A Orde do 30 de abril de 2002, da Consellería de Industria e Comercio (DOG nº 93, do 15 de maio), convoca as axudas correspondentes ó programa de
Tecnoloxías de Deseño e Producción Industrial do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2002-2005 de acordo coas bases establecidas na Orde do 29 de abril de 2002 da Consellería de Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública (DOG nº 93, do 15 de maio).
Segundo o establecido nas citadas ordes e atendendo ás dispoñibilidades de crédito e conforme coa proposta elaborada pola comisión de selección seguindo os criterios de avaliación determinados no punto sexto das bases da convocatoria, esta consellería
RESOLVE:
Primeiro.-Concede-las axudas para a realización de proxectos de I+D e proxectos de innovación tecnolóxica, establecidas na base primeira, puntos tres e catro, para empresas, agrupacións de empresas e asociacións sen ánimo de lucro, ós beneficiarios que se relacionan no anexo que se xunta a esta resolución, no que se especifican os seguintes datos:
-Nome do beneficiario.-Denominación do proxecto.-Custo total do proxecto.-Porcentaxe e contía da subvención.
Estas axudas están cofinanciadas con fondos europeos FEDER MAC.
Segundo.-A Consellería de Industria e Comercio realizará os trámites necesarios para a instrucción dos correspondentes expedientes de gasto, con cargo á partida orzamentaria 08.03.432A 770.0.
Terceiro.-A inobservancia por parte dos beneficiarios do establecido na orde de bases do 29 de abril e na orde de convocatoria do 30 de abril suporá a perda do dereito a percibi-la axuda correspondente.
Cuarto.-Neste procedemento non se teñen en conta máis feitos e probas que as aducidas polo interesado, para os efectos do establecido no parágrafo segundo do artigo 9.4º do Decreto 287/2002, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Quinto.-Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase intepoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o artigo 116 e seguintes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de confor
midade co establecido nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que coiden oportuno.
Disposición derradeira
Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2002.
Juan Rodríguez Yuste
Conselleiro de Industria e Comercio