Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 02 de outubro de 2002 Páx. 14.320

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2002 pola que se anuncia a contratación dunha asistencia técnica para traballos de colaboración no control financeiro de sociedades públicas autonómicas e fundacións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase a contratación dunha asistencia técnica, por concurso público aberto, que terá por obxecto a realización de traballos de colaboración no control financeiro de sociedades públicas autonómicas e fundacións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

Consellería de Economía e Facenda.

2. Obxecto dos contratos.

Descrición: realización de traballos de colaboración no control financeiro de sociedades públicas autonómicas e fundacións públicas, de acordo co detalle seguinte:

Entidades que se van auditar por lotes

Lote nº

Entidades

Orzamento lote

(en euros)

1Instituto Galego de Medicina Técnica

Fundación Pública Hospital de Verín

Fundación Pública Hospital da Barbanza

Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira

Fundación Pública Hospital do Salnés

31.864,57 A

2Portos de Galicia7.867,79 A

3Instituto Galego de Promoción Económica

Axencia Galega para o Desenvolvemento Rural

11.801,69 A

4XES-Galicia (Sociedade Xestora de Entidades Capital Risco)

BIC-GaliciaS.A de Xestión do Centro de Supercomputación de Galicia

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

9.441,35 A

5Sociedade Pública de Investimentos de Galicia

Sociedade Galega de Medio Ambiente

Xenética Fontao

15.735,59 A

6Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia S.A.

de Xestión do Plan Xacobeo Galicia Calidade

15.735,59 A

7Compañía Radio Televisión de Galicia e sociedades

Retegal

15.735,59 A

Total108.182,17 A

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación.

O orzamento máximo de licitación é o que está detallado no cadro que figura no punto 2. Os importes entenderanse en euros co IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento establecido como base da licitación do lote ou lotes polos que se presenten ofertas.

Definitiva: 4% do importe do lote ou lotes adxudicados.

6. Obtención de documentación e información.

a) Consellería de Economía e Facenda. Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

b) Domicilio: edificio administrativo nº 3, San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15705.

d) Teléfono: 981 54 41 70.

e) Telefax: 981 54 41 73.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos dos contratistas.

Outros requisitos: estar inscrito no Rexistro Oficial de Auditores de Contas como exercente.

8. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do décimo quinto día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

De coincidir en sábado, o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e lacrado, e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda ou por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificando a data de imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses, contados a partir da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas.

En acto público ás 12 horas do quinto día desde a finalización do prazo para a presentación de solicitudes, na sala B da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, en San Caetano (Santiago de Compostela).

10. Gastos de anuncios.

Os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2002.

P.S. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda