Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 30 de setembro de 2002 Páx. 14.202

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector de industrias vinícolas da provincia de Lugo.

Visto o acordo da revisión salarial do convenio colectivo para o sector de industrias vinícolas da provicia de Lugo (código 2700045), asinado o día 23 de maio de 2002, pola representación da Asociación de Empresarios Mayoristas de Vinos da provincia de Lugo, e da central sindical CSI-CSIF (100%), e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegacion provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición da revisión do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto da revisión do citado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 17 de xuño de 2002.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

Revisión salarial do convenio colectivo

de industrias vinícolas da provincia de Lugo

Acta

Asistentes:

Pola parte empresarial:

Asociación de Empresarios Mayoristas de Vinos da provincia de Lugo.

-José Antonio Nistal Castro.

-Javier Méndez Otero.

-José Riaño Yanes.

Polas centrais sindicais:

CSI-CSIF (100%).

-Sebastián Vila Castro.

-José Martín Iglesias.

-Ángel Regueira Racamonde.

En Lugo, ás 17 horas do 23 de maio de 2002, reúnense nos locais da CEL (praza de Santo Domingo, 6-8, 2º, Lugo) as persoas relacionadas, todas elas integrantes da comisión negociadora do convenio colectivo de industrias vinícolas da provincia de Lugo, con vixencia desde o 1 de maio de 2001 ata o 30 de abril de 2003, co obxecto de aproba-las táboas do convenio, con efectos do 1 de maio de 2002 ó 30 de abril de 2003, adoptáronse, tralos debates oportunos, os seguintes acordos:

Primeiro.-Aproba-las táboas salariais do convenio colectivo de industrias vinícolas da provincia de Lugo, con efectos desde o 1 de maio de 2002 ata o 30 de abril de 2003, para o que as partes contan coa representatividade suficiente, segundo se desprende da acta de constitución da comisión negociadora do convenio con vixencia desde o 1 de maio de 2001 ata o 30 de abril de 2003.

Segundo.-Establecer un prazo de 30 días, contado desde a data de publicación das táboas aprobadas no BOP de Lugo, para o pagamento dos atrasos que procedan como consecuencia da aprobación das táboas salariais anexas.

Terceiro.-Remitirlle esta acta, xunto coas táboas salariais aprobadas, á autoridade laboral competente para os efectos legais oportunos.

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión a que corresponde esta acta, que os asistentes asinan en proba de conformidade, no lugar e na data indicados no encabezamento.

Asdo.: José Antonio Nistal Castro, Javier Méndez Otero, José Riaño Yanes, Sebastián Vila Castro, José Martín Iglesias e Ángel Regueira Racamonde.

ANEXO

Táboa salarial

(vixencia: desde o 1-5-2002 ó 30-4-2003)

Grupo/categoría profesionalSalario base/mesSalario base/ano

* Grupo A.-Técnicos.

Encargado511,727.164,08

* Grupo B.-Administrativos.

Auxiliar administrativo, oficial 2ª500,327.004,48

* Grupo C.-Comerciais.

Viaxante, oficial 2ª500,327.004,48

* Grupo D.-Subalternos.

Limpador/a499,676.995,38

* Grupo E.-Obreiros.

E.1.-Profesionais de oficio:
Conductor carné 1ª, oficial 1ª508,347.116,76
Conductor repartidor, oficial 2ª500,327.004,48

E.2.-Outros:
Almaceneiro, oficial 2ª500,327.004,48
Mozo especialista499,676.995,38

(Complemento de transporte para tódalas categorías: 1,23 euros por día de traballo efectivo).