Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 30 de setembro de 2002 Páx. 14.239

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, que comprende o proxecto modificado do parque eólico de Farelo, situado nos concellos de Antas de Ulla (Lugo), Agolada e Rodeiro (Pontevedra). (Expediente 06/2000 DXIEM-EOL).

En cumprimento do disposto no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, abastecemento e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e Decreto 302/2001, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométense a información pública, por solicitude da empresa Elecnor, S.A., as instalacións que a continuación se describen:

Obxecto de información pública.

Declaración de utilidade pública, autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións que comprende o proxecto modificado do parque eólico de Farelo.

A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a necesidade de urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Peticionario: Elecnor, S.A.

Enderezo: praza Manuel Gómez Moreno, s/n; edificio Bronce, 6ª planta, 28020 Madrid.

Localización: concellos de Antas de Ulla (Lugo), Agolada e Rodeiro (Pontevedra).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

XY

585.0004.737.000

592.0004.732.000

590.0004.730.000

585.0004.730.000

584.0004.734.000

583.1874.736.033

Características técnicas do parque eólico.

-Nº de aeroxeradores: 18.

-Potencia nominal unitaria: 1.600 kW.

-Potencia total instalada: 28,8 MW.

-Tipo de aeroxerador: ECOTECNIA 1.600.

-Producción neta anual estimada: 79,43 GWh.

-Orzamento total: 22.664.631,99 A.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de xeración, transformación e interconexión.

-18 centros de transformación (sitos no interior de cada aeroxerador) de 2.000 kVA de potencia e conexión Dyn 11, 0,4/0,69/30 kV e a súa correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección.

-Cada aeroxerador está equipado cun autotransformador 690/220 V para servicios auxiliares (iluminación de torre e tomas de corrente para mantemento).

-Rede colectora subterránea, que percorre o conxunto dos aeroxeradores, interconectándoos coas celas de 30 kV da subestación 30/132 kV que recolle a enerxía do parque.

-Tanto a subestación transformadora de 30/132 kV, para a evacuación da enerxía, como a liña para a conexión á rede eléctrica, serán as mesmas que se utilizarán para a evacuación da enerxía dos parques de Monte Cabeza, Penas Grandes e Chantada, e serán obxecto de proxecto independente.

Afección a predios particulares.

(S.E.) Superficie de expropiación de pleno dominio dos terreos afectados.

(S.P.) Servidume de paso que implica a construcción de camiños e canles subterráneas coas seguintes limitacións de dominio permanentes:

-Dereito de libre paso ou acceso peonil e equipamentos para a construcción, montaxe, supervisión e vixilancia, conservación ou reparación das instalacións.

-Servidume de paso subterráneo que comprende a ocupación do subsolo polas liñas eléctricas subterráneas aloxadas en gabias.

-Prohibición de efectuar remoción do terreo ou calquera tipo de obras ou actos que poidan danar ou prexudica-los camiños e instalacións.

(S.V.) Servidume de voo das pas dos aeroxeradores.

(P.E.) Superficie de protección eólica afectada pola seguinte limitación de dominio:

-Prohibición de situar obstáculos de altura superior a 10 metros (construccións, árbores, postes ou outros).

(O.T.) Ocupación temporal dos terreos durante un prazo de 18 meses.

O que se fai público para coñecemento xeral e dos propietarios dos predios e dos outros titulares afectados que non chegaron a un acordo coa entidade solicitante e que figuran na relación que se insire como anexo deste anuncio, así como das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidos, para que poidan examina-lo proxecto e presenta-las obxeccións ou alegacións que consideren oportunas, nesta dirección xeral, sita no edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 4ª planta, 15771 (Santiago

de Compostela), ou ben nas delegacións provinciais da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra e Lugo, no prazo dun mes, contado a partir da última publicación deste anuncio.

Faise constar que esta publicación se realizará igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do proce

demento administrativo común, cando os interesados sexan descoñocidos, se ignore o lugar ou o medio de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

Relación de bens e dereitos afectados

Parque eólico FareloConcello de Agolada

PropietarioSuperficie afecciónRef. catastral

Pred.Nome e apelidosEnderezoLugarUso doA.G. nºS.E. (m)S.P.S.V./P.E./Pol.Parc.

soloP (m)C (m)Z (m)O.T. (m)

43M.V.M.C. Farelo e Costa da Pena

Pte. Antonio Fraga García

Trascastro, nº 4

Trabancas

Agolada (Pontevedra)

Farelo PequeñoM.B.14 a 175077803511.06014.905C.P.T.272

102Elmo Borrajo GarcíaAldea do Monte, nº 6

Ventosa

Agolada (Pontevedra)

Coto das TenzasM.B.110056561.212811.399

Parque eólico FareloConcello de Antas de Ulla

PropietarioSuperficie afecciónRef. catastral

Pred.Nome e apelidosEnderezoLugarUso doA.G. nºS.E. (m)S.P.S.V./P.E./Pol.Parc.

soloP (m)C (m)Z (m)O.T. (m)

27Monte dos veciños de Somoza

Rept.: Roberto Diéguez Diéguez

Somoza, Santa Cristina

Antas de Ulla (Lugo)

Monte do PicoM.B.702604953901.9477499

32Adolfo Vilamea MariñoSomoza, nº 5

Santa Cristina

Antas de Ulla (Lugo)

Monte do PicoM.B.700008247497

40-44M.V.M.C. Farelo

Pte.: Julio Taboada Varela

Castro Amarante, nº 12

Antas de Ulla (Lugo)

Monte FareloM.B.17,183385201.93843913.443

Parque eólico FareloConcello de Rodeiro

PropietarioSuperficie afecciónRef. catastral

Pred.Nome e apelidosEnderezoLugarUso doA.G. nºS.E. (m)S.P.S.V./P.E./Pol.Parc.

soloP (m)C (m)Z (m)O.T. (m)

23Francisco Pardo Fafian + 8Caxardizo, nº 1, Salto

Rodeiro (Pontevedra)

LombaM.B.200550900

24Francisco Pardo Fafian + 8Caxardizo, nº 1, Salto

Rodeiro (Pontevedra)

LombaM.B.31692601.0361.0365.0263109

25Monte de Cristimil

Rep.: Ildefonso Vázquez Diéguez

Cristimil, Rodeiro (Pontevedra)LombaM.B.4001861011.47225

Lenda: M.A.: monte alto; M.B.: monte baixo; P.P.: piñeiros; L.B.: labor; P.: plataforma; C.: camiño; Z.: gabia; E.: superficie de expropiación; S.P.: servidume de paso; S.V.: servidume de voo; P.E.: protección eólica; O.T.: ocupación temporal.

Relación de bens e dereitos mineiros afectados.

Parque eólico de Farelo.

-Titular: Maceiras Filloy, S.L.

Enderezo: Penerada, s/n, Ousande, A Estrada (Pontevedra).

1. Permiso de investigación Cristina nº 2807.

2. Solicitude de concesión derivada do permiso de investigación Monse nº 2797.

-Titular: Matías González Rodríguez.

Enderezo: Aurrela, 24, Mosende, O Porriño (Pontevedra).

1. Permiso de investigación García nº 2903.