

dade co desempeño das tarefas e funcións correspondentes.

8.2. Os que tivesen a condición de persoal laboral fixo da Universidade de Vigo estarán exentos de xustificar documentalmente as condicións e demais requisitos xa probados para acceder ó seu anterior posto, debendo presentar certificación para acreditar tal condición, de non tela presentado con anterioridade.

8.3. Os que dentro do prazo fixado, agás caso de forza maior, non presentasen a documentación ou do exame dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base 2, non poderán ser contratados como persoal laboral fixo da Universidade de Vigo e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que tivesen incorrido por falsidade na solicitude inicial.

8.4. Os aspirantes seleccionados deberán superar satisfactoriamente un período de proba de catro meses, de conformidade co previsto no artigo 14 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo (BOE do 29 de marzo), polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

9. Norma derradeira.

Esta convocatoria e as súas bases vinculan á Administración, ó tribunal encargado de xulga-las probas e ós que participen nelas.

A convocatoria e cantos actos administrativos se deriven dela e da actuación do tribunal poderán ser impugnados nos casos e na forma establecidos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Ademais, a Universidade de Vigo poderá, se é o caso, proceder á revisión das resolucións do tribunal consonte o previsto na devandita lei.

Vigo, 12 de setembro de 2002.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo

ANEXO I

EXERCICIOS E VALORACIÓN

A. Fase de oposición.

-Primeiro exercicio: obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en realizar por escrito un cuestionario de preguntas tipo test, con catro respostas alternativas das que só unha será correcta, baseado na primeira parte do programa (anexo II). O tempo máximo de realización será de 120 minutos.

-Segundo exercicio: obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en resolver por escrito supostos prácticos baseados na primeira parte do programa. O tempo máximo de realización será de 90 minutos.

-Terceiro exercicio: só para a quenda de acceso xeral libre, obrigatorio e non eliminatorio.

a) Consistirá en realizar por escrito un cuestionario de preguntas tipo test sobre coñecementos da lingua galega. O tempo máximo de realización será de 30 minutos.

b) Consistirá en realizar por escrito un cuestionario de preguntas tipo test, con catro respostas alternativas das que só unha será correcta, baseado na segunda parte do programa (anexo II). O tempo máximo de realización será de 30 minutos.

Cualificación da fase de oposición:

Nos exercicios tipo test, cada resposta errónea descontará o 25% do valor da resposta correcta.

a) Promoción interna:

1º exercicio: cualificarase ata un máximo de 45 puntos, sendo necesario obter 22,5 puntos para superalo.

2º exercicio: cualificarase ata un máximo de 40 puntos, sendo necesario obter 20 puntos para superalo.

b) Acceso xeral libre:

1º exercicio: cualificarase ata un máximo de 40 puntos, sendo necesario obter 20 puntos para superalo.

2º exercicio: cualificarase ata un máximo de 35 puntos, sendo necesario obter 17,5 puntos para superalo.

3º exercicio: cualificarase ata un máximo de 10 puntos, repartidos como segue:

a) Proba de galego: cualificarase ata un máximo de 4 puntos.

b) Test: cualificarase ata un máximo de 6 puntos.

B. Fase de concurso.

a) Promoción interna:

1. Antigüidade nas universidades públicas de Galicia, certificada pola xerencia ou unidade de persoal respectiva, a razón de 0,084 puntos por mes traballado, ata un máximo de 10 puntos.

2. Formación directamente relacionada coa categoría da praza, acreditada suficientemente e impartida por centros e organismos oficiais, incluídas as materias cursadas para a obtención de títulos oficiais superiores ó esixido pola convocatoria ou afíns. Cualificarase ata un máximo de 5 puntos.

b) Acceso xeral libre:

1. Experiencia: valorarase o desempeño de postos da mesma categoría có da praza convocada nas universidades públicas de Galicia, certificada pola xerencia ou unidade de persoal respectiva, a razón de 0,12 puntos por mes traballado, ata un máximo de 10 puntos.

2. Formación directamente relacionada coa categoría da praza, acreditada suficientemente e impartida por centros e organismos oficiais, incluídas as materias cursadas para a obtención de títulos oficiais

superiores ó esixido pola convocatoria ou afíns. Cualificarase ata un máximo de 5 puntos.

ANEXO II

PROGRAMA

* Primeira parte.

-Microscopía electrónica de transmisión (TEM).

1. Fundamentos da técnica.

2. Modos de funcionamento.

3. Fundamentos da óptica electrónica.

4. Compoñentes do microscopio e as súas funcións.

5. Sistemas de introducción de mostras. Tipos de inxectores.

6. Procedementos de aliñamento.

7. Técnicas de calibración.

8. Formación da imaxe.

9. Interaccións feixe de electróns-mostra.

10. Tipos de contraste e métodos para melloralo.

11. Franxas de Fresnel.

12. Modos de traballo.

13. Fundamentos da difracción de electróns.

14. Microscopía de alta resolución.

15. Resolución e sensibilidade.

16. Condicións xerais de instalación, seguridade e mantemento dos equipos.

17. Seguridade e protección no traballo.

18. Aplicacións biolóxicas.

19. Aplicacións en materiais.

-Microscopía electrónica de varrido (SEM).

1. Fundamentos da técnica.

2. Modos de funcionamento.

3. Fundamentos da óptica electrónica.

4. Compoñentes do microscopio e as súas funcións.

5. Canóns de electróns.

6. Procedementos de aliñamento.

7. Técnicas de calibración.

8. Interaccións feixe de electróns-mostra. Volume de interacción.

9. Formación da imaxe e a súa interpretación.

10. Diferentes tipos de detectores.

11. Calidade da imaxe. Métodos para mellora-la imaxe.

12. Microscopía de alta resolución.

13. Procesamento da imaxe.

14. Resolución e sensibilidade.

15. Condicións xerais de instalación, seguridade e mantemento de equipos.

16. Seguridade e hixiene no traballo.

17. Aplicacións biolóxicas.

18. Aplicacións en materiais.

-Microanálises de raios X.

1. Fundamentos da espectrometría de raios X por dispersión de lonxitudes de onda (WDS).

2. Fundamentos de espectrometría de raios X por dispersión de enerxías (EDS).

3. Compoñentes dos espectrómetros de raios X e as súas funcións.

4. Absorción e fluorescencia de raios X.

5. Técnicas de calibración.

6. Análise cualitativa.

7. Análise cuantitativa.

8. Límites de detección, resolución e sensibilidade.

9. Medidas de mostras de materiais e biolóxicas.

10. Imaxe composicional (Dot Mapping).

11. Condicións xerais de instalación, seguridade e mantemento dos equipos.

12. Seguridade e protección no traballo.

13. Preparación de mostras.

-Preparación de mostras para microscopía electrónica de varrido (SEM) e microscopía electrónica de transmisión (TEM).

1. Instrumentación e métodos para:

Mostras de materiais.

Mostras biolóxicas.

2. Seguridade e protección no traballo.

-Outras microscopías.

a) Forzas atómicas e de efecto túnel.

b) Confocal.

1. Fundamentos da técnica.

2. Modos de funcionamento.

3. Modos de medida.

4. Compoñentes destes microscopios e as súas funcións.

5. Procedementos de aliñamento.

6. Técnicas de calibración. Resolución e sensibilidade.

7. Condicións xerais de instalación, seguridade e mantemento dos equipos.

8. Seguridade e protección no traballo.

9. Aplicacións biolóxicas e preparación de mostras.

10. Aplicacións en materiais e preparación de mostras.

* Segunda parte.

1. A Constitución de 1978: dereitos e deberes fundamentais. Goberno, Cortes Xerais e Administración. O Estatuto de autonomía de Galicia. As institucións da Comunidade Autónoma de Galicia: composición, organización e competencias.

2. A Lei do Estatuto dos traballadores: disposicións xerais. O contrato de traballo. Modificación, suspensión e extinción do contrato de traballo. Dereitos de representación e reunión. A negociación colectiva.

3. O procedemento administrativo común. Órganos das administracións públicas. Os interesados. A actividade das administracións. Disposicións xerais sobre os procedentos administrativos. Revisión de actos.

4. A Lei orgánica de universidades.

5. Os estatutos da Universidade de Vigo. Natureza e estructura da universidade. Órganos de goberno. A comunidade universitaria. Garantías xurídicas. Réxime económico e financeiro.

6. Clases e réxime xurídico do persoal de Administración e servicios da Universidade de Vigo. O convenio colectivo do persoal laboral.

ANEXO III

TRIBUNAL

* Titular.

Presidente: Salustiano Mato de la Iglesia, vicerrector de Investigación da Universidade de Vigo.

Vocais:

-Luis Manuel Liz Marzán, profesor titular da Universidade de Vigo.

-Mª José Montero Vilariño, en representación do Comité Intercentros.

-Carmen del Rosario Serra Rodríguez, en representación do comité intercentros.

Secretaria: Mª del Pilar Molist García, profesora titular da Universidade de Vigo, que actuará con voz e voto.

* Suplente.

Presidente: Ángel Rodríguez de Lera, catedrático da Universidade de Vigo.

Vocais:

-Encarnación de Miguel Villegas, profesora titular da Universidade de Vigo.

-Luis Pérez Gómez, en representación do comité intercentros.

-José Antonio Méndez Fernández, en representación do comité intercentros.

Secretario: Luis Carlos Gago Duport, profesor titular da Universidade de Vigo, que actuará con voz e voto.

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE CARBALLO