Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 03 de outubro de 2002 Páx. 14.351

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2002, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de arquivos, bibliotecas e museos, pola que se convocan os aspirantes para a lectura do segundo exercicio.

En sesión do 30 de setembro de 2002, o tribunal designado pola Orde do 25 de abril de 2002 para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de arquivos, bibliotecas e museos, con

vocado pola Orde do 8 de outubro de 2001, adoptou, entre outros, os seguintes acordos:

Convoca-los aspirantes da escala de bibliotecas para a lectura do segundo exercicio, de acordo coa seguinte orde:

-O día 8, ás 16.30 horas na aula 6 da Escola Galega de Administración Pública: Carmen Luisa Corgo Solleiro, Sonia Cerqueiro Otero e María Rosario Dalama Cid.

-O día 9, ás 16.30 horas, na aula 16 da Escola Galega de Administración Pública: desde Torres García, José Ramón a Vieito Fernández, María Begoña, ambos inclusive.

O resto de aspirantes da escala de bibliotecas serán convocados por orde alfabética, comezando pola letra T, conforme figura nas bases da convocatoria. Os aspirantes da escala de museos comezarán a lectura do segundo exercicio unha vez rematada a lec

tura da escala de bibliotecas, e os aspirantes da escala de arquivos unha vez rematada a lectura da escala de museos.

A relación de convocados para cada día publicarase no taboleiro de anuncios da Escola Galega de Administración Pública. Os aspirantes de tódalas escalas poden consulta-la lista de convocados no teléfono 902 12 00 12 da oficina de Información e Atención ó Cidadán.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2002.

Antonio Rodríguez Álvarez

Presidente do tribunal