Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 02 de outubro de 2002 Páx. 14.319

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ACORDO do 25 de setembro de 2002, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso á categoría 1 (camareiro/a-limpador/a e outros), correspondente ó grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, polo que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio da fase de oposición (exame de galego).

Na sesión mantida o día 24 de setembro de 2002, o tribunal V-A designado pola Orde do 10 de decembro de 2001, para xulga-lo proceso selectivo para o acceso á categoría 1 (camareiro/a-limpador/a e outros), correspondente ó grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 30 de xullo de 2001 (DOG nº 160, do 20 de agosto) e de conformidade co disposto nas bases II.3.3 e II.3.4 da convocatoria acordou:

Primeiro.-Convoca-los aspirantes para realiza-lo terceiro exercicio da fase de oposición, para o acceso á categoría 1 (camareiro/a-limpador/a e outros) do grupo V, nun único chamamento, o día 16 de outubro de 2002, ás 17 horas na Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa Londres do polígono das Fontiñas en Santiago de Compostela. O exame comezará unha vez finalizado o chamamento.

Segundo.-Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno, que a xuízo do tribunal, acredite a súa identidade.

Terceiro.-De acordo co punto II.2.1.c) da convocatoria, aqueles aspirantes que acreditasen estar en posesión do curso de iniciación de lingua galega antes do día 26 de xullo de 2002, quedarán exentos da realización deste exercicio.

Faise pública a relación dos aspirantes que terán que realizar este exercicio no Servicio de Información e Atención ó Cidadán da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2002.

Mª del Camino Triguero Salas

Presidenta do tribunal V-A