Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 02 de outubro de 2002 Páx. 14.319

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2002 pola que se anuncia a contratación de asistencias técnicas, por concurso público aberto, que terán por obxecto a realización de revisións de control financeiro de subvencións concedidas pola Comunidade Autónoma.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase a contratación de asistencias técnicas, por concurso público aberto, que terán por obxecto a realización de revisións de control financeiro de subvencións concedidas pola Comunidade Autónoma.

1. Entidade adxudicadora.

Consellería de Economía e Facenda.

2. Obxecto dos contratos.

Descrición: realización de revisións de control financeiro de acordo co seguinte detalle:

Revisións

Entidades

Prazo de

execución

Importe

en euros

Revisión 01/2002Revisión subvencións PO IFOP (medida 3.3.) e POI de Galicia. FEOGA-ORIENTACIÓN (medida 7.2.)30 días naturais19.833

Revisión 02/2002Revisión subvencións POI de Galicia. FEDER (medida 1.1.)30 días naturais24.190

Revisión 03/2002Revisión de subvencións Plan FIP30 días naturais75.000

Revisión 04/2002Revisión de subvencións POI de Galicia. FSE (medida 42.6.2)30 días naturais30.051

Revisión 05/2002Revisión de subvencións POI de Galicia. FSE (medidas 41.12.1., 41.13.2. e 41.15.1.)30 días naturais15.925

Revisión 06/2002Revisión subvencións PO IFOP (medidas 1.1., 2.1. e 2.2.)30 días naturais20.160

Revisión 07/2002Revisión subvencións PO IFOP (medidas 3.2. e 3.4.)30 días naturais44.520

Revisión 08/2002Revisión de subvencións Igape30 días naturais39.655

Revisión 09/2002Revisión de subvencións POI de Galicia. FSE (medidas 42.6.1., 42.8.1. e 43.3.1)30 días naturais18.030

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación.

O orzamento máximo de licitación é de 287.364 euros. O importe entenderase co IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento establecido para cada contrato.

Definitiva: 4% do importe do adxudicación de cada contrato.

6. Obtención de documentación e información.

a) Consellería de Economía e Facenda. Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

b) Domicilio: edificio administrativo nº 3, San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15705.

d) Teléfono: 981 54 41 79.

e) Telefax: 981 54 41 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos dos contratistas.

Outros requisitos: estar inscrito no Rexistro Oficial de Auditores de Contas.

8. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do décimo quinto día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

De coincidir en sábado, o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e lacrado, e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda ou por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificando a data de imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses, contados a partir da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas.

En acto público ás 11 horas do quinto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó de finalización do prazo para a presentación de ofertas, nas dependencias da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, en San Caetano (Santiago de Compostela).

10. Gastos do anuncio.

Os gastos do anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2002.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda