Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 30 de setembro de 2002 Páx. 14.203

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena a publicación do texto do acordo subscrito polos representantes da Administración autonómica e as organizacións sindicais Comisións Obreiras (CC.OO.), Unión Xeral de Traballadores (UGT) e Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-CSIF), representadas na Mesa Xeral de Negociación de Funcionarios e no Comité Intercentros do Persoal Laboral, así como na comisión de concesión das axudas de acción social do ano 2002, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o 12 de setembro de 2002 sobre criterios de reparto do fondo de acción social para o persoal da Xunta de Galicia para o ano 2002.

Visto o texto do acordo subscrito o día 30 de xullo de 2002, polos representantes da Administración

autonómica e as organizacións sindicais CC.OO., UGT e CSI-CSIF, representadas na Mesa Xeral de Negociación de Funcionarios e no Comité Intercentros do Persoal Laboral, así como na comisión da concesión das axudas de acción social no ano 2002, e de conformidade co disposto no artigo 36 da Lei 9/1987, do 12 de xullo, esta dirección xeral

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado acordo no rexistro correspondente desta dirección xeral.

Segundo.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2002.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Acordo sobre criterios de reparto do fondo de

acción social para o exercicio de 2002

En Santiago de Compostela o 30 de xullo de 2002, os representantes da Administración autonómica e as organizacións sindicais CC.OO., UGT e CSI-CSIF, representadas na Mesa Xeral de Negociación de Funcionarios e no Comité Intercentros do Persoal Laboral, así como na Comisión de Concesión das Axudas de Acción Social do ano 2002, adoptan os seguintes acordos:

Criterios de reparto do fondo de acción social para o exercicio do ano 2002.

Normas xerais:

1. Ámbito persoal.

Primeira.-Poderá causar dereito ás distintas axudas que se recollen nesta resolución o seguinte persoal ó servicio da Administración da Xunta de Galicia:

a) O persoal funcionario de carreira, persoal interino, contratado administrativo, persoal laboral fixo e persoal laboral temporal incorporados á Xunta de Galicia con anterioridade ó 1-1-2003.

b) O persoal referido no parágrafo anterior debería estar en situación de activo na Administración da Xunta de Galicia no prazo establecido para a presentación da solicitude.

Segunda.-Quedan excluídos do ámbito de aplicación deste acordo:

O persoal ó servicio de entes autónomos que se rexan polos seus propios orzamentos e estatutos (universidades, TVG, Igape, Consello de Contas, CIXTEC, etc.), o persoal funcionario ó servicio da Administración de xustiza, o persoal estatutario do Sergas, así como o persoal procedente dos centros sanitarios Hospital Médico-Cirúrxico Provincial de Santiago de Compostela, Sanatorio Psiquiátrico de Conxo, Hospital Provincial Sta. Mª Nai de Ourense, Hospital Municipal Nicolás Peña de Vigo, Hospital Xeral Provincial de Pontevedra, Hospital Psiquiátrico Pro

vincial O Rebullón de Pontevedra e Hospital Militar da Coruña e ademais todo o persoal que non estea organicamente integrado na Xunta de Galicia, e polo tanto non ocupe un posto incluído na relación de postos de traballo.

Terceira.-O persoal laboral non poderá solicita-las axudas previstas para diminuídos físicos, psíquicos ou sensoriais ó que lle será de aplicación o disposto no artigo 35 do IV Convenio Único da Xunta de Galicia, agás os casos de suspensión temporal do contrato do persoal laboral en posto de traballo fixo-descontinuo.

Cuarta.-Para os efectos de aplica-lo baremo por unidade familiar que se fixa na axuda de estudios de fillos e vivenda, indícase seguidamente a documentación necesaria e a norma común para a valoración das rendas familiares:

Cálculo da renda per cápita.

A renda per cápita (RPC) é a cantidade que determina a porcentaxe e os límites da axuda, a partir das táboas de baremación que se especifican en cada caso. O seu importe é o cociente de dividi-la renda familiar total polo número de membros da unidade familiar.

Unicamente serán considerados membros da unidade familiar os fillos naturais ou adoptivos, os cónxuxes e a parella de feito.

1. A renda familiar total calcularase sumando as seguintes retribucións de diñeiro íntegras (brutas) por rendementos de traballo seguintes:

a) As do solicitante obtidas da declaración do IRPF do ano 2001. Se non tivo que facer declaración do IRPF, presentará certificación de Facenda da dita circunstancia e certificación anual de ingresos, estendida pola habilitación da súa consellería.

b) Se é o caso, as do cónxuxe ou parella de feito, obtidas da mesma forma.

c) Se é o caso, as correspondentes ós fillos maiores de idade, obtidas da mesma forma.

2. O número de membros da unidade familiar obterase sumando as seguintes persoas:

a) O solicitante.

b) Se é o caso, o cónxuxe ou parella de feito.

c) Se é o caso, os fillos que figuren na declaración familiar avalada polo libro de familia.

d) Se é o caso, os dos copropietarios da compra de vivenda.

Documentación:

a) De tódolos membros da unidade familiar maiores de 18 anos: declaración da renda do ano 2001. Se non tivo que facer declaración do IRPF, presentará certificación de Facenda da dita circunstancia e certificación anual de ingresos íntegros estendidos pola habilitación da súa consellería, empresas públicas ou privadas.

b) Se é o caso, certificado negativo-positivo de pensións do Instituto Nacional da Seguridade Social.

c) Se é o caso, vida laboral da Tesourería Territorial da Seguridade Social dos membros da unidade familiar, maiores de 18 anos, que non obtiveron ingresos de diñeiro no ano 2001.

d) Libro de familia da unidade familiar.

e) No suposto de non convivencia de ámbolos proxenitores deberase acreditar que o solicitante ostenta a garda e custodia ou, no seu defecto, xustifica-la convivencia dos fillos mediante certificado expedido polo concello.

Quinta.-Débense cumprir, ademais, os requisitos que se determinan nas normas específicas para cada modalidade de axuda.

Sexta.-Tódalas fotocopias que presenten os solicitantes, como documentación requirida das distintas axudas, deben estar debidamente lexibles e cotexadas.

Sétima.-O Servicio de Relacións Laborais poderá solicitar calquera outro tipo de documentación complementaria que estime necesaria, para os efectos de ter constancia dos integrantes e ingresos da unidade familiar.

2. Incompatibilidades.

a) As modalidades de axuda obxecto deste acordo son incompatibles coa percepción doutras de natureza similar concedidas pola Xunta de Galicia ou por outro organismo oficial ou empresa privada, salvo que fosen de contía inferior; nese caso, se se acredita documentalmente a súa natureza e contía, poderase solicita-la diferencia ata a cantidade que, en cada caso, corresponda.

En todo caso deberá presentarse certificación do importe anual percibido expedido polo organismo oficial ou empresa privada correspondente.

b) Queda exceptuada do punto a) a axuda a diminuídos físicos, psíquicos ou sensoriais.

3. Solicitudes e documentación.

a) Os interesados deben presenta-la solicitude conforme o modelo oficial establecido debidamente cuberta e asinada.

b) Será causa de denegación toda solicitude que non veña certificada polas unidades seguintes de acordo co destino de cada traballador:

-Servicios centrais: secretario xeral, subdirector xeral ou xefes de servicio que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal, das consellerías respectivas.

No referente ó persoal funcionario ou laboral do Sergas: subdirección xeral ou xefatura de servicio da Dirección Xeral da División de Recursos Humanos que teña atribuídas funcións en materia de persoal.

-Servicios periféricos: secretarios provinciais das delegacións territoriais, provinciais e comarcais, ou funcionarios que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal, das consellerías respectivas.

Unicamente para estes efectos poderán certifica-los directores ou secretarios de centros de educación dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria con respecto ó persoal con destino nos centros.

No referente ó persoal funcionario ou laboral do Sergas que preste os seus servicios nas direccións provinciais do organismo ou nos distintos hospitais ou centros de atención primaria: o secretario da dirección provincial do organismo ou o secretario da delegación da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais dependendo do ámbito de dependencia funcional do interesado.

c) Naqueles supostos nos que dous suxeitos beneficiarios incluídos no ámbito de aplicación deste acordo teñan causa ou causantes comúns, soamente un deles poderá causar dereito.

d) Os solicitantes deben xuntar á petición os documentos que se esixen en cada unha das axudas e xustificar mediante certificación os feitos que se aleguen.

e) Carecerán de validez os documentos achegados con emendas ou riscadelas.

f) A comisión de reparto rexeitará toda axuda solicitada que non cumpra cos requisitos esixidos.

4. Falsidade nas solicitudes.

A ocultación de datos, a falsidade na documentación achegada ou a omisión da requirida, darán lugar á denegación da axuda solicitada ou á perda da concedida, coa devolución, neste último caso, das cantidades indebidamente percibidas, con independencia das responsabilidades a que houber lugar.

5. Prazo e lugar de presentación de solicitudes.

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, delegacións provinciais das distintas consellerías e nas oficinas de correos (selada e rexistrada cada solicitude pola oficina onde se efectúe a presentación) de acordo co establecido no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificado pola Lei 4/1999 (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), dirixidas á directora xeral da Función Pública (edificio administrativo San Caetano, nº 1, 15771 Santiago de Compostela), desde o día seguinte ó da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia e ata o 15 de xaneiro de 2003.

Todo isto de acordo cos modelos anexos das solicitudes.

6. Distribución dos créditos.

1. En aplicación do orzamento da Xunta de Galicia para o ano 2002, destínanse na partida orzamentaria 04 08 121A 162.04 a cantidade de 5.083.351,35 euros para as axudas do Fondo de Acción Social que contempla este acordo segundo o seguinte reparto:

1 Xubilación 13% 660.835,68 euros

2 Diminuídos 14% 711.669,19 euros

3 Fillos menores 25%1.270.837,83 euros

4 Est. fillos 27%1.372.504,87 euros

5 Est. traballador 4% 203.334,05 euros

6 Vivenda 17% 864.169,73 euros

Total100%5.083.351,35 euros

2. Por proposta da mesa xeral de negociación ou comisión designada por ela, poderanse modifica-las contías asignadas a cada axuda nunha mesma porcentaxe, se á vista das solicitudes presentadas non se puidesen respecta-los topes mínimos establecidos nas axudas que así o establezan.

3. Nas axudas que teñen a modalidade de baremo este poderá, na mesma proporción, modificarse nos importes que se percibirán por cada tramo sempre e cando sexa insuficiente o orzamento establecido para atende-la axuda de que se trate.

Os remanentes que houbera despois de aplica-las normas específicas de cada unha das prestacións ou axudas incrementarán o orzamento da axuda de fillos menores.

Procedemento.

1. Recibidas as solicitudes procederase ó estudio e cualificación destas polo Servicio de Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública que, unha vez ultimada a xestión, elevará proposta de concesión a favor dos que reúnan os requisitos desta resolución.

2. Mediante resolucións da Dirección Xeral da Función Pública publicaranse listaxes provisionais de admitidos e excluídos no Diario Oficial de Galicia contra as que os interesados poderán formula-las reclamacións que sexan procedentes, no prazo de dez días hábiles. Así mesmo, durante este prazo deberán emendarse, se é o caso, os defectos causantes da exclusión provisional. Finalizado este, elevaranse aquelas a definitivas coas modificacións a que houber lugar.

A estimación ou desestimación da solicitude producirase coa publicación no dito diario das listaxes de admitidos e excluídos con indicación neste último caso da/s causa/s de exclusión.

3. O aboamento das axudas concedidas efectuarase por transferencia bancaria ós beneficiarios.

4. O prazo máximo para resolve-las solicitudes especificadas nesta orde será de tres meses, contados a partir do día seguinte ó da finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Se no prazo establecido non se resolvese o expediente entenderase desestimada a solicitude.

Calquera interpretación, aclaración ou dúbida que xurda sobre estas bases será resolta pola comisión de reparto do Fondo de Acción Social.

Normas específicas:

1. Axudas á xubilación.

Beneficiarios:

O persoal ó servicio da Xunta de Galicia que se xubilara ou quedase con invalidez permanente no ano 2002 (desde 1-1-2002 ata 31-12-2002 ambos inclusive).

A Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria remitirá certificación do persoal docente xubilado no ano 2002, así como dos importes percibidos ó abeiro da disposición transitoria novena da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo e orde autonómica, do 28 de febreiro xa que son incompatibles con este fondo social.

A División de Recursos Humanos da Consellería de Sanidade remitirá certificación do persoal funcionario e laboral xubilado no ano 2002, agás o persoal contemplado na norma xeral 1, ámbito persoal, segunda do ámbito persoal que lles afecta e que non ten dereito ó Fondo de Acción Social.

De acordo co punto 2 a) das normas xerais o persoal xubilado que teña a condición de mutualista sometido ó campo de aplicación de Muface, deberá solicita-la dita mutualidade o subsidio de xubilación e presentar, se é o caso, certificación denegatoria de non ter dereito ó devandito subsidio, ante esta dirección xeral e antes do 16-1-2003.

A mutualidade Muface remitirá, por petición da Dirección Xeral da Función Pública, certificación de tódolos seus mutualistas solicitantes do subsidio de xubilación con feito causante do ano 2002, con indicación dos importes percibidos por cada solicitante ou motivos do seu rexeitamento.

O persoal xubilado no ano 2002 que tendo a condición de mutualista de Muface, figurase nas listaxes de excluídos coa clave: falta importe percibido por Muface ou calquera outra mutualidade ou organismo público, quedará excluído do Fondo de Acción Social, elevándose a correspondente proposta de aprobación da axuda, se é o caso, cando o xubilado presente certificación do importe percibido, aboándose, de existir diferencia, con cargo ó orzamento do Fondo de Acción Social do ano 2003, se non fose posible facelo con cargo ó de 2002 por estar este xa executado.

Contido:

Reparto da contía sinalada para esta axuda no punto 6 deste acordo cos seguintes topes:

Tope mínimo-máximo de 3.005,06 euros.

Esta axuda é prioritaria e polo orzamento xeral do Fondo de Acción Social respectarase o tope mínimo-máximo establecido.

Documentación:

a) Non necesita presentación de solicitudes.

b) A concesión faraa de oficio a Administración.

2. Axudas para a atención a diminuídos.

Beneficiarios:

O persoal ó servicio da Xunta de Galicia contemplado no punto 1, ámbito persoal, que teñan baixo a súa dependencia directa e legal e vivindo ás súas expensas, consorte, fillos e ascendentes de 1º grao por consanguinidade ou afinidade ou tutelados por sentencia xudicial firme, diminuídos físicos, psíquicos ou sensoriais, recoñecidos como tales antes do 1-1-2003, polos organismos que a continuación se relacionan e que os ingresos do diminuído non superen o salario mínimo interprofesional de 6.068,30 euros correspondentes ó ano 2001:

-Área de Servicios Sociais da Consellería de Traballo e Servicios Sociais ou Sanidade e Servicios Sociais ou Asuntos Sociais.

-Instituto Nacional de Servicios Sociais.

O persoal laboral, ó que lle é de aplicación o artigo 35 do IV convenio colectivo, terá dereito a esta axuda unicamente cando o posto de traballo que ocupe teña o carácter de descontinuo, que a solicite ó Fondo de Acción Social e non perciba esta axuda pola súa consellería durante os meses de suspensión do contrato. Tendo neste caso dereito á contía que corresponda polo período de suspensión.

Contido:

Reparto da contía sinalada para esta axuda no punto 6 deste acordo, cos seguintes topes:

Tope mínimo-máximo de 1.298,19 euros por axuda, e diminuído.

Esta axuda é prioritaria e polo orzamento xeral do Fondo de Acción Social respectarase o tope mínimo-máximo.

No caso de que desde a data da cualificación da minusvalidez non teña o ano completo ratearase a contía da dita axuda.

Solicitude:

Normalizada e única para tódolos diminuídos polos que solicita esta axuda.

Documentación:

Para os fillos causantes:

a) Copia da cualificación oficial de minusvalidez, expedido polos centros anteriormente sinalados. En caso de renovación ou alteración da porcentaxe de minusvalidez no ano 2002, as dúas cualificacións.

b) Copia de tódalas follas do libro de familia onde figuren serie e número, cónxuxes e tódolos fillos.

c) Se o diminuído ten idade laboral deberá presentar certificado de vida laboral desde o 1-1-2001 da Tesourería Territorial da Seguridade Social e, se é o caso, certificación de ingresos en diñeiro íntegros no ano 2001.

d) O persoal laboral que ocupe un posto de carácter descontinuo presentará certificado do habilitado da súa consellería relativo ós meses que non percibirá esta axuda por suspensión do contrato durante o ano 2002.

Para os ascendentes, consortes ou tutelados por sentencia xudicial firme:

a) Copia da cualificación oficial da minusvalidez, expedido polos centros anteriormente indicados. No caso de renovación ou alteración da porcentaxe da minusvalidez no ano 2002, as dúas cualificacións.

b) Copia do DNI do diminuído.

c) Copia do certificado de convivencia do concello do diminuído co solicitante.

d) Copia da fe de vida do diminuído.

e) Vida laboral do diminuído da Tesourería Territorial da Seguridade Social desde o 1 de xaneiro de 2001 e , se é o caso, certificación de ingresos en diñeiro íntegros no ano 2001.

f) Certificado negativo ou positivo de pensións do Instituto Nacional da Seguridade Social do diminuído.

g) Xustificación do parentesco do diminuído co solicitante.

h) O persoal laboral que ocupe posto de carácter descontinuo presentará certificado do habilitado da súa consellería dos meses que non percibirá esta axuda por suspensión do contrato durante o ano 2002.

3. Axudas por fillos menores.

Beneficiarios:

O persoal ó servicio da Xunta de Galicia, contemplado no punto 1, ámbito persoal, que teñan fillos nacidos con anterioridade ó ano 2003 e que non alcancen a idade obrigatoria para os estudios de primaria no curso 2002/2003, ou sexa, nacidos desde 1-1-1997 ó 31-12-2002.

Contido:

Reparto da contía sinalada para esta axuda no punto 6.

Solicitude:

Normalizada e única para tódolos fillos menores causantes.

Documentación:

Copia da totalidade das follas do libro de familia onde figuren serie e número, cónxuxes e fillos, agás os causantes aprobados no ano 2001.

4. Axuda para estudios por fillos.

Beneficiarios:

O persoal ó servicio da Xunta de Galicia, contemplado no punto 1, ámbito de persoal, que teñan fillos ó seu cargo nacidos antes do 1-1-1997 e que cursen estudios de primaria, secundaria, bacharelato, ciclos formativos, universitarios e outros de carácter oficial segundo o Real decreto 185/1985, do 23 de xaneiro, que dean lugar á obtención de títulos académicos oficiais estendidos pola Administración pública, todos eles durante o curso académico 2002/2003.

No ámbito universitario, queda excluído desta axuda o persoal que teña a matrícula do fillo subvencionada.

O solicitante poderá ou non acollerse á fórmula de baremo da renda per cápita enviando ou non a documentación que se sinala no punto cuarto do ámbito de persoal.

Se desexa acollerse á fórmula de baremo deberá necesariamente sinalalo no punto correspondente da solicitude xa que no caso contrario a comisión entende, para tódolos efectos, que se acolle ó tope mínimo.

Os solicitantes-beneficiarios que non se acollan á modalidade de baremo percibirán o importe mínimo da táboa de baremo.

Os solicitantes-beneficiarios que soliciten a modalidade de baremo e figuren excluídos unicamente por causas de baremo e non emenden estas causas percibirán o importe mínimo da táboa de baremo.

Contido:

Reparto da contía sinalada para esta axuda no punto 6 deste acordo, unha vez aplicada a renda per cápita da unidade familiar do ano 2001, tal e como se indica seguidamente:

Renda familiar per cápita do ano 2001Importe

Ata 4.808,09144,24

De 4.808,10 a 12.020,23108,18

Desde 12.020,2460,10

No caso de que o orzamento establecido para esta axuda non fose abondo para a aplicación dos importes que sinala a anterior táboa de baremo, estes importes serán minorados nunha mesma porcentaxe ata que o importe global das solicitudes aprobadas non supere o importe establecido para esta axuda, respectando, en todo caso, o importe mínimo establecido na dita táboa.

Se ó finaliza-lo prazo de presentación de solicitudes ou o prazo de reclamacións o solicitante non puidese por non estar aberto o prazo de inscrición presenta-lo documento de ter aboada a matrícula do curso 2002/2003 poderá ser beneficiario da axuda e aboaráselle con cargo ó fondo social do ano 2003.

Solicitude:

Normalizada e única para tódolos fillos polos que solicita esta axuda.

Documentación:

a) Copia da matrícula referente ó curso 2002/2003, debendo figura-lo importe pagado. Non se necesita en estudios obrigatorios.

b) Se é o caso, documentación acreditativa de ter aboada a matrícula do curso 2002/2003, despois do día seguinte ó prazo de reclamacións, antes do 30-9-2003 co fin de poder eleva-la correspondente proposta de aprobación da axuda con cargo ó fondo de acción social do ano 2003.

c) Copia da totalidade das follas do libro de familia onde figuren as anotacións de serie e número, cónxuxes e fillos, agás os causantes aprobados no ano 2001, sempre que non se acollan á modalidade de baremo.

d) Se o solicitante opta pola renda per cápita da unidade familiar deberá enviar ademais toda a documentación común prevista na norma xeral cuarta do ámbito persoal.

5. Axuda estudios do traballador.

Beneficiarios:

O persoal ó servicio da Xunta de Galicia contemplado no punto 1, ámbito persoal, que curse estudios de primaria, secundaria, bacharelato, ciclos formativos, universitarios e outros de carácter oficial segundo o Real decreto 185/1985, do 23 de xaneiro, que dean lugar á obtención de títulos académicos estendidos pola Administración pública todos eles durante o curso académico 2002/2003.

O persoal que teña a condición de mutualista de Muface quedará excluído coa clave falta importe percibido por Muface, ata que a dita mutualidade remita certificación dos seus mutualistas que obtiveran este tipo de axuda.

No ámbito universitario, queda excluído desta axuda o persoal que teña a matrícula subvencionada.

Contido:

Reparto da contía sinalada para esta axuda no punto 6 entre tódolos solicitantes beneficiarios segundo os seguintes criterios:

Primeiro.-Tope mínimo por solicitante-beneficiario: 108,18 euros.

Segundo.-Tope máximo por solicitante-beneficiario: 601,01 euros.

Terceiro.-100% do importe da matrícula do solicitante beneficiario.

No caso de que o orzamento establecido para esta axuda non fose suficiente para aplica-lo 100% dos importes das matrículas, esta porcentaxe debe minorarse ata que o orzamento establecido sexa suficiente. En todo caso, respectarase o importe mínimo establecido.

Se ó finaliza-lo prazo de presentación de solicitudes ou o prazo de reclamacións o solicitante non puidese, por non estar aberto o prazo de inscrición, presenta-lo documento de ter pagada a matrícula do curso 2002/2003 poderá ser beneficiario da axuda e aboaráselle con cargo ó fondo social do ano 2003.

Documentación:

a) Solicitude normalizada.

b) Copia cotexada da matrícula referente ó curso académico 2002/2003, debendo figura-lo importe pagado.

c) Se é o caso, certificación acreditativa da contía anual percibida expedida pola entidade xestora correspondente.

d) Se é o caso, documentación acreditativa de ter aboada a matrícula do curso 2002/2003 despois do día seguinte ó prazo de reclamacións, antes do 30-9-2003 co fin de poder eleva-la correspondente proposta de aprobación da axuda con cargo ó fondo de acción social do ano 2003.

6. Axuda por adquisición de vivenda.

Beneficiarios:

O persoal ó servicio da Xunta de Galicia contemplado no punto 1, ámbito persoal, que adquira individualmente ou en copropiedade a súa única vivenda no ano 2002 para a unidade familiar e por única vez. Quedan excluídos desta axuda os solicitantes que pertenzan ou pertencesen a unha unidade familiar, agás fillos emancipados, na que algún dos seus membros percibise esta axuda en anos anteriores e/ou teñan outra vivenda.

Non terán dereito a esta axuda:

-O persoal interino docente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

-O persoal interino posterior ó 31-5-1990.

-O persoal laboral non fixo.

Para efectos da axuda de vivenda a unidade familiar está constituída polos cónxuxes non separados legalmente, ou parella de feito, convivente, copropietario, solteiro/a, viúvo/a, divorciado/a, separado/a legalmente, irmáns ou persoas que convivan co solicitante.

Contido:

Esta axuda concédese unicamente baixo a modalidade de baremo.

Tope máximo por unidade familiar: 2.404 euros.

Reparto da contía sinalada para esta axuda no punto 6 deste acordo, unha vez aplicada a renda per cápita do ano 2001 tal e como se indica a continuación:

Renda familiar per cápitaImporte

Ata 4.808,092.404

De 4.808,10 a 12.020,232.053

Desde 12.020,241.502

Documentación:

Toda a que se detalla no punto cuarto do ámbito persoal e ademais:

a) Solicitude normalizada por unidade familiar.

b) 1. Unidade familiar onde tódolos seus membros estean afiliados ó réxime de cotización da Seguridade Social: copia notarial da formalización de compravenda ou obra nova escriturada ante notario no ano 2002.

2. Unidade familiar onde algún dos seus membros pertenza ó réxime de cotización de Muface, Mugeju ou Isfas, suxeitos ó réxime de clases pasivas:

2.1. Compra de vivenda: copia da formalización da compravenda escriturada ante notario no ano 2002.

2.2. Construcción propia de vivenda: certificado final de obra con data do ano 2002, expedido por facultativo competente, visado polo Colexio Oficial de Aparelladores e Arquitectos Técnicos e polo Colexio de Arquitectos.

c) Copia do DNI do solicitante e persoa que integre con el a unidade familiar.

d) Copia da libreta de afiliación á Seguridade Social, Muface, Mugeju, Isfas, etc. do solicitante e da persoa que integre con el a unidade familiar.

e) Informe de propiedades a nivel nacional emitido polo Colexio de Rexistradores da Propiedade e Mercantís de España por petición do solicitante no Rexistro da Propiedade correspondente e, se é o caso, do cónxuxe, parella de feito ou copropietario. Remitir este informe coa solicitude.

Se figuran propiedades no informe do Colexio de Rexistradores da Propiedade e Mercantís de España, deberán solicitar nos rexistros correspondentes certificación ou nota simple informativa de dominio, sen especificación de cargas, soamente das vivendas que teñan neses rexistros.

Nas certificacións ou notas simples informativas estendidas e seladas polos rexistros da propiedade debe constar, entre outras, a expresión: «....o certificado ou informado anteriormente é o único que teñen neste rexistro...».

f) Declaración do solicitante, baixo a súa responsabilidade, de non ser beneficiario nin el nin o seu cónxuxe ou parella de feito ou copropietario de axuda de igual natureza por parte de ningún organismo público ou empresa privada, agás as que contempla o último punto desta norma específica.

g) Se é o caso, certificación acreditativa da contía anual percibida expedida pola entidade xestora correspondente.

h) De acordo co punto 2 a) das normas xerais o persoal solicitante ou o que constitúa con el a unidade familiar, que teñan a condición de mutua

listas sometidos ó campo de aplicación de Muface, Mugeju ou Isfas, deberán solicitarlle á devandita mutualidade, dentro do prazo establecido, a axuda por compra de vivenda ou obra nova, xa que é preceptiva a referida solicitude para poder acceder ó Fondo de Acción Social.

i) Copia da solicitude de vivenda que se indica no punto anterior h).

Por petición da Dirección Xeral da Función Pública as delegacións de Muface, Mugeju ou Isfas remitirán certificación de tódolos seus mutualistas solicitantes da axuda por compra de vivenda ou obra nova do ano causante 2002, con indicación dos importes percibidos ou causas de rexeitamento.

Os solicitantes da axuda de vivenda que figuren nas listaxes que publique a Dirección Xeral da Función Pública unicamente coa clave de exclusión, de prazo flexible, falta importe percibido por Muface, Mugeju ou Isfas, deberán presentar resolución do seu expediente polas ditas mutualidades co fin de poder elevar proposta de aprobación, se é o caso, da axuda con cargo ó orzamento do Fondo de Acción Social do ano 2003, se non fose posible facelo con cargo ó de 2002 por estar este xa executado.

Son compatibles coas contempladas no Decreto 199/2002, do 6 de xuño, da Xunta de Galicia (DOG nº 113, do 13 de xuño), e disposicións para o desenvolvemento do referido decreto.

Pola administración: Víctor Gallego Víncent (presidente). Rafael López Aguilera (ecretario). Generosa Yáñez Salgado (pola Dirección Xeral da Función Pública). Pedro Tomás Díaz Rodríguez (Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda). Marina García Valeiras (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria). María M. Blanco Aller (Consellería de Economía e Facenda). Argimiro Carregal Dacosta (Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais). Concepción Outeiriño Quintas (Consellería de Industria e Comercio). Ángeles Carballo Martínez (Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos) Ángela Godoy Trillo (Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública). Pilar López Varela (Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural). Manuela Guillán de Dios (Consellería de Familia e Promoción de Emprego, Muller e Xuventude). Mª Soledad Osorio Prol (Consellería de Medio Ambiente). Luisa Fernanda Mediero Lago (Consellería de Sanidade).

Carmen Álvarez Rodríguez (Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo). Víctor Tubío Villar (Consellería de Asuntos Sociais). María Vicenta Aneiros González (Consellería de Emigración e Cooperación Exterior).

Polas organizacións sindicais: Carlos Pardo Pardo (CC.OO.). Mª Teresa Lombera Moret (UGT). Álvaro Fernández Baamonde (CSI-CSIF).