Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 01 de outubro de 2002 Páx. 14.268

II. AUTORIDADES E PERSOAL

SUBSTITUCIÓNS:

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 27 de setembro de 2002 pola que se encarga ó director xeral de Xustiza o despacho dos asuntos da Dirección Xeral de Administración Local.

Con motivo da ausencia temporal do director xeral de Administración Local, é necesario prove-la súa suplencia, de xeito que se asegure o correcto funcionamento do servicio e a resolución dos asuntos encomendados á dirección xeral da que é titular.

Polo tanto, en uso das atribucións que me confire o artigo 3 do Decreto 147/2002, do 11 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, en relación co artigo 17 da Lei 30/1992, do 26 de

novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

DISPOÑO:

Artigo 1º

O exercicio das competencias da Dirección Xeral de Administración Local, previstas no artigo 13 do Decreto 147/2002, do 11 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, quedan encomendadas ó director xeral de Xustiza ata que se reincorpore ó seu posto o titular da citada dirección xeral.

Artigo 2º

Sempre que se exerzan competencias con base na suplencia establecida nesta orde, deberá facerse constar así nos actos ou resolucións administrativas correspondentes.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2002.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior

e Relacións Laborais