Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 30 de setembro de 2002 Páx. 14.203

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que dispón o rexistro e a inscrición, no Diario Oficial de Galicia, do acordo de adhesión da Fundación Pública Escola de Administración Sanitaria (Fegas) ó convenio colectivo para o persoal laboral do sector sanitario de Galicia, xestionado por fundacións públicas sanitarias ou empresas públicas.

Visto o texto do acordo de adhesión da Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria (Fegas) ó convenio colectivo para o persoal laboral do sector sanitario de Galicia, xestionado por fundacións públicas sanitarias ou empresas públicas (publicado no DOG nº 94, do 16 de maio de 2002) (código de convenio nº 8280695), que se subscribiu con data do 14 de xullo de 2002, dunha parte polo director da Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria (Fegas), e, doutra, polo delegado de persoal da Fegas pertencente ó Sindicato UGT, do convenio colectivo laboral afectado, e de conformidade disposto no artigo 92.1º, en relación co artigo 90, puntos 2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, de 22 de maio, sobor rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado acordo de adhesión no correspondente rexistro deste centro directivo, con notificación á comisión negociadora.

Segundo.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2002.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais