Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 02 de outubro de 2002 Páx. 14.310

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do persoal de limpeza de Amalis, S.A., que presta os seus servicios no Hospital do Meixoeiro de Vigo.

Visto o texto do convenio colectivo do persoal de limpeza de Amalis, S.A., que presta os seus servicios no Hospital do Meixoeiro de Vigo, con nº de código 3602061, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 2-8-2002, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa e as seccións sindicais de UGT e CC.OO., con data do 10-7-2002. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta

delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 26 de agosto de 2002.

P.A.

Luis Boullosa Nores

Secretario provincial de Pontevedra

Convenio colectivo do persoal de limpeza

de Amalis, S.A. que presta os seus servicios

no Hospital do Meixoeiro de Vigo

Artigo 1º.-Ámbito funcional, persoal e territorial.

Este convenio colectivo será de aplicación ó persoal de limpeza que presta os seus servicios no centro de traballo do Hospital do Meixoeiro de Vigo para a empresa adxudicataria do mencionado servicio e que actualmente é a empresa Amalis, S.A. Afectará de igual maneira a tódalas empresas que no futuro poidan resultar adxudicatarias deste servicio.

Artigo 2º.-Ámbito temporal.

Este convenio terá unha duración de tres anos. Entrará en vigor o día da sinatura deste, se ben os seus efectos económicos se retrotraen ó día 1 de xaneiro de 2002, sendo a súa duración ata o día 31 de decembro do ano 2004.

Artigo 3º.-Denuncia.

Este convenio entenderase tacitamente prorrogado de ano en ano se ningunha das partes o denunciase cun mes de antelación ó final da súa vixencia ou de calquera das súas prórrogas. O convenio será de aplicación ata que sexa substituído por outro.

Artigo 4º.-Retribucións.

As retribucións correspondentes a cada un dos anos de vixencia deste convenio, que deberán percibi-los traballadores afectados por el, aboaranse cos mesmos conceptos e contías que as establecidas para o persoal do Sergas nas categorías da escala de servicio do grupo do persoal subalterno (grupo E), que se regulan no Estatuto de persoal non sanitario ó servicio das institucións sanitarias da Seguridade Social (soldo base, complemento de destino, complemento específico e P.R.D. por quendas). De tal xeito que os incrementos retributivos que se produzan a partir da entrada en vigor deste convenio serán aplicados igualmente ós afectados por este.

No suposto de que o persoal do Sergas antes mencionado reciba algunha contía en concepto de revisión salarial, esta será aboada igualmente ó persoal afectado por este convenio.

Os pagamentos do salario mensual realizaranse o derradeiro día de cada mes.

Artigo 5º.-Equiparación salarial e en xornada.

Os traballadores afectados por este convenio quedan equiparados salarialmente e en xornada ó persoal do Sergas das categorías da escala de servicio do grupo do persoal subalterno (grupo E), que se regulan no Estatuto de persoal non sanitario ó servicio das institucións sanitarias da Seguridade Social, de tal forma que, a partir desta equiparación, toda mellora que repercuta na mencionada categoría aplicaráselles ós traballadores afectados por este convenio.

En relación coa equiparación salarial e en xornada pactada no parágrafo anterior, páctase expresamente que se nun futuro desaparecesen as categorías da escala de servicio do grupo do persoal subalterno (grupo E), que se regulan no Estatuto de persoal non sanitario ó servicio das institucións sanitarias da Seguridade Social ou variase a súa denominación, a equiparación que neste convenio se fai coa dita categoría e polo tanto a referencia que, nos distintos artigos deste convenio, se fai a esta, deberase entender referida a aquela outra categoría ou denominación que veña a substituíla ou comprendela.

No suposto de que, desaparecidas as mencionadas categorías, non exista de forma clara e concreta unha categoría profesional que a substitúa ou comprenda, acudirase á comisión paritaria do convenio para alcanzar un acordo en tal sentido e no caso de non concretarse o acordo no seo deste órgano, acudirase ós procedementos de solución extraxudicial de conflictos previstos no AGA.

Artigo 6º.-Antigüidade.

Por cada tres anos de servicio ininterrompido, os traballadores percibirán en concepto de antigüidade as seguintes contías:

-Todos aqueles trienios que vencesen con anterioridade ó 1-1-1995 quedarán establecidos na cantidade de 22,89 euros/mensuais, manténdose tal contía invariable a partir da dita data.

-Tódolos trienios que venzan a partir do 1-1-1995 aboaranse coa mesma contía que no momento do vencemento teña establecido o persoal do Sergas para as categorías que se mencionan no art. 4 deste convenio (grupo E).

Artigo 7º.-Pagas extraordinarias.

O persoal afectado polo presente convenio colectivo percibirá dúas pagas extraordinarias, que se denominan de verán de Nadal, na mesma contía que o persoal do Sergas, para as categorías que se citan no art. 4 deste convenio (grupo E), é dicir, unha mensualidade de salario base, complemento de destino e antigüidade.

As datas que se computan para o devengo das pagas serán as seguintes:

Paga de verán: do 1 de xullo dun ano ó 30 de xuño do ano seguinte. Data de pagamento: 15 de xullo.

Paga de Nadal: do 1 de xaneiro ó 31 de decembro do mesmo ano. Data de pagamento: 20 de decembro.

Artigo 8º.-Nocturnidade.

Os traballadores que presten os seus servicios en xornada nocturna, é dicir, entre as dez da noite e as seis da mañá, percibirán en concepto de complemento de nocturnidade a mesma contía que por tal concepto perciba o persoal do Sergas a que se fai referencia no art. 4 deste convenio (grupo E).

As persoas que suplan os descansos do persoal de noite, cobrarano por días traballados.

Artigo 9º.-Traballo en domingos e festivos.

O persoal que traballe en domingos e festivos percibirá en concepto de complemento festivo ou complemento de atención continuada modalidade B, a mesma contía e nas mesmas condicións que o persoal do Sergas a que se fai referencia no art. 4 deste convenio (grupo E).

Artigo 10º.-Xornada laboral.

A xornada laboral ordinaria será de 7 horas diarias por día de traballo, sendo, en cómputo anual, a mesma que en cada momento teña establecida o Sergas (Servicio Galego de Saúde) para as categorías da escala de servicio do grupo do persoal subalterno (grupo E), que se regulan no estatuto de persoal non sanitario o servicio das institucións sanitarias da Seguridade Social.

O descanso semanal do domingo, así como dos festivos regulamentarios anuais, poderá coincidir ou non co día correspondente, sendo neste último caso compensado co descanso en calquera outro día laborable da semana.

Os traballadores con xornada ordinaria disporán de 30 minutos diarios para tomar alimentos, considerándose o dito descanso como traballo efectivo.

Artigo 11º.-Licencias.

Logo da solicitude dos traballadores afectados, considerarase licencia retribuída polo tempo e nos casos seguintes:

a) Matrimonio do traballador, 17 días naturais.

b) Matrimonio de pais, fillos ou parentes que convivan co traballador, 1 día natural.

c) Parto da esposa, 6 días laborables.

d) Falecemento do cónxuxe, 5 días naturais.

Pais, sogros e fillos, 4 días naturais.

Hospitalización, intervención cirúrxica que leve consigo a convalecencia ou enfermidade grave:

Do cónxuxe, 5 días naturais.

Pais, sogros e fillos, 3 días naturais.

Falecemento ou enfermidade grave de familiares ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, 2 días naturais.

Se entre o traballador e os parentes anteriormente detallados houber convivencia, a licencia sería de 5 días naturais. O mesmo ocorrería se o falecemento ou enfermidade grave dos parentes anteriores se producise fóra da cidade onde está situado o domicilio do Hospital do Meixoeiro.

As licencias por intervención cirúrxica e por hospitalización desta alínea d), poderanse desfrutar á opción do traballador ou no momento do feito causante, ou cando o familiar obteña a alta médica para irse ó seu domicilio, debendo desfrutarse a licencia integramente ou nun momento ou noutro, sen que se poida fracciona-lo seu desfrute.

e) Falecemento de tío consanguíneo, 1 día natural. Se houber convivencia entre o traballador e o falecido, a licencia será de 2 días naturais.

Falecemento de tío por afinidade, 1 día natural.

f) Traslado de domicilio, 2 días laborables.

g) Os traballadores/as que cursen con regularidade estudios para a obtención dun título oficial, académico e profesional terán dereito a un permiso retribuído de ata seis días ó ano para concorrer a exames, logo da comunicación do traballador á dirección da empresa con quince días de antelación e xustificación correspondente.

As traballadoras, por lactación dun fillo menor dun ano, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A muller, á súa vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada normal nunha hora coa mesma finalidade.

Os/as traballadores/as que teñan que presentarse a unha citación xudicial, terán dereito a dispor do tempo necesario para asistir a ela.

Igualmente o traballador, solicitándoo coa debida antelación terá dereito a dispor de ata 5 días de licencia e unha vez ó ano, non retribuídos pola empresa.

Nos casos de licencias referidas a esposo/a ou cónxuxe, igualmente se referirá a compañeiro/a en situación estable, sempre que se acredite a convivencia mediante certificación oficial.

Artigo 12º.-Excedencias.

Todo traballador fixo cunha antigüidade polo menos dun ano na empresa terá dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria por un prazo non inferior a un mes e non maior a cinco anos.

O traballador excedente, cando a súa categoría se encontre entre os pertencentes ós grupos de persoal subalterno e obreiro, terá dereito á reserva do seu posto de traballo durante un período máximo de cinco anos. A reincorporación á empresa deberá ser solicitada cun aviso previo de tres meses.

Excepcionalmente, cando a solicitude de excedencia sexa por un tempo máximo de dous a cinco anos, o traballador terá dereito a reintegrarse na empresa

en calquera momento durante o prazo do primeiro ano da dita excedencia. En todo caso, o traballador deberá poñer en coñecemento do empresario a súa intención de volver á empresa cunha antelación mínima dun mes. Pasado o primeiro ano do exercicio da excedencia sen que o traballador fixera uso do seu dereito, xa non poderá volver á empresa ata esgota-lo período de excedencia solicitada.

Os traballadores terán dereito a un período de excedencia de duración non superior a tres anos, para atende-lo coidado de cada fillo, tanto cando o sexa por natureza como por adopción, ou nos supostos de acollemento, tanto permanente como preadoptivo, contado desde a data de nacemento ou, se é o caso, da resolución xudicial ou administrativa.

Artigo 13º.-Posto de traballo en situación de embarazo.

As mulleres embarazadas terán dereito a que se lles cambie o posto de traballo a outro máis acorde co seu estado. Nesta materia haberá que aterse, en todo caso, ó establecido no R.D.L. 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e o artigo 26 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, así como no R.D. 1251/2001, do 16 de novembro, no que sexa de aplicación nesta materia. En todo caso, respectarase a lexislación vixente en cada momento na materia.

Artigo 14º.-Control médico obrigatorio.

Todo o persoal comprendido neste convenio terá dereito a efectuar días revisións médicas anual por conta da empresa, de acordo co establecido na Lei de prevención de riscos laborais que inclúa as probas de audiometría, control de vista, análises de sangue, análises de urina, espirometría e exploración clínica. Así mesmo, ás traballadoras realizaránselles as pertinentes probas xinecolóxicas de carácter voluntario.

A campaña de vacinación voluntaria consistirá nas correspondentes probas para a hepatite B e o tétano.

O/a traballador/a que por calquera causa non desexe someterse ós controis médicos deberá notificalo por escrito.

Artigo 15º.-Roupa de traballo.

Os traballadores serán provistos da seguinte roupa de traballo:

-Persoal feminino:

1 pixama cada seis meses.

1 par de zocos cada seis meses.

1 chaqueta curta cada dous anos.

-Persoal masculino:

1 camisa e pantalón cada seis meses.

1 par de zapatillas cada seis meses.

1 cazadora ó ano.

1 roupa de abrigo cada tres anos.

Ademais do establecido os traballadores serán dotados daqueles elementos de protección persoal que poidan necesitar no desempeño das súas funcións.

Ás traballadoras que, no momento de recibi-la roupa de traballo, se encontren en situación de embarazo, deberá serlles entregada unha roupa de acordo co seu estado.

Xestionarase coa dirección do hospital a posibilidade de que a roupa de traballo sexa lavada no propio centro hospitalario. En calquera caso a empresa lavaraa o necesario cun máximo de dúas veces por semana.

Artigo 16º.-Xubilación.

Os traballadores que cumpran a idade de 64 anos e demais requisitos esixidos poderán acollerse á modalidade de xubilación determinada no R.D. 1194/1985, para tal efecto a empresa obrígase a contratar simultaneamente no lugar do xubilado a outro traballador, de acordo co establecido no mencionado real decreto.

Aquelas persoas que se xubilen anticipadamente, logo do acordo coa empresa, percibirán un premio indemnizatorio consistente nas seguintes cantidades:

-Xubilación ós 60 ou 61 anos de idade: 4 mensualidades do salario.

-Xubilación ós 62 ou 63 anos de idade: 3 mensualidades do salario.

-Xubilación ós 64 anos sen acollerse ó R.D. 1194/1985: 2 mensualidades do salario.

A xubilación de tódolos traballadores será obrigatoria á idade de 65 anos, sempre que se reúnan os requisitos e se teña o período de carencia necesario para obte-las prestacións da Seguridade Social.

Artigo 17º.-Complemento de IT, accidente e maternidade.

Nos supostos de enfermidade común e accidente laboral, os traballadores percibirán o 100% do salario base, antigüidade, complemento de destino, complemento específico e P.R.D. por quendas e complemento de nocturnidade, se é o caso, desde o primeiro día da baixa, mentres continúe a situación de IT e o traballador permaneza de alta na empresa.

As pagas extraordinarias percibiranse completas, en tódolos casos de IT.

Para os casos de maternidade haberá que aterse ó establecido na lexislación vixente.

A empresa disporá a cantidade total de ata doce mil vinte euros (12.020) anuais, que se distribuirá proporcionalmente entre aqueles traballadores que prestasen servicios no centro de traballo de forma ininterrompida durante o ano natural correspondente e que non estivesen en situación de IT durante máis de 21 días no ano. Para que se perciban as contías

antes mencionadas, será requisito imprescindible que non se supere a cifre de 3.000 (tres mil) días en situación de IT por parte da totalidade dos traballadores que estivesen de alta na empresa no ano correspondente.

Este punto terá vixencia durante os anos 2002 e 2003. No ano 2004, as partes asinantes do convenio reuniranse co fin de analiza-la incidencia que este punto tivese sobre o absentismo.

Artigo 18º.-Adscrición do persoal.

Nesta materia será de aplicación o establecido en cada momento no convenio colectivo provincial de limpeza de edificios e locais de Pontevedra.

Artigo 19º.-Vacacións.

O persoal afectado por este convenio terá dereito ó desfrute dun mes natural de vacacións retribuídas, que se desfrutarán entre os meses de xullo e setembro, ámbolos dous incluídos.

As quendas de vacacións serán rotativas:

No suposto de estar en IT no momento de inicia-las vacacións, o traballador terá dereito ó seu desfrute noutro momento, fóra do período vacacional. Así mesmo, en caso de hospitalización do traballador durante o desfrute das súas vacacións, estas interromperanse, podendo o traballador desfruta-los días que estea hospitalizado e coincidan coas súas vacacións, a continuación do seu remate.

Ademais, terá dereito ó mesmo número de días de permiso, dos denominados moscosos, que desfrute o persoal do Sergas das categorías da escala de servicio do grupo do persoal subalterno (grupo E), que se regulan no Estatuto de persoal non sanitario ó servicio das institucións sanitarias da Seguridade Social e que actualmente están establecidos na contía de 9 días anuais.

Para o desfrute destes días de permiso teranse sempre en conta as necesidades do servicio.

Para os anos 2003 e 2004, no aboamento das vacacións incluirase unha gratificación por importe de 60,10 euros anuais para o ano 2003 e de 120,20 euros anuais para o ano 2004.

Artigo 20º.-Dereitos sindicais.

En todo o relacionado con este tema haberá que aterse ó disposto no Estatuto dos traballadores e na LOLS, determinándose que cando un representante legal dos traballadores deba saír da empresa para exercer funcións de representación, deberá comunicalo a esta como mínimo o día anterior, salvo situacións excepcionais que se deberán xustificar. Como xustificante será válido o comprobante dos organismos oficiais ou da central sindical correspondente.

Os compoñentes do comité de empresa terán un crédito de 22 horas mensuais para o exercicio das súas funcións de representación.

As horas sindicais, en cómputo mensual, poderán acumularse nun ou máis membros do comité de empresa. Así mesmo, establécese que calquera membro do comité de empresa ou delegado de persoal poderá ceder todas ou parte das súas horas sindicais en favor do responsable da sección sindical correspondente, logo da comunicación á empresa, sen que iso xere ningún dereito a horas sindicais para tales representantes.

Desconto en nómina da cota sindical:

A empresa, logo da correspondente petición por escrito do traballador, descontará da súa nómina a cota sindical, enviando o dito importe á central sindical á que estea afiliado o traballador.

Artigo 21º.-Asembleas.

Os traballadores afectados por este convenio disporán de 20 horas ó ano para realizar asembleas, durante a xornada laboral, podendo celebrarse un máximo de dúas asembleas ó mes, debendo comunicar á empresa a súa realización cunha antelación de 48 horas, salvo situacións excepcionais de conflicto ou folga, nas que chegará con avisar con 24 horas de antelación.

Artigo 22º.-Formación continuada do persoal.

A empresa impartirá como mínimo unha vez ó ano, entre o seu persoal, cursos co fin do perfeccionamento do servicio e, no que cómpre, á reciclaxe e información sobre novas técnicas e medidas de seguridade social e saúde laboral.

Artigo 23º.-Comisión paritaria.

As partes asinantes do convenio son, en representación dos traballadores, os compoñentes do comité de empresa que constan na acta final de convenio, representantes do persoal de limpeza que presta os seus servicios no Hospital do Meixoeiro de Vigo, así como os representantes das seccións sindicais de UGT e CC.OO., respectivamente, e por outro lado representación legal da empresa Amalis, S.A.

En aplicación do establecido no artigo 85.2º e) do Estatuto dos traballadores créase unha comisión paritaria de convenio como órgano mixto de interpretación, conciliación e arbitraxe, para entender de cantas cuestións lle sexan atribuídas.

A devandita comisión estará integrada por catro membros, dous representantes da empresa e dous representantes dos traballadores. Cada unha das partes poderá valerse dos asesores que considere convenientes, con dereito a voz pero sen voto.

As decisións deberán tomarse por maioría das representacións respectivas, é dicir, por dous representantes da empresa e dous dos traballadores. As decisións que non sexan aprobadas coas maiorías mencionadas carecerán de validez e, por conseguinte, as partes, para soluciona-las discrepancias que puideran existir, poderán acudir ós organismos administrativos ou xudiciais correspondentes, así como

ás disposicións contidas no AGA para a solución extraxudicial de conflictos laborais.

Artigo 24º.-Mobilidade xeográfica.

A empresa respectaralles ós traballadores adscritos ó centro de traballo Hospital do Meixoeiro a súa permanencia no dito centro, do que non poderán ser trasladados máis que en virtude de acordo entre as partes, por motivo de forza maior, ou por causas alleas á organización da empresa. Neste último suposto, caso de desacordo entre as partes, ou desacordo no período de consultas a que se refire o artigo 40 do Estatuto dos traballadores a diverxencia someterase ás disposicións previstas no Acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos de traballo (Diario Oficial de Galicia do 4 de maio de 1995).

Artigo 25º.-Seguro de accidentes.

A empresa concertará un seguro de accidentes para os seus traballadores que cubra o risco de falecemento ou incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez, por causa de accidente de traballo, por importe de:

-Falecemento e incapacidade permanente total: 12.020 euros.

-Incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez: 15.025 euros.

Artigo 26º.-Comité de seguridade e saúde.

De acordo co establecido na Lei de prevención de riscos laborais constituirase o comité de seguridade e saúde como órgano paritario para entender das cuestións correspondentes.

Artigo 27º.-Asistencia a consultorios médicos.

Tódolos traballadores terán dereito a tres horas cada vez que teñan que asistir á consulta do médico de medicina xeral. Cando o médico de medicina xeral que lle corresponda ó traballador tivera o seu consultorio en localidade distinta daquela na que prestan os seus servicios os traballadores, estes disporán do tempo necesario.

O traballador que teña que acudir a un consultorio médico está obrigado a avisar anticipadamente á empresa, debendo xustificar, por outra parte, que foi atendido polo médico de medicina xeral.

Para a súa asistencia á consulta do especialista os traballadores terán dereito a todo o tempo necesario logo da presentación do volante do médico de medicina xeral. Ademais, terán dereito a un día de asistencia ó especialista fóra da localidade.

Así mesmo, terán dereito a 3 horas para asistir ó consultorio médico con fillos menores de 14 anos ou fillos minusválidos, calquera que sexa a súa idade, cun máximo de tres veces ó mes, sempre que a súa xornada laboral sexa coincidente co horario de consulta médica e co horario de traballo do seu cónxuxe ou compañeiro/a.

Os procesos de rehabilitación non terán a consideración de consulta médica para efectos do dereito regulado anteriormente.

Artigo 28º.-Procedemento sancionador.

Nos casos de faltas graves ou moi graves cometidas por algún traballador/a, a empresa deberá dar audiencia previa a este e ó comité de empresa, antes da imposición da sanción correspondente.

Artigo 29º.-Vacantes e substitucións.

Os/as traballadores/as adscritos á quenda de tarde terán preferencia para cubri-las vacantes da súa mesma categoría profesional, producidas na quenda da mañá, e que a empresa considere necesario cubrir, por vacacións, excedencias, maternidade, novas contratacións e baixas de I.T. de duración superior a 15 días. Nestes supostos, as persoas que se contraten para cubrir tales vacantes pasarán a presta-los seus servicios na quenda de tarde, independentemente de que o/a traballador/a en situación de IT, maternidade, etc, sexa da quenda da mañá.

Aquelas persoas da quenda da tarde que teñan dereito a cubrir unha vacante de acordo coa orde de preferencia que establezan de forma conxunta o comité de empresa e a empresa, e non a cubran, pasará automaticamente ó derradeiro lugar da lista de preferencia.

As persoas que se citan no anexo II deste convenio terán preferencia para cubrir aqueles contratos de traballo, fixos ou de interinidade, de categoría de limpador/a que subscriba a empresa co Hospital do Meixoeiro. Nos casos de interinidade contrataranse os/as traballadores/as de forma rotatoria e, nos casos de contratos fixos, será a empresa quen libremente determine en cada momento as persoas do anexo mencionado que deban ser contratadas.

Facúltase a comisión paritaria do convenio para desenvolver con posterioridade á sinatura deste a orde de preferencia, así como as situacións de excepcionalidade que se poidan dar nos contratos de interinidade.

Non se poderán realizar contratos a través de empresas de traballo temporal (ETT) para cubrir vacantes de carácter temporal, nin vacantes definitivas.

Cláusulas adicionais

Primeira.-As condicións pactadas neste convenio colectivo forman un todo orgánico e indivisible e para efectos da súa aplicación práctica terán que ser consideradas globalmente, evitando interpretacións parciais.

Segunda.-En todo o non recollido neste convenio colectivo haberá que aterse ó disposto no Estatuto dos traballadores e demais lexislación laboral vixente, con exclusión expresa do convenio provincial de limpezas de edificios e locais de Pontevedra, así como de calquera outro convenio colectivo, excepto o artigo 23 do vixente convenio colectivo provincial de limpezas de edificios e locais.

ANEXO I

Táboa salarial (1-1-2002 ó 31-12-2002)

Salario base

Encargado475,99 A/mes.

Responsable de equipo475,99 A/mes.

Especialista475,99 A/mes.

Peón especializado475,99 A/mes.

Conductor-limpador475,99 A/mes.

Limpador/a475,99 A/mes.

Peón475,99 A/mes.

Complemento de destino203,62 A/mes.

Complemento específico183,31 A/mes

Segundo os anteriores conceptos, a distribución das retribucións en cómputo anual será a seguinte:

Salario base: 475,99x14=6.663,86 A/ano

Compl. destino: 203,62x14=2.850,68 A/ano

Complemento específico: 183,31x12=2.199,72 A/ano

Total: 11.714,26 A/ano.

Antigüidade (trienios que venzan a partir do 1-1-1995): 11,65 A/mes x 14 pagas.

Complemento festivo (compl. atención continuada modalidade B): 23,51 A/festivo traballado.

Nocturnidade (Compl. atención continuada modalidade A): 249,10 A/mesx12 pagas.

P.R.D. por quendas:

(Quenda rotatoria simple): 13,72 A/mesx12 pagas.

(Quenda rotatoria complexa): 27,45 A/mesx12 pagas.

ANEXO II

Relación de traballadores/as con preferencia para

cubrir vacantes e substitucións

Crespo Barciela, Olivia.

Santiso Penabella, Isabel.

Alfonso Cabaleiro, Salud.

Hermida Rodríguez Marcelina.

Carrera Alves, Mª Jesús.

Monteagudo Martínez, Ana Isabel.

Hermida Rodríguez, Ana Mª.

Soliño Hermelo, Mercedes.

Blanco Domínguez, Josefa.

Barreiro Vázquez, Amparo.

Cabadas Guisande, Carlos.

Comesaña Salgueiro, Valentín.

Asistentes:

Polo comité de empresa:

Carmen Castro Álvarez.

Carmen Fernández Álvarez.

Edelmiro Martínez Troncoso.

Pablo Suárez Iglesias.

Mª José Martínez Moreno.

Sección sindical UGT:

Horacio Alonso de la Campa.

Sección sindical CC.OO.:

Joaquín Martínez Fernández.

Asesores sindicais:

José A. Pérez Rodríguez (UGT).

Francisco Estévez Rodríguez (CC.OO.).

Pola empresa:

Reyes García Alonso.

Rafael Pastor Borreguero.

Na cidade de Vigo, sendo as 13 horas do día 10 de xullo de 2002, reúnense as persoas expresadas á marxe, os que constitúen a comisión negociadora do convenio colectivo do persoal de limpeza que prestan os seus servicios no Hospital do Meixoeiro de Vigo. Así mesmo, asiste á reunión Pilar Cancela Rodríguez, xefa do Servicio Técnico Xurídico e de Solución de Conflictos do Consello Galego de Relacións Laborais, en calidade de moderadora da mesa.

Aberta a sesión, unha vez máis, os asistentes recoñécese reciprocamente como interlocutores válidos para a negociación do convenio colectivo, que é obxecto desta reunión, e tralas debidas discusións e deliberacións das propostas e contrapropostas presentadas por unha e outra parte, e de conformidade do establecido no Estatuto dos traballadores así como o acordado na acta de constitución desta comisión negociadora, adóptanse os acordos e conclusións que unha vez redactados e aprobados constitúen o convenio colectivo obxecto de negociación.

Como consecuencia do anterior e estimándose cumpridos tódolos requisitos e trámites legais regulamentarios, os asistentes por unanimidade adoptan os seguintes acordos:

Primeiro.-Aproba-lo texto do convenio colectivo do persoal de limpeza do centro de traballo Hospital do Meixoeiro de Vigo; o seu texto foi lido e considerado conforme, sendo asinado por tódolos asistentes, dándoo como válido e executivo.

Segundo.-Darlle ó dito convenio o trámite legal, facéndollo chegar coas súas copias correspondentes á autoridade laboral competente para o seu visado e rexistro e ulterior publicación no BOP.

E para que así conste, redáctase esta acta, asinándoa os asistentes en proba de conformidade na cidade e data ó principio expresadas.

Asistentes:

Polo comité de empresa:

Carmen Castro Alvarez.

Carmen Fernández Alvarez.

Edelmiro Martínez Troncoso.

Pablo Suárez Iglesias.

Mª José Martínez Moreno.

Sección sindical UGT:

Horacio Alonso de la Campa.

Sección sindical CC.OO.:

Joaquín Martínez Fernández.

Pola empresa:

Reyes García Alonso.

Na cidade de Vigo, sendo as 15 horas do día 10 de xullo de 2002, reúnense as persoas expresadas á marxe na súa condición de comisión paritaria do convenio colectivo do persoal de limpeza de Amalis, S.A. que presta os seus servicios no Hospital do Meixoeiro de Vigo, os que pola súa vez, constitúen, dunha parte, o comité de empresa e seccións sindicais, representantes dos traballadores antes mencionados, e doutra, representación legal da empresa Amalis, S.A., actual concesionaria do mencionado servicio.

Aberta a sesión, ámbalas partes, como inicio do que se vai tratar, se recoñecen mutua e reciprocamente como interlocutores válidos para o obxecto previsto para esta reunión.

Ten por obxecto esta reunión desenvolve-lo alcance e contido do artigo 29 do convenio colectivo do centro de traballo, en aplicación do pactado nos parágrafos segundo e catro do citado artigo.

Tras un debate sobre os temas que se van tratar, as partes alcanzan os seguintes acordos:

Primeiro.-A orde de preferencia dos traballadores fixos da quenda de tarde, para cubri-las vacantes da súa mesma categoría profesional producidas na quenda de mañá e que empresa considere necesario cubrir, por vacacións, excedencias, maternidade, novas contratacións e baixas de I.T. de duración superior a 15 días, todo isto de acordo co establecido no artigo 29 do convenio colectivo do centro de traballo, será o que se establece na relación adxunta ó presente documentación sinalada como anexo I.

As vacantes iranse ofrecendo ós traballadores da quenda de tarde segundo a orde na que aparecen no anexo I mencionado e de forma rotatoria.

Se algún traballador ó que se lle ofrecese unha vacante non a cobre, pasará automaticamente ó último lugar de preferencia da lista.

Se existise unha vacante das mencionadas, na quenda de mañá e non houbese traballadores do anexo I interesados en cubrila, a empresa poderá suplila con persoal contratado do anexo II, respectándoselle ó contratado a súa quenda durante a vixencia da suplencia.

Segundo.-En aplicación do establecido no parágrafo terceiro do artigo 29 do convenio mencionado, a orde de preferencia das persoas que se mencionan no anexo II do convenio para cubrir aqueles contratos de traballo de interinidade de categoría de limpador que subscriba a empresa no Hospital do Meixoeiro, será a que se establece na relación adxunta a este documento sinalada como anexo II.

Os contratos de interinidade que subscriba a empresa iranse ofrecendo ós traballadores do anexo II segundo a orde na que aparecen na relación mencionada, e de forma rotatoria.

Se algún traballador ó que se lle ofreceu un contrato non o subscribe, agás por causa xustificada e acreditada documentalmente (entendendo por causa xustificada para estes efectos as seguintes: estar traballando para outra empresa, enfermidade do traballador e morte ou enfermidade grave de familiares de primeiro grao), pasará automaticamente ó último lugar de preferencia da lista.

No suposto de que algún dos traballadores do anexo II rexeite en tres ocasións contratos de interinidade que lle correspondan pola súa orde de preferencia, agás que o motivo de non subscribi-lo contrato sexa algunha das causas xustificadas que se mencionan no parágrafo anterior, este traballador deixará de te-lo dereito preferencial que se establece no art. 29 mencionado, e por conseguinte o seu nome quedará eliminado do anexo II.

Non obstante o establecido nos parágrafos anteriores, recoñéceselle á empresa o dereito de cubrir algúns dos postos de traballo mencionados, con persoas distintas ás que figuran no anexo II, por razóns de necesidade empresarial, logo de acordo co comité de empresa. En caso contrario observarase o disposto no convenio e concretamente o anexo II coa modificación acordada.

Así se acorda e, para que conste para os efectos oportunos, redáctase esta acta, que é asinada por tódolos asistentes en proba de conformidade. Tod isto na cidade e data ó principio expresadas.

ANEXO I

Relación de traballadores fixos da quenda de tarde con preferencia para cubrir vacantes da quenda de mañá segundo o artigo 29º do convenio colectivo

Nº de preferenciaApelidos e nome

1Vicente Correa, Mº Teresa

2Castro Álvarez, Mª Carmen

3Araújo Collazo, Francisca

4Alonso Gómez, Mª Begoña

5Casal Carreira, Mª José

6Coto Pereira, Mª Jesús

7Lago Lago, Teresa

8Fernández Álvarez, Carmen

9Luis Alonso, Amelia

10Álvarez González, Sonia

11Couñago Álvarez, Mónica

12Casal Carreira, Pilar

13Iglesias Montes, Luisa

14Feros Iglesias, Rosa Mª

15Romero Vicente, Carmen

16Queija Queija, Gloria

17Rodríguez Lorenzo, Yolanda

18Campos Rodríguez, Rosa Ana

19Alvarado Pérez, Rosa Mª

20Viso Baude, Begoña

21Míguez Lorenzo, Teresa

22Alonso Esperón, Carmen

23Piñón Pazos, Mª Amparo

24Rivera Fernández, Emilia

25Casal Lorenzo, Mª Dolores

26Gómez Teixeira, María

27Larralde González, Begoña

28Sio Castro, Cándida

1Gil Hesseldahl, Jorge

2Lorenzo Cabrera, Eduardo

3Alonso de la Campa, Horacio

4Blanco Montoto, José Luis

5Lameiro Cerdeira, Luis Anibal

6González Rodríguez, José Manuel

7Yáñez Rodríguez, Luis

8García Alonso, Pedro

9González Juncal, Carlos

ANEXO II

Relación de traballadores con preferencia para cubrir vacantes e substitucións segundo o artigo 29º do convenio colectivo

Nº de preferenciaApelidos e nome

1Crespo Barciela, Olivia

2Santiso Penabella, Isabel

3Alfonso Cabaleiro, Salud

4Hermida Rodríguez Marcelina

5Carrera Alves, Mª Jesús

6Monteagudo Martínez, Ana Isabel

7Hermida Rodríguez, Ana Mª

8Soliño Hermelo, Mercedes

9Blanco Domínguez, Josefa

10Barreiro Vázquez, Amparo

1Cabadas Guisande, Carlos

2Comesaña Salgueiro, Valentín

Asistentes:

Polo comité de empresa:

Carmen Castro Álvarez.

Carmen Fernández Álvarez.

Edelmiro Martínez Troncoso.

Pablo Suárez Iglesias.

Mª José Martínez Moreno.

Sección sindical UGT:

Horacio Alonso de la Campa.

Sección sindical CC.OO.:

Joaquín Martínez Fernández.

Pola empresa:

Reyes García Alonso.

Rafael Pastor Borreguero.

Na cidade de Vigo, sendo as 10 horas do día 18 de xullo de 2002, reúnense as persoas expresadas á marxe na súa condición de compoñentes da comisión paritaria do convenio colectivo do persoal de limpeza de Amalis, S.A. que presta os seus servicios no Hospital do Meixoeiro de Vigo, os que pola súa vez, constitúen, dunha parte, o comité de empresa

e seccións sindicais, representantes dos traballadores antes mencionados, e doutra, representación legal da empresa Amalis, S.A., actual concesionaria do mencionado servicio.

Aberta a sesión, ámbalas partes, como inicio do que se vai tratar, se recoñecen mutua e reciprocamente como interlocutores válidos para o obxecto previsto para esta reunión.

Esta reunión ten por obxecto aclarar algúns aspectos da redacción do convenio colectivo do centro de traballo mencionado, en canto á roupa de traballo (artigo 15) e ó sistema de solicitude para o desfrute dos días denominadas moscosos que se regulan no artigo 19.

Tras un debate sobre os temas que se van tratar, as partes alcanzan os seguinte acordos:

Primeiro.-O artigo 15º do convenio, polo que se regula a roupa de traballo, aclárase nos seguintes termos:

Calzado que se proverá ós traballadores:

Persoal feminino: 1 par de zocos ou zapatillas cada seis meses.

Persoal masculino: 1 par de zapatillas ou zocos cada seis meses.

Roupa de abrigo para o persoal masculino:

Se é necesario renova-la peza de roupa de abrigo antes dos tres anos, debido a unha deterioración inusual no uso normal do traballo, o traballador interesado deberá achega-la peza usada.

Segundo.-Para desfrutar do descanso dos días denominados moscosos, que se regulan no parágrafo cuarto do artigo 19º do convenio, actuarase da seguinte forma:

-O traballador interesado solicitarao por escrito, no documento que para tal efecto confeccione a empresa.

-O documento redactarase por triplicado, de forma que unha copia sexa para o traballador solicitante, outra para o comité de empresa e a terceira para a propia empresa.

-No documento farase consta-lo nome do traballador, a data da solicitude e a data en que se pretende levar a cabo o descanso do día correspondente.

-As solicitudes presentaranse á empresa, como máximo o día 15 do mes anterior a aquel no que se desexa desfruta-lo descanso. A empresa terá de prazo ata o día 22 dese mesmo mes, para comunica-la posibilidade ou non do desfrute na data solicitada.

-Se hai varias peticións para un mesmo día, e non se puidese concede-lo descanso a todas, actuarase por antigüidade na petición, tendo preferencia a persoa que o solicitase con anterioridade.

-En calquera caso e de acordo co establecido no convenio colectivo, para o desfrute destes días de permiso terase sempre en conta as necesidades do servicio.

Así se acorda e, para que conste para os efectos oportunos, redáctase esta acta que é asinada por tódolos asistentes en proba de conformidade. Todo isto na cidade e data ó principio expresadas.

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA