Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 01 de outubro de 2002 Páx. 14.268

II. AUTORIDADES E PERSOAL

SUBSTITUCIÓNS:

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 27 de setembro de 2002 pola que se dispón que a secretaria xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais se encargue do despacho dos asuntos da Dirección Xeral de Relacións Laborais.

Producido o cesamento do titular da Dirección Xeral de Relacións Laborais, cómpre adopta-las medidas inmediatas para que, sen prexuízo do posterior nomeamento do novo titular deste centro directivo, se asegure o correcto funcionamento do servicio e a resolución, se é o caso, dos asuntos encomendados ó devandito órgano administrativo.

Polo tanto, en virtude das atribucións que me confire o artigo 3 do Decreto 147/2002, do 11 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, en relación co artigo 17 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

DISPOÑO:

Artigo 1º

O exercicio das competencias da Dirección Xeral de Relacións Laborais, previstas no artigo 9 do Decreto 147/2002, do 11 de abril, polo que se esta

blece a estructura orgánica da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, será asumido pola Secretaría Xeral ata que se produza a incorporación do novo titular á devandita dirección xeral.

Artigo 2º

Sempre que se exerzan competencias de acordo coa suplencia establecida nesta orde, deberá facerse constar así nos actos ou resolucións administrativas correspondentes.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2002.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA