Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 30 de setembro de 2002 Páx. 14.242

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, que comprende o proxecto modificado do parque eólico de Monte Cabeza, situado nos concellos de Antas de Ulla e Chantada (Lugo) e Rodeiro (Pontevedra). (Expediente 07/2000 DXIEM-EOL).

En cumprimento do disposto no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, abastecemento e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e Decreto 302/2001, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométense a información pública, por solicitude da empresa Elecnor, S.A., as instalacións que a continuación se describen:

Obxecto de información pública.

Declaración de utilidade pública, autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións que comprende o proxecto modificado do parque eólico de Monte Cabeza.

A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a necesidade de urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Peticionario: Elecnor, S.A.

Enderezo: praza Manuel Gómez Moreno, s/n; edificio Bronce, 6ª planta, 28020 Madrid.

Localización: concellos de Antas de Ulla e Chantada (Lugo) e Rodeiro (Pontevedra).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

XY

590.0004.731.822

590.0004.731.000

592.0004.730.000

590.0004.727.000

590.5004.724.500

591.4414.724.548

591.5004.727.000

592.8004.729.000

592.8004.730.577

592.4124.730.577

590.7284.731.417

590.3804.731.830

Características técnicas do parque eólico.

-Nº de aeroxeradores: 23.

-Potencia nominal unitaria: 1.600 kW.

-Potencia total instalada: 36,8 MW.

-Tipo de aeroxerador: ECOTECNIA 1.600.

-Producción neta anual estimada: 98,14 GWh.

-Orzamento total: 28.183.433,40 A.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de xeración, transformación e interconexión.

-23 centros de transformación (sitos no interior de cada aeroxerador) de 2.000 kVA de potencia e conexión Dyn 11, 0,4/0,69/30 kV e a súa correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección.

-Cada aeroxerador está equipado cun autotransformador 690/220 V para servicios auxiliares (iluminación de torre e tomas de corrente para mantemento).

-Rede colectora subterránea, que percorre o conxunto dos aeroxeradores, interconectándoos coas

celas de 30 kV da subestación 30/132 kV que recolle a enerxía do parque.

-Tanto a subestación transformadora de 30/132 kV, para a evacuación da enerxía, como a liña para a conexión á rede eléctrica, serán as mesmas que se utilizarán para a evacuación da enerxía dos parques de Penas Grandes, Chantada e Farelo, e serán obxecto de proxecto independente.

Afección a predios particulares.

(S.E.) Superficie de expropiación de pleno dominio dos terreos afectados.

(S.P.) Servidume de paso que implica a construcción de camiños e canles subterráneas coas seguintes limitacións de dominio permanentes:

-Dereito de libre paso o acceso peonil e equipamentos para a construcción, montaxe, supervisión e vixilancia, conservación ou reparación das instalacións.

-Servidume de paso subterráneo que comprende a ocupación do subsolo polas liñas eléctricas subterráneas aloxadas en gabias.

-Prohibición de efectuar remoción do terreo ou calquera tipo de obras ou actos que poidan danar ou prexudica-los camiños e instalacións.

(S.V.) Servidume de voo das pas dos aeroxeradores.

(P.E.) Superficie de protección eólica afectada pola seguinte limitación de dominio:

-Prohibición de situar obstáculos de altura superior a 10 metros (construccións, árbores, postes ou outros).

(O.T.) Ocupación temporal dos terreos durante un prazo de 18 meses.

O que se fai público para coñecemento xeral e dos propietarios dos predios e dos outros titulares afectados que non chegaron a un acordo coa entidade solicitante e que figuran na relación que se insire como anexo deste anuncio, así como das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidos, para que poidan examina-lo proxecto e presenta-las obxeccións ou alegacións que consideren oportunas, nesta dirección xeral, sita no edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 4ª planta, 15771 (Santiago de Compostela), ou ben nas delegacións provinciais da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra e Lugo, no prazo dun mes, contado a partir da última publicación deste anuncio.

Faise constar que esta publicación se realizará igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñocidos, se ignore o lugar ou o medio de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

Relación de bens e dereitos afectados

Parque eólico Monte CabezaConcello de Rodeiro

PropietarioSuperficie afecciónRef. catastral

Pred.Nome e apelidosEnderezoLugarUso doA.G. nºS.E. (m)S.P.S.V./P.E./Pol.Parc.

soloP (m)C (m)Z (m)O.T. (m)

82Miguel Vales Diéguez + 5Santas, nº 1, Salto

Rodeiro (Pontevedra)

Monte das SantasM.B.141692602692695.0269145

99Josefa Faílde Ratón e outrosQuintas, nº 14, Salto

Rodeiro (Pontevedra)

LamelasM.B.1900002737182

100Roberto García FernándezAlemparte, nº 7, Salto

Rodeiro (Pontevedra)

LamelasM.B.1900002137184

105Josefa Faílde Ratón e outrosQuintas, nº 4, Salto

Rodeiro (Pontevedra)

LamelasM.B.1900662097190

106Roberto García FernándezAlemparte, nº 7, Salto

Rodeiro (Pontevedra)

LamelasM.B.1900662237191

108Elisa Fernández VianaSaa, nº 4, Pescoso

Rodeiro (Pontevedra)

LamelasM.B.190015152707193

116Roberto García FernándezAlemparte, nº 7, Salto

Rodeiro (Pontevedra)

Caños do CuraM.B.2100991.111

121Josefa Faílde Ratón e outrosQuintas, nº 4, Salto

Rodeiro (Pontevedra)

Llanada do CastroM.B.220028284387227

215Josefa Faílde RatónQuintas, 4, Salto

Rodeiro (Pontevedra)

Coto RegueiraPrado19006500

224Roberto García FernándezAlemparte, nº 7, Salto

Rodeiro (Pontevedra)

LamelasM.B.1900800

225Ramón Rodríguez DiéguezAs Quintás, Salto

Rodeiro (Pontevedra)

LamelasM.B.19003200

229Josefa Faílde RatónQuintas, 4, Salto

Rodeiro (Pontevedra)

LamelasM.B.1900600

230Hdos. Jesús LamazaresAlemparte, Salto

Rodeiro (Pontevedra)

LamelasM.B.1900400

PropietarioSuperficie afecciónRef. catastral

Pred.Nome e apelidosEnderezoLugarUso doA.G. nºS.E. (m)S.P.S.V./P.E./Pol.Parc.

soloP (m)C (m)Z (m)O.T. (m)

235Roberto García FernándezAlemparte, nº 7, Salto

Rodeiro (Pontevedra)

LamelasM.B.19001200

237Roberto García FernándezAlemparte, nº 7, Salto

Rodeiro (Pontevedra)

LamelasM.B.1900800

238Julio López ReyAntas de Ulla (Lugo)LamelasM.B.19001700

239Jesús Diéguez LamazaresAlemparte, Salto

Rodeiro (Pontevedra)

LamelasM.B.19002000

244Ramón Rodríguez DiéguezAs Quintás, Salto

Rodeiro (Pontevedra)

LamelasM.B.19001200

Parque eólico Monte CabezaConcello de Chantada

PropietarioSuperficie afecciónRef. catastral

Pred.Nome e apelidosEnderezoLugarUso doA.G. nºS.E. (m)S.P.S.V./P.E./Pol.Parc.

soloP (m)C (m)Z (m)O.T. (m)

202Eliseo Blanco AreanRamón y Cajal

Carballedo (Lugo)

Pena MosqueiraM.B.30062620

206Emilio González NegroOuteiro, Fafián

Rodeiro (Pontevedra)

Pena MosqueiraM.B.40020200

211Manuel Regueira VázquezDescoñecidoAvelairasM.B.8002500

Parque eólico Monte CabezaConcello de Antas de Ulla

PropietarioSuperficie afecciónRef. catastral

Pred.Nome e apelidosEnderezoLugarUso doA.G. nºS.E. (m)S.P.S.V./P.E./Pol.Parc.

soloP (m)C (m)Z (m)O.T. (m)

400Monte veciñal San Mamed

Concello Antas de Ulla

Pza. de España, nº 2

Antas de Ulla (Lugo)

Laxa AnchaM.B.230000950

Lenda: M.A.: monte alto; M.B.: monte baixo; P.P.: piñeiros; L.B.: labor; P.: plataforma; C.: camiño; Z.: gabia; E.: superficie de expropiación; S.P.: servidume de paso; S.V.: servidume de voo; P.E.: protección eólica; O.T.: ocupación temporal.