Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 03 de outubro de 2002 Páx. 14.344

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Cespa Conten, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Cespa Conten, S.A., con nº de código 3603651, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 5-2-2002, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo delegado de persoal, en data 26-7-2002. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 26 de agosto de 2002.

P.A.

Luis Boullosa Nores

Secretario provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa Cespa Conten, S.A.

Ano 2002-2003

Capítulo I

Normas xerais

Artigo 1º.-Partes que concertan o convenio.

Este convenio colectivo foi subscrito por Cespa Conten, S.A. e o comité de empresa de Cespa Conten, S.A. no seu centro de Pontevedra.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

Este convenio será de aplicación exclusiva para os centros de traballo situados na provincia de Pontevedra.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

Este convenio colectivo afectará a tódolos traballadores que desenvolvan a súa actividade laboral nos centros de traballo da empresa ó que se refire o artigo anterior.

Artigo 4º.-Ámbito funcional.

Este convenio afectará os traballadores vinculados ós seguintes grupos profesionais:

-Persoal de movemento.

-Persoal de taller.

-Persoal de oficinas.

Artigo 5º.-Vinculación á totalidade.

As condicións pactadas forman un todo orgánico e indivisible e para efectos da súa aplicación práctica, serán considerados globalmente.

No suposto de que unha vez no Rexistro de Convenios, a autoridade laboral observase algunha contravención da lexislación vixente, as partes comprométense á renegociación inmediata do conxunto deste convenio.

Artigo 6º.-Ámbito temporal.

Este convenio entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2002 e rematará a súa vixencia o 31 de decembro de 2003.

Os conceptos retributivos de calidade ou cantidade de traballo así como as horas extras son de aplicación a partir do 1 de agosto de 2002, non xerando atrasos.

Unha vez finalizado o convenio, prorrogarase pola mesma duración se ningunha das dúas partes o denuncia cunha antelación mínima dun mes á data do seu vencemento e o convenio será de aplicación en todo o seu contido ata que sexa asinado un novo convenio.

A referida denuncia formalizarase mediante notificación escrita á outra parte, ben á empresa ou a calquera representante dos traballadores na comisión negociadora do convenio, segundo o caso.

Artigo 7º.-Comisión mixta de interpretación.

Constitúese unha comisión mixta de vixilancia na aplicación e interpretación deste convenio colectivo, integrada por igual número de representantes de cada unha das partes.

Esta comisión reunirase por instancia de parte, celebrándose a reunión ás corenta e oito horas seguintes á súa convocatoria.

Serán funcións desta comisión as seguintes:

a) Interpretación de cada unha das cláusulas deste convenio colectivo.

b) Vixilancia e cumprimento do pactado.

c) Estudio e valoración de novas disposicións legais de promulgación posterior á entrada en vigor deste convenio colectivo, que poidan afecta-lo seu contido, co fin de adaptalas ó seu espírito global.

d) Cantas outras actividades tendan á eficacia do convenio colectivo, e a unha maior solución interna de posibles conflictos colectivos.

Artigo 8º.-Garantía persoal.

As condicións pactadas, xa sexan económicas ou doutra índole, concedidas pola empresa ós traballadores seranlles respectadas a título persoal.

Os futuros incrementos que se poidan producir nos conceptos salariais non serán absorbidos polo complemento persoal.

Toda norma legal de obrigado cumprimento que puidese afectar este convenio de empresa será absorbido polos conceptos salariais definidos neste convenio.

Capítulo II

Retribucións

Artigo 9º.-Conceptos retributivos.

Durante a vixencia deste convenio, o réxime de retribucións do persoal estará integrado polos seguintes conceptos:

a) Conceptos salariais:

-Salario base.

-Antigüidade.

-Complemento de transporte.

b) Complementos de calidade ou cantidade de traballo:

-Prima por toxicidade ou penosidade.

-Prima por servicio.

-Prima por mantemento.

-Prima por falta de accidente.

Para o ano 2002, a contía dos conceptos retributivos, será a que para cada unha das categorías figura na táboa salarial anexa a este convenio.

A nómina aboarase, mediante transferencia bancaria, o día 30 ou véspera hábil de cada mes.

Artigo 10º.-Salario base.

Será para cada categoría profesional o que figura na táboa salarial anexa.

O incremento para o ano 2003 será o IPC real do ano 2002, no caso de non publicarse ou ser inferior ó 3%, incrementarase nesta contía.

Artigo 11º.-Antigüidade.

O complemento persoal de antigüidade, consistirá en trienios e sendo o prezo mensual de cada trienio de 22 A para tódalas categorías.

O incremento para o ano 2003 será o IPC real do ano 2002, no caso de non publicarse ou ser inferior ó 3%, incrementarase nesta contía.

O máximo de percepción do complemento de antigüidade é de 6 trienios.

O complemento de antigüidade percibirase nas pagas mensuais e nas extraordinarias, e devengarase a partir do día 1 do mes seguinte a aquel en que se cumpran os períodos.

Artigo 12º.-Complemento de transporte.

Establécese un complemento denominado complemento de transporte para tódalas categorías profesionais (non cotizable á Seguridade Social) na contía mensual de 23 A. Este complemento devengarase por día efectivamente traballado.

Artigo 13º.-Pagas extraordinarias.

O persoal cobrará dúas pagas extraordinarias de xullo e Nadal, que se aboarán respectivamente os días 15 dos meses de xullo e decembro, ou o día hábil anterior se caese en festivo.

O importe das pagas especifícase nas táboas salariais para cada categoría. Xunto coa paga extra percibirase o complemento de antigüidade que se veña percibindo mensualmente.

A paga do mes de marzo, á que fai referencia o convenio xeral do sector ratearase mensualmente polo seu importe bruto máis o complemento de antigüidade.

Artigo 14º.-Toxicidade ou penosidade.

Establécese unha prima por toxicidade, penosidade e perigosidade, que se aboará por día efectivamente traballado polo importe que se establece nas táboas salariais.

Así mesmo, establécese un complemento por xornada laboral completa de 4,51 A para aqueles conductores que realicen transportes de R.P. ou biosanitarios.

Artigo 15º.-Prima de servicio.

Xúntase a este convenio relación de primas por servicios cos seus valores mínimos correspondentes para as categorías que se especifican.

No caso de avaría do camión, contabilizaranse primas por servicio para os conductores, de acordo co seguinte baremo:

a) Camión avariado á hora de empeza-la súa xornada de traballo:

-Computaráselle un servicio por hora, cun máximo de seis servicios ata a súa reparación.

b) Camión avariado, a avaría do cal continúa despois da finalización da xornada laboral, se o conductor debe permanecer no dito vehículo ata que se lle vaia reparar ou remolcar, pagaráselle cada hora de permanencia fóra de xornada ó prezo da hora extra pactada.

-Sistema Jumbo, aplicarase unha prima semanal coas condicións seguintes:

1. Priman a partir dos 50 servicios semanais (dentro da xornada laboral).

2. Do 51 en diante o importe por servicio será de 4,51 A, para o período.

-Sistema Gancho, aplicarase unha prima semanal coas condicións seguintes:

1. Priman a partir dos 40 servicios semanais (dentro da xornada laboral).

2. Do 41 en diante o importe por servicio será de 4,51 A, para o período.

-Sistema Acavo, aplicarase unha prima semanal coas condicións seguintes:

1. Priman a partir dos 38 servicios semanais (dentro da xornada laboral).

2. Do 39 en diante o importe por servicio será de 4,51 A, para o período.

Artigo 16º.-Prima por falta de accidente.

Os empregados con categoría de conductor e que realicen estas funcións que non teñan ningún parte de accidente no transcurso do trimestre, obterán unha prima trimestral por importe de 125 A.

Este complemento seralle aboado tamén ó conductor de 2ª que habitualmente conduza unha furgoneta, por conta da empresa.

No caso de que tivese dous partes de accidente nun trimestre, ó trimestre seguinte, aínda que non tivese ningún, quedaría sen esta prima.

Enténdese por parte de accidente non só os dados á compañía de seguros por danos ocasionados contra vehículos, senón tamén os danos ocasionados a contedores, propiedades de terceiros, etc.

No caso de que se aprecie ausencia de responsabilidade por parte do empregado no accidente non se perderá a prima pactada.

Artigo 17º.-Complemento de nocturnidade.

A xornada efectivamente traballada en horario nocturno (entre as 22 horas e as 6 horas) devengará un complemento de nocturnidade de 150 A/mensuais, agás persoal contratado para este efecto.

No caso de que o horario de traballo diario coincida só parcialmente co período nocturno, devengarase este complemento proporcionalmente ó tempo efectivamente traballado.

Artigo 18º.-Horas extraordinarias, prolongación de xornada e festivos.

As horas extras, serán de carácter voluntario, non podendo a empresa obrigar ningún traballador a realizalas, agás causas de forza maior.

O prezo da hora extraordinaria de 5,41 A/hora para as categorías peón-especialista e auxiliar adtvo. e de 6,01 A/hora para o resto das categorías.

O persoal de taller e de supervisión poderá prolonga-la súa xornada de traballo polo tempo necesario, sen que o exceso sobre a xornada ordinaria se compute como horas extraordinarias, debendo aboarse a pro rata do valor da hora extraordinaria de traballo.

Cando os servicios teñan que prestarse en domingo ou festivo, a retribución por tódolos conceptos retributivos será de 9,02 A/hora para peón-especialista e auxiliar adtvo. e de 13,82 A/hora para o resto das categorías, salvo no caso do persoal contratado para traballar neses días, que percibirá a retribución que lle corresponda polo seu contrato.

Artigo 19º.-Anticipos.

Todo empregado terá dereito a solicitar un anticipo a conta dos seus emolumentos, proporcional ó salario dos días traballados no mes correspondente.

Artigo 20º.-Axudas de custo de comida.

Todo conductor ó que se lle avaríe o vehículo e lle obrigue a permanecer máis tempo do habitual nun punto que estea fóra da área metropolitana, ou que estando dentro da área metropolitana esta avaría o reteña durante o horario de comida, terá dereito á percepción do importe da comida, logo da presentación da correspondente factura, cun límite de 8,58 A.

Artigo 21º.-Préstamos.

Constitúese unha bolsa de 12.100 euros para préstamos persoais. Sen xuro por un importe máximo de 1.503 A pagadeiro nun prazo máximo de 12 mensualidades concordante coa nómina. Terán dereito a estes préstamos todos aqueles empregados que manteñan un contrato con carácter indefinido e cunha antigüidade mínima dun ano.

Artigo 22º.-Sanción de tráfico.

As multas por infraccións de tráfico imputables á culpa ou imprudencia do traballador/a serán aboadas por este, en caso contrario serán aboadas pola empresa.

A empresa está obrigada a facilitarlles ós conductores/as a documentación dos vehículos (tarxeta de transporte, ITV, seguro, etc.), responsabilizándose a empresa das sancións que se poidan derivar pola falta de documentación, sempre e cando o traballador/a lle comunicase á empresa a ausencia desta documentación.

Capítulo III

Tempo de traballo

Artigo 23º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo será de 40 horas semanais.

Os horarios de traballo dos diferentes servicios serán establecidos ou modificados pola comisión paritaria.

Os descansos entre xornadas terán unha duración mínima de 12 horas, tanto na residencia como fóra dela.

O descanso semanal mínimo será de 36 horas e deberá ter lugar como regra xeral sábado e domingo.

Artigo 24º.-Calendario laboral.

O calendario anual que estableza a distribución dos días de traballo festivos, descansos semanais e vacacións será elaborado con coñecemento do comité de empresa e exposto no taboleiro de anuncios de cada centro de traballo, como máximo o 28 de febreiro.

Para todo o persoal, os festivos serán os correspondentes á cidade de Vigo ou da localidade do centro de traballo.

Artigo 25º.-Vacacións.

O período anual de vacacións será de trinta días naturais e desfrutaranse preferentemente durante o período comprendido entre o día 1 de xuño e 30 de setembro, agás acordo en contrario.

As vacacións non se poderán iniciar en sábados, domingos ou festivos.

Os empregados ós que correspondan vacacións partidas nos períodos, un de verán, do 1-6 ó 30-9, e outro fóra destas datas, terán dereito a 2 días máis de desfrute no período de resto do ano.

Efectuarase un calendario de vacacións antes do 31 de marzo.

A retribución das vacacións será equivalente a un mes dos conceptos salariais excluído o complemento de transporte.

Artigo 26º.-Horario nocturno.

O horario nocturno será de 22 a 6 horas.

O servicio nocturno efectuarase sen axudante de conductor, igual que calquera outro servicio.

Artigo 27º.-Licencias retribuídas.

Os traballadores afectados por este convenio terán dereito ás seguintes licencias retribuídas:

a) Por matrimonio do traballador, 15 días naturais.

b) Por matrimonio de fillos, pais ou irmáns, un día se é dentro da provincia, e dous se se celebrase fóra da provincia.

c) Por falecemento de cónxuxes e fillos catro días, en caso de ocorrer fóra da provincia cinco días.

Por falecemento de familiares ata 2º grao de consanguinidade tres días, en caso de ocorrer fóra da provincia catro días.

Por falecemento de tíos e sobriños un día, en caso de ocorrer fóra da provincia dous días.

d) En caso de enfermidade grave ou hospitalización de familiares ata 2º grao de consanguinidade ou afinidade, tres días. Se o traballador tivese que desprazarse fóra da provincia concederíanse catro días.

e) Para consulta médica ordenada polo facultativo da Seguridade Social, o tempo necesario, con posterior xustificante no que se deberá reflecti-la hora de citación e a hora de saída.

f) Para cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal, o tempo necesario.

g) Traslado de domicilio habitual, un día.

h) Por nacemento de fillo dous días naturais; catro días naturais se é fóra da provincia.

i) O tempo necesario para a asistencia a exames a que deba concorre-lo traballador para estudios de formación profesional, educación secundaria obrigatoria, bacharelato e universitarios.

j) Para a renovación do carné de conducir, un día.

k) Tódolos traballadores que o soliciten terán dereito a desfrutar durante a vixencia deste convenio de dous días retribuídos para asuntos persoais. O desfrute deste permiso retribuído queda condicionado a que se solicite cunha antelación mínima de 72 horas e a que non altere o normal funcionamento dos servicios por coincidir coa ausencia ó traballo doutro persoal. Este permiso non se desfrutará nin inmediatamente antes nin como unha continuación das vacacións nin de días festivos. Estes días poderanse desfrutar dun en un ou acumulados.

Artigo 28º.-Complemento económico por incapacidade laboral.

A empresa aboará desde o primeiro día da baixa ós traballadores en situación de incapacidade temporal derivada de accidente de traballo ou enfermidade con hospitalización a diferencia entre as percepcións da Seguridade Social ou entidade xestora ata alcanza-lo cento por cento dos conceptos salariais (excluído o complemento de transporte) cun tope máximo anual de noventa días seguidos ou alternos.

En caso de IT derivada de accidente de traballo con hospitalización, a empresa aboará desde o primeiro día da baixa a diferencia entre as percepcións da Seguridade Social ou entidade xestora ata alcanza-lo cento por cento dos conceptos salariais (excluído o complemento de transporte) ata a alta médica.

Capítulo IV

Outros dereitos

Artigo 29º.-Indemnización por invalidez ou morte.

A empresa contratará un seguro de accidente, complementario ó réxime da Seguridade Social, que asegura o pagamento da cantidade de vinticatro mil cincuenta euros (24.050 A) en caso de morte e trinta mil sesenta euros (30.060 A) en caso de incapacidade permanente, esta cobertura non será de aplicación cando exista un terceiro responsable civil.

O pagamento será efectuado ó beneficiario ou no seu defecto ós herdeiros legais.

Artigo 30º.-Acción sindical.

Aplicarase o disposto, nestas materias, no Estatuto dos traballadores, na Lei orgánica de liberdade sindical e nas demais normas complementarias contidas na lexislación laboral vixente.

O delegado de persoal estará presente no asinamento das liquidacións, sempre e cando sexan requiridos polos traballadores.

Artigo 31º.-Saúde laboral.

Aplicarase o que dispoña a Lei de prevención de riscos laborais e demais normas complementarias contidas na lexislación laboral vixente.

A empresa efectuará, con cargo a ela, un recoñecemento médico anual a cada un dos seus traballadores a través da entidade aseguradora de accidentes de traballo correspondente, realizándose este dentro da xornada de traballo. O resultado do recoñecemento entregaráselle ó traballador en sobre pechado ó seu nome.

Artigo 32º.-Defensa xurídica.

A empresa comprométese a realiza-la defensa xurídica do conductor ou conductores por causa de accidentes ocorridos ó servicio da empresa.

Os accidentes in itínere entran dentro deste punto, aínda que o traballador utilizase o vehículo da súa propiedade.

Artigo 33º.-Invalidez.

A empresa tratará de acopla-los traballadores fixos do cadro de persoal que padezan unha invalidez permanente que lles impida realiza-lo seu traballo habitual, noutros postos de traballo da empresa, as funcións dos cales poidan realizar sen menoscabo. En caso de que se produza, a comisión paritaria estudiará o seu acoplamento a outro posto para o que poida estar capacitado, sempre e cando exista vacante.

Artigo 34º.-Retirada do carné de conducir.

Ós conductores que como consecuencia de conducir un vehículo da empresa por orde e conta desta, lles sexa retirado o carné de conducir, sempre que non medie embriaguez, consumo de productos estupefacientes ou imprudencia imputable ó traballador e determinada pola autoridade competente, serán acoplados durante ese tempo a outro traballo nalgún dos servicios da empresa, continuando percibindo o salario correspondente á súa categoría. Estes casos serán determinados pola comisión paritaria.

Artigo 35º.-Promoción e ascensos.

Os postos ou tarefas que impliquen mando ou especial confianza serán de libre designación e revogación por parte da empresa.

O persoal do cadro terá preferencia para cubri-las vacantes de categoría superior á que ten ata a de conductor/a, sempre e cando estea provisto da titulación esixida e acredite posuí-los coñecementos e práctica suficiente para ocupar esa praza.

Os ascensos produciranse tendo en conta a formación, méritos e antigüidade do traballador/a, así como as facultades organizativas da empresa.

Das pruebas que poidan realizarse para a cobertura dun determinado posto daráselle coñecemento á representación dos traballadores/as.

Nos casos de realizar traballos de superior categoría durante máis de seis meses, esta categoría consolidarase automaticamente, así mesmo todo traballador/a que realice traballos de superior categoría cobrará en función desta categoría.

Artigo 36º.-Clasificación funcional.

Cada grupo profesional comprende as categorías que se especifican seguidamente. Os postos de mando e/ou especial confianza non están suxeitos a esta clasificación.

As categorías serán equivalentes entre si dentro de cada grupo, con independencia dos seus dereitos económicos:

a) Grupo de persoal de movemento:

-Encargado/a: é o traballador que, ás ordes directas da dirección da empresa ou do encargado/a xeral, se existise, actúa á fronte dunha ou máis seccións, con xurisdicción e mando sobre o persoal ás súas ordes.

-Conductor/a 1ª: é o empregado que se contrata coa obriga de conducir calquera vehículo da empresa con remolque ou sen el a teor das necesidades desta. Deberá estar en posesión do carné de conducir correspondente e deberá te-los coñecementos necesarios para executa-las reparacións que non requiran elementos de taller.

Responsabilizarase do mantemento e adecuada conservación da máquina ou vehículo que se lle asigne, observando as prescricións técnicas e de funcionamento.

-Conductor/a 2ª: é o empregado/a que se contrata coa obriga de conducir vehículos da empresa que precisen o carné de conducir tipo A ou B.

-Especialista: é o empregado que executa labores para a realización das cales non se requira ningunha especialización profesional exceptuando a utilización da carretilla elevadora e pode presta-los seus servicios indistintamente en calquera lugar, servicio ou departamento dos centros de traballo.

b) Grupo de persoal de taller:

-Oficial de 1ª: é o empregado que posúe os coñecementos do seu oficio como para dominalo con mestría, podendo desempeñar mando sobre outros operarios, ou non, e que ten capacidade para interpretar planos de detalles, realizando traballos que requiren maior esmero, con rendemento correcto e economía de material.

-Oficial de 2ª: é o empregado que ten coñecementos teórico-prácticos do oficio, sen chegar á especialización e perfección esixida ós oficiais de 1ª, realiza traballos correntes.

-Peón: é o empregado que executa labores que para a súa realización non requiren ningunha especialización profesional, e pode presta-los seus servicios indistintamente en calquera lugar, servicio ou departamento dos centros de traballo.

c) Grupo de persoal administrativo:

-Oficial administrativo/a 1ª: é o empregado/a que actúa ás ordes dun xefe administrativo, se o houber, e ten ó seu cargo un servicio determinado dentro do cal, con iniciativa e responsabilidade, con ou sen outros empregados ás súas ordes, realiza traballos que requiren cálculo, estudio, preparación e condicións adecuadas.

-Oficial administrativo/a 2ª: é o empregado/a que con iniciativa e responsabilidade restrinxida, efectúa funcións administrativas para as que sexa requirido polo xefe/a do que dependa ou oficial administrativo/a superior.

-Auxiliar administrativo/a: é o empregado que realiza operacións administrativas, con ou sen máquinas informáticas, e as xerais propias do traballo de oficina.

Artigo 37º.-Admisión de persoal.

A admisión de persoal axustarase ó legalmente disposto sobre contratación, considerándose provisional a admisión durante un período de proba que non poderá exceder da seguinte escala:

-Persoal directivo e técnico: seis meses.

-Persoal administrativo e encargado: dous meses.

-Persoal obreiro e subalterno: un mes.

Durante este período, tanto a empresa como o empregado poderán, respectivamente, proceder á rescisión ou desistir da proba, sen necesidade de aviso previo e sen que ningunha das partes teña dereito a indemnización.

En todo caso o traballador percibirá durante o período de proba a remuneración correspondente ó labor realizado ou ó desempeño das funcións específicas e clasificadas neste convenio.

Artigo 38º.-Roupa de traballo.

Todo o persoal afectado polo presente convenio no momento do ingreso na empresa será provisto de dous uniformes, un de verán e outro de inverno, estes serán renovados cada ano nestas datas e coas seguintes pezas de roupa:

-1 de verán (maio): 2 pantalóns, 2 camisas e un par de calzado adecuado.

-1 de inverno (outubro): 2 pantalóns, 2 camisas, 1 chaqueta, 1 xersei, 1 cazadora, 1 par de botas e os guantes necesarios.

Ó persoal de taller que traballe en foso ou en lugares que por natureza do traballo o obriguen a se manter nun ambiente de humidade ou graxo, será provisto de catro fundas cada ano e de calzado adecuado.

Os mecánicos que se ocupen en traballos especialmente sucios que produzan grave deterioración dos seus vestidos, serán provistos de (4) fundas cada ano.

Ós traballadores que efectúan as súas tarefas en medios húmidos facilitaráselles calzado adecuado, así como roupa impermeable. A duración destas pezas será de (6) meses.

Artigo 39º.-Medidas de fomento de emprego e da contratación temporal.

Co fin de fomenta-la contratación e debido ós límites a esta impostos como causa das últimas modificacións lexislativas, as partes acordan que a duración máxima do contrato eventual por circunstancias da producción será de doce meses nun período de dezaoito. Poderán acollerse a esta disposición os contratos que estean en vigor na data de publicación deste convenio e aínda non esgotaron a súa duración máxima, tendo unha indemnización de oito días de salario (segundo a táboa salarial anexa) por ano, segundo o Real decreto 5/2001.

Artigo 40º.-Aviso previo de cesamento.

O persoal que desexe cesar voluntariamente na empresa deberá avisar previamente cun período de antelación mínimo de quince días naturais.

O incumprimento do prazo de aviso previo ocasionará unha deducción na súa liquidación correspondente ós días que deixase de avisar previamente.

A notificación do cesamento realizarase por escrito.

A empresa porá en coñecemento da representación dos traballadores as baixas voluntarias que se produzan.

Artigo 41º.-Réxime disciplinario.

As probadas accións ou omisións punibles en que incorran os traballadores dentro da xornada laboral clasificaranse en: leves, graves e moi graves.

As faltas que se enumeran a seguir teñen carácter meramente enunciativo e non limitado, estando en todo caso aplicando no non previsto o disposto na lexislación laboral vixente.

a) Faltas leves.

1. As de descoido, erro, demora inexplicable na execución de calquera traballo.

2. Dúas faltas de puntualidade na asistencia ó traballo durante o período dun mes, inferiores a trinta minutos e superiores a dez minutos, sen que existan causas xustificadas.

3. Non cursar no prazo de corenta e oito horas a baixa por enfermidade ou accidente, a non ser que probe a imposibilidade de efectualo.

4. O abandono sen causa xustificada do traballo, sempre que este abandono non resultase prexudicial para a empresa nin perturbase o traballo dos demais operarios; nestes supostos considerarase como falta grave.

5. Descoidos na conservación do material ou da súa limpeza.

6. Non atende-lo público con corrección.

7. Non comunicarlle á empresa os cambios de domicilio.

8. As discusións cos compañeiros de traballo dentro da xornada laboral.

9. Faltar un día ó traballo, durante un mes, sen ningunha causa que o xustifique.

10. Falta de aseo ou limpeza persoal.

11. Deixar roupas ou efectos fóra dos roupeiros ou lugares que se custodian.

12. Usar equipos de utilización persoal doutros compañeiros intencionadamente.

13. Acumular ou almacenar nos lugares de traballo materias nocivas ou perigosas, susceptibles de descomposición ou de producir infeccións.

14. Faltas de educación no trato, incorrección no ademán ou nas respostas ó dirixirse a outro compañeiro.

15. Fumar en lugares pechados nos que estea prohibido.

16. Non avisa-lo seu xefe inmediato dos defectos do material, ou da necesidade deste, para o bo desenvolvemento do traballo.

b) Faltas graves.

1. Máis de tres faltas, non xustificadas, de puntualidade ó mes.

2. Faltar dous días ó traballo durante o período dun mes sen causa xustificada.

3. A simulación de enfermidade ou accidente.

4. A mera desobediencia ós seus superiores en acto de servicio se a desobediencia implica quebranto manifesto para o traballo, ou dela derivase prexuízo notorio para a empresa.

5. Simula-la presencia doutro traballador, fichando ou asinando por el.

6. Descoido neglixente na conservación das ferramentas ou útiles de traballo.

7. Discusións alleas ó traballo, que produzan notorio escándalo.

8. Realizar traballos particulares durante a xornada, así como empregar para uso propio ferramentas ou materiais da empresa sen a oportuna autorización.

9. A embriaguez, fóra da xornada laboral, vestindo uniforme da empresa.

10. O abandono do servicio sen causa xustificada, que ocasione prexuízos á empresa ou fose causa de accidente dos seus compañeiros.

11. Inxestión de bebidas alcohólicas dentro da xornada laboral.

12. Diminución voluntaria no rendemento normal do traballo asignado.

13. Ameazas ou ofensas a un compañeiro ou a un subordinado.

14. Subir á cabina dos vehículos sen a debida autorización; consenti-los conductores que suban os operarios non autorizados; ou subir e baixar deles en marcha sen que medie causa xustificada ou forza maior.

15. A autolesión.

16. A blasfemia habitual ou esporádica con prexuízo intencionado.

17. A reincidencia en faltas leves que fosen sancionadas, aínda que sexan de distinta natureza, cometidas no trimestre anterior, excepto as faltas de puntualidade.

c) Faltas moi graves.

1. Máis de dez faltas de asistencia ó traballo sen xustificar nun período de seis meses ou quince durante o ano.

2. Faltar ó traballo máis de dous días ó mes sen causa xustificada.

3. Fraude, deslealdade ou abuso de confianza nas xestións encomendadas ou facer negociacións de comercio ou industria por conta propia sen autorización expresa da empresa.

4. Facer desaparecer, inutilizar ou causar desperfectos en materiais, útiles, ferramentas, maquinaria, aparellos, instalacións, edificios, enxoval e documentos da empresa.

5. Condena xudicial por delicto, cometidos na xornada laboral.

6. Viola-lo segredo da correspondencia ou documentos reservados da empresa.

7. A embriaguez durante o servicio.

8. Revelar a elementos estraños á empresa datos de reserva obrigada.

9. Os malos tratos de palabra ou obra, abuso de autoridade ou falta grave de respecto e consideración dos empregados ós seus superiores dentro da súa xornada laboral.

10. Os malos tratos de palabra ou obra, abuso de autoridade ou falta grave de respecto e consideración

dos mandos, capataces e encargados ós seus subordinados dentro da súa xornada laboral.

11. O abandono inxustificado do traballo en postos de responsabilidade.

12. Orixinar rifas e pendencias cos compañeiros de traballo, con reincidencia.

13. A reincidencia en falta grave, aínda que sexa de distinta natureza sempre que se cometa dentro dun período de seis meses da primeira.

d) Sancións.

As sancións que a empresa poderá impoñer, segundo a gravidade e circunstancias das faltas cometidas e de conformidade con este convenio colectivo serán as seguintes:

Por faltas leves:

-Amoestación verbal.

-Amoestación por escrito.

-Suspensión de emprego e soldo de ata dous días.

Por faltas graves:

-Suspensión de emprego e soldo de tres a quince días.

Por faltas moi graves:

-Suspensión de emprego e soldo de dezaseis días a seis meses.

-Despedimento disciplinario.

A empresa comunicaralle ó comité as sancións por faltas graves ou moi graves ó mesmo tempo que ó interesado, sendo necesaria esta comunicación cunha antelación de tres días no caso do despedimento co fin de estudiar conxuntamente os feitos integrantes da falta que se imputa.

Estes tres días interromperán a prescrición da sanción.

En caso de non chegar a un acordo, as partes farán uso das facultades que a lei lles recoñece.

e) Prescrición das sancións.

-As faltas leves prescribirán ós dez días.

-As faltas graves prescribirán ós vinte días.

-As faltas moi graves prescribirán ós sesenta días.

A partir da data en que a empresa tivo coñecemento da súa comisión e, en todo caso, ós seis meses de se cometer.

Capítulo V

Normas de funcionamento do servicio

Artigo 42º.-Conducción e mantemento de vehículos.

As operacións de conducción e taller realizaranse durante a xornada laboral e comprenden en calquera caso as seguintes.

a) Manter en todo momento, en perfecto estado de hixiene o interior e exterior dos vehículos.

b) Verificar a diario os niveis de aceite, auga e pneumáticos do vehículo que se ten asignado, así como de calquera anomalía que houbese neste sentido.

c) Nos partes de accidentes ou sinistros habidos durante a xornada faranse consta-los danos propios e os ocasionados por e contra terceiros, dos vehículos, así como os danos provocados polos contedores ou contra estes.

d) Levar, tódolos días ó finaliza-la xornada, o vehículo á nave, aparcándoo no lugar que se lle designe.

Artigo 43º.-Recollida e vertedura de residuos.

a) Efectua-las verteduras no lugar que indique a empresa.

b) Cubrir un parte diario de traballo, segundo modelo da empresa:

1. Nº de aviso, indicando nome e nº da rúa, nº de contedor, nome do vertedoiro, importe do servicio, se este se cobrase.

2. Xuntar tódolos comprobantes de servicio debidamente asinados polo cliente, tanto as levadas, cambios, retiradas, indicando hora de execución.

c) Xunta-los comprobantes de vertedura dos diferentes vertedoiros.

d) Xunta-los comprobantes especiais, en caso de recollida de contedores baleiros en naves, polígonos industriais, vertedoiro.

e) Efectua-las manobras necesarias para enganchar e desengancha-los contedores e deposita-lo contedor no sitio adecuado.

Artigo 44º.-Lexislación subsidiaria.

En todo aquilo que non quede determinado especificamente neste convenio, aplicarase o disposto no convenio colectivo do sector e demais lexislación laboral xeral.

Disposicións adicionais

Primeira.-A empresa negociará co comité os traslados de centro de traballo.

Segunda.-Durante a vixencia do presente convenio o persoal en activo que cumpra 25 anos de antigüidade na empresa, percibirá ou premio de vinculación de 241 A por unha soa vez, que será aboable dentro do mes natural seguinte ó cumprimento da dita antigüidade.

Táboas salariais 2002 Cespa Conten, S.A. Vigo (incremento 2,7% sobre 2001)

Persoal de movementoPersoal de tallerPersoal administrativo

EncargadoConductor 1ªConductor 2ªExpecialistaOficial 1ª mecan.Oficial 2ª mecan.Peón tallerOficial 1ª adtvo.Oficial 2ª adtvo.Aux. adtvo.

Salario base701,81661,91624,58584,25661,91624,58567,80661,91611,50567,80

Complemento

transporte

23,00

23,00

23,00

23,00

23,00

23,00

23,00

23,00

23,00

23,00

Total mensual724,81684,91647,59607,25684,91647,59590,81684,91634,50590,81

Pagas extras701,81661,91624,58584,25661,91624,58567,80661,91611,50567,80

Complemento

tóxico-pel

5,60

4,81

4,54

4,25

4,81

4,54

4,13

4,81

4,44

4,13

Antigüidade

Trienio22,0022,0022,0022,0022,0022,0022,0022,0022,0022,00

Máximo 6 trienios132,00132,00132,00132,00132,00132,00132,00132,00132,00132,00

Terceira paga: salario base + antigüidade (rateada en doce meses)

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA