Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 30 de setembro de 2002 Páx. 14.240

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, que comprende o proxecto modificado do parque eólico de Penas Grandes, situado nos concellos de Carballedo (Lugo) e Rodeiro (Pontevedra). (Expediente 08/2000 DXIEM-EOL).

En cumprimento do disposto no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, abastecemento e procedementos de auto

rización de instalacións de enerxía eléctrica, a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e Decreto 302/2001, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométense a información pública, por solicitude da empresa Elecnor, S.A., as instalacións que a continuación se describen:

Obxecto de información pública.

Declaración de utilidade pública, autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións que comprende o proxecto modificado do parque eólico de Penas Grandes.

A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a necesidade de urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Peticionario: Elecnor, S.A.

Enderezo: praza Manuel Gómez Moreno, s/n; edificio Bronce, 6ª planta, 28020 Madrid.

Localización: concellos de Carballedo (Lugo) e Rodeiro (Pontevedra).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

XY

587.5004.715.000

588.5004.716.000

589.0004.717.000

589.0004.718.000

590.0004.719.000

590.1284.719.000

589.8894.718.354

590.0084.717.589

589.5004.716.000

589.0004.715.000

Características técnicas do parque eólico.

-Nº de aeroxeradores: 9.

-Potencia nominal unitaria: 1.600 kW.

-Potencia total instalada: 14,4 MW.

-Tipo de aeroxerador: ECOTECNIA 1.600.

-Producción neta anual estimada: 37,76 GWh.

-Orzamento total: 11.721.416,45 A.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de xeración, transformación e interconexión.

-9 centros de transformación (sitos no interior de cada aeroxerador) de 2.000 kVA de potencia e conexión Dyn 11, 0,4/0,69/30 kV e a súa correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección.

-Cada aeroxerador está equipado cun autotransformador 690/220 V para servicios auxiliares (iluminación de torre e tomas de corrente para mantemento).

-Rede colectora subterránea, que percorre o conxunto dos aeroxeradores, interconectándoos coas celas de 30 kV da subestación 30/132 kV que recolle a enerxía do parque.

-Tanto a subestación transformadora de 30/132 kV, para a evacuación da enerxía, como a liña para a conexión á rede eléctrica, serán as mesmas que se utilizarán para a evacuación da enerxía dos parques de Monte Cabeza, Chantada e Farelo, e serán obxecto de proxecto independente.

Afección a predios particulares.

(S.E.) Superficie de expropiación de pleno dominio dos terreos afectados.

(S.P.) Servidume de paso que implica a construcción de camiños e canles subterráneas coas seguintes limitacións de dominio permanentes:

-Dereito de libre paso ou acceso peonil e equipamentos para a construcción, montaxe, supervisión e vixilancia, conservación ou reparación das instalacións.

-Servidume de paso subterráneo que comprende a ocupación do subsolo polas liñas eléctricas subterráneas aloxadas en gabias.

-Prohibición de efectuar remoción do terreo ou calquera tipo de obras ou actos que poidan danar ou prexudica-los camiños e instalacións.

(S.V.) Servidume de voo das pas dos aeroxeradores.

(P.E.) Superficie de protección eólica afectada pola seguinte limitación de dominio:

-Prohibición de situar obstáculos de altura superior a 10 metros (construccións, árbores, postes ou outros).

(O.T.) Ocupación temporal dos terreos durante un prazo de 18 meses.

O que se fai público para coñecemento xeral e dos propietarios dos predios e dos outros titulares afectados que non chegaron a un acordo coa entidade solicitante e que figuran na relación que se insire como anexo deste anuncio, así como das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidos, para que poidan examina-lo proxecto e presenta-las obxeccións ou alegacións que consideren oportunas, nesta dirección xeral, sita no edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 4ª planta, 15771 (Santiago de Compostela), ou ben nas delegacións provinciais da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra e Lugo, no prazo dun mes, contado a partir da última publicación deste anuncio.

Faise constar que esta publicación se realizará igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñocidos, se ignore o lugar ou o medio

de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

Relación de bens e dereitos afectados

Parque eólico Penas GrandesConcello de Rodeiro

PropietarioSuperficie afecciónRef. catastral

Pred.Nome e apelidosEnderezoLugarUso doA.G. nºS.E. (m)S.P.S.V./P.E./Pol.Parc.

soloP (m)C (m)Z (m)O.T. (m)

25David Janeiro ÁlvarezCouso-San Martiño de

Asperelo

Rodeiro (Pontevedra)

O FoxoL.B.4000750

Lenda: M.A.: monte alto; M.B.: monte baixo; P.P.: piñeiros; L.B.: labor; P.: plataforma; C.: camiño; Z.: gabia; E.: superficie de expropiación; S.P.: servidume de paso; S.V.: servidume de voo; P.E.: protección eólica; O.T.: ocupación temporal.