Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 03 de outubro de 2002 Páx. 14.359

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (332/2002).

Eu, Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Instrucción número dous de Carballo, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas número 332/2002, se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

En Carballo o 4 de setembro de 2002, María Rivas Navarro, titular do Xulgado de Instrucción número dous dos desta cidade e do seu partido xudicial, vista e oída en xuízo oral e público esta causa de xuízo de faltas por lesións en agresión rexistrada baixo o número 332/2002, e tramitada por instancia de Estrella Balsa Varela en calidade de denunciante contra Manuel Balsa Varela en calidade de denunciado, sendo parte o Ministerio iscal.

Decido: absolvo o denunciado Manuel Balsa Varela da falta de lesións, con tódolos pronunciamentos favorables, declarándose as custas de oficio.

Notifíquese esta resolución ás partes, prevíndoas que esta non é firme e que contra ela poderán interpoñer no prazo de cinco días, recurso de apelación perante este xulgado que resolverá a Audiencia Provincial da Coruña.

Así por esta miña sentencia, da que se expedirá certificación ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e sirva de notificación de sentencia a Manuel Balsa Varela, actualmente en paradoiro descoñecido e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Carballo, 9 de setembro de 2002.

O secretario

Rubricado