Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 02 de outubro de 2002 Páx. 14.310

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 27 de setembro de 2002 pola que se amplía o prazo de xustificación dos investimentos realizados ó abeiro da Orde do 13 de xuño de 2002, pola que se procede á convocatoria de axudas encamiñadas á mellora das instalacións eléctricas e fomento da utilización ou producción de recursos enerxéticos renovables nos concellos de Galicia.

A Consellería de Industria e Comercio dictou a Orde do 13 de xuño de 2002 pola que se procede á convocatoria de axudas encamiñadas á mellora das instalacións eléctricas e fomento da utilización ou producción de recursos enerxéticos renovables

nos concellos de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 122, do 26 de xuño).

Na citada disposición establécese no seu articulado como requisito indispensable para o libramento de axudas a presentación da documentación acreditativa do investimento realizado antes do 31 de outubro de 2002.

Tendo en conta que o elevado número de solicitudes presentadas motivou un dilatado proceso de avaliación dos proxectos e resolución dos respectivos expedientes, considérase necesario amplia-lo prazo de xustificación dos investimentos levados a cabo polos solicitantes.

En consecuencia, no uso das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único.-Amplia-lo prazo para a execución e xustificación dos investimentos ou actuacións subvencionables ó abeiro da orde da Consellería de Industria e Comercio do 13 de xuño de 2002 ata o 30 de novembro de 2002.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2002.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio