Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 30 de setembro de 2002 Páx. 14.215

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 27 de maio de 2002 pola que se fai público o acordo do Consello da Xunta de Galicia do 11 de abril, en relación coa tramitación e resolución dos expedientes de autorización para sementeiras, plantacións e corta de árbores en terreos de dominio público hidráulico, e para o aproveitamento e utilización da vexetación arbórea ou arbustiva das ribeiras dos ríos.

Con data do 18 de xullo de 2002 publicouse no DOG nº 138 a corrección de erros da Resolución do 27 de maio de 2002 pola que se fai público o acordo do Consello da Xunta de Galicia do 11 de abril, en relación coa tramitación e resolución dos expedientes de autorización para sementeiras, plantacións e corta de árbores en terreos de dominio público hidráulico, e para o aproveitamento e utilización da vexetación arbórea ou arbustiva das ribeiras dos ríos.

Advertido erro na referida publicación, cómpre face-la seguinte corrección:

No segundo parágrafo, na páxina 11.351, na 9ª liña, onde di: «Primeira.-Establece-la unidade de expediente e resolución única, en relación coas autorizacións para sementeiras, plantacións e corta de árbores en terreos de dominio público hidráulico, e para o aproveitamento e utilización da vexetación arbórea ou arbustiva das ribeiras dos ríos a que se refiren os artigos 71 e 81 respectivamente, do vixente Regulamento do dominio público hidráulico (RDPH), zona de servidume e zona de policía...», debe dicir: «Primeira.-Establece-la unidade de expediente e resolución única, en relación coas autorizacións para sementeiras, plantacións e corta de árbores en terreos de dominio público hidráulico, zona de servidume e zona de policía, e para o aproveitamento e utilización da vexetación arbórea ou arbustiva das ribeiras dos ríos a que se refiren os artigos 71 e 81 respectivamente, do vixente Regulamento do dominio público hidráulico (RDPH)».

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA